Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.365

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (61/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 61/1998, que se segue por ameazas, cítase a José Zamora Suárez para que o próximo día once de setembro, ás 11.45 horas, compareza ante a sala da audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, Polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega causa xusta para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo se é parte ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intenten valerse. E para que así conste e sirva de citación en forma a José Zamora Suárez en paradoiro descoñecido,

Expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vintedous de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5736