Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (16/1997-M).

En providencia da data, dictada pola xuíza deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 16/1997, que se segue por danos na propiedade, cítase a Antonio Villar Neira, para que o vindeiro día dezanove de outubro ás 10.40 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na Praza do Concello s/n, Carballo, co obxecto de asistir á celebración

do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que, se non o verifica nin alega causa xusta para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Antonio Villar Neira, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Carballo o once de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5013