Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1998 pola que se adxudica a contratación da subministración para a renovación da plataforma corporativa, hardware e software de base da Xunta de Galicia.

Por resolución do secretario xeral actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de febreiro de 1993, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

Contratación da subministración para a renovación da plataforma corporativa, hardware e software de

base da Xunta de Galicia, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 17 de marzo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 17 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 228.950.000 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1998.

P.D (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

6152