Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 29 de xuño de 1998 Páx. 7.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Automóviles de Tuy, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Automóviles de Tuy, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data 17-4-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982,

do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que existe nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Automóviles de Tui, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores da empresa Automóviles de Tuy, S.A., así como a aqueles que entren ó seu servicio durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

As presentes normas obrigan á totalidade do persoal ocupado pola empresa, tanto se realizan función técnica como manual, agás unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2º do vixente Estatuto dos traballadores. Tódolos conceptos salariais teñen carácter normativo e condición mínima indispensable.

Artigo 3º.-Compensación de melloras.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que xa viñeran rexendo por mellora voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 4º.-Absorción.

As melloras que por disposición legal ou regulamentaria poidan establecerse no futuro, serán absorbibles polos aumentos acordados no presente convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 5º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Artigo 6º.-Duración, vixencia, prórrogas e denuncia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos.

A súa vixencia, para tódolos efectos, comezará o 1 de abril de 1998.

O convenio entenderase tacitamente prorrogado por períodos anuais, mentres non sexa denunciado por calquera das partes, a xeito e en data, e cunha anticipación mínima de 30 días ós seus respectivos vencementos, con traslado da denuncia á outra parte e no devandito prazo, axustándose en canto a esa materia se refira o vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo ordinaria será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo, non podendo realizar máis de 9 horas diarias e 40 semanais. Nembargantes, acórdase a distribución da xornada nos termos que se reflicten no cadro de quendas que se estableza, á marxe deste convenio (non formando parte del), de tal modo que o posible exceso da xornada nalgunha quenda se poida compensar con outro de xornada inferior, de xeito que no cómputo trisemanal non se excedan as 40 horas de traballo efectivo, respectándose o criterio actual de descanso semanal existente coas adaptacións necesarias para cumpri-la lexislación vixente.

Artigo 8º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade e responsabilidade da dirección da empresa.

Sen mingua desa facultade, a modificación das quendas ou establecemento doutras novas deberá ser negociado entre a dirección e o comité de empresa, podendo este último presentar propostas ou emitir informes ó respecto.

Se non se produce acordo entre as partes, a implantación dun novo sistema de traballo (entendendo como tal a modificación substancial ou implantación de novas quendas) será facultade e decisión da dirección da empresa. Con independencia das accións xudiciais que lles poidan corresponder ós afectados, a dirección e o comité comprométense a non opoñerse en caso de que os afectados soliciten a intervención do AGA, ó abeiro do disposto no seu regulamento.

Artigo 9º.-Licencias.

No caso de matrimonio, as licencias serán de quince días naturais, e aboaranse co salario convenio.

Artigo 10º.-Permisos.

A empresa concederá permisos ó persoal segundo segue:

-Por intervención cirúrxica grave ou enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais, 3 días.

-Por morte do cónxuxe, 4 días.

-Por morte de fillos, pais ou irmáns, 3 días.

-Por morte de avós, 2 días.

-Por morte de tíos carnais, afíns e consanguíneos, 1 día.

-Por matrimonio de fillos, irmáns ou pais, coincidindo co día da súa voda, 1 día.

-Por traslado do seu domicilio habitual, 1 día.

-Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

-Para funcións sindicais ós representantes do persoal: observarase o lexislado nesta materia.

No caso de morte ou enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave do cónxuxe, pais ou fillos, a partir de 300 km, 1 día máis por cada viaxe.

Artigo 11º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán dun período de vacacións anual de trinta días naturais e un día máis por cada oito anos de traballo.

No caso de que o traballador estea desfrutando vacacións e sexa chamado pola dirección para traballar durante un período non inferior a unha semana, o devandito traballador terá dereito a desfruta-lo período que lle falte de vacacións e un día máis, nas datas nas que segundo as necesidades de organización da empresa se fixen de común acordo co traballador.

O pago das vacacións farase efectivo no derradeiro día de traballo antes do comezo do desfrute, para aqueles traballadores que o soliciten cunha antelación mínima de cinco días. O resto dos traballadores percibirán o importe daquelas coa nómina de fin do mes.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias estructurais.

Para efectos do previsto no Real decreto 92/1983, e na Orde do 1 de marzo de 1983, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social sobre cotización adicional de horas extraordinarias estructurais, consideraranse como tales as que se realicen con ocasión de accidentes ou para solucionar necesidades urxentes e apremantes que veñan esixidas de inmediato polo servicio, as que obedecen a períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da propia natureza da actividade do transporte. A toma e deixa do servicio computarase adaptándose á Ordenanza laboral de transportes por estrada.

A hora extraordinaria aboarase a 983 ptas.

Artigo 13º.-Soldos e salarios.

Os soldos e salarios que corresponden ó persoal afectado polo presente convenio son os que figuran nas táboas anexas, máis antigüidade, se é o caso. Páctase o aumento dos salarios, que terá efecto con data do 1 de abril de 1999, consistente no IPC que oficialmente se determine o 31 de decembro de 1998 correspondente ó dito ano de 1998 máis medio punto.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponde, máis a antigüidade de se-lo caso. Denominaranse, 25 de xullo, Nadal e paga de marzo, e serán feitas efectivas antes do 22 de xullo, 23 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Artigo 15º.-Conductores-perceptores.

O conductor-perceptor, cando desempeña ó mesmo tempo as funcións de conductor e cobrador, percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial por posto de traballo, igual ó 20% do seu salario base máis antigüidade, se é o caso, por tal cometido.

Artigo 16º.-Plus de transporte e plus de entrega de recadación.

Tal e como figura na táboa anexa, os traballadores da empresa terán dereito a percibir un plus de transporte e entrega por recadación cotiá, na contía que se especifica en cada categoría profesional. Páctase o aumento destes conceptos que terá efecto con data do 1 de abril de 1999, consistente no IPC que oficialmente se determine o 31 de decembro de 1998 correspondente ó dito ano de 1998 máis medio punto.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

Devengarán axudas de custo enteiras os que saian da súa residencia antes das 12 horas e regresen despois das cero horas.

Percibirase o importe correspondente ó xantar sempre que o traballador saia da súa residencia antes das 12 horas e volte despois das 14 horas.

O importe das axudas de custo será o que a continuación se reflicte:

-Comida de servicios discrecionais: 1.600 ptas.

-Outras comidas e cea: 800 ptas.

-Pernoctación: 1.899 ptas.

-Axuda de custo completa: 4.299 ptas.

Os desprazamentos a Portugal e restantes países estranxeiros, gastos pagos, segundo xustificantes de facturas.

A empresa terá a facultade de asumi-lo pagamento do aloxamento e comida do traballador en substitución das axudas de custo.

Artigo 18º.-Traballos en domingos e festivos.

Os domingos e festivos aboaranse a 10.000 ptas., salvo que a empresa dea descanso compensatorio.

Artigo 19º.-Uniformes, roupa de traballo.

Todo persoal de movemento será dotado dun xersei cada ano, dous pantalóns, dúas camisas de manga longa e dúas de manga curta tamén cada ano, unha gravata cada dous anos e unha zamarra ou anorak cada cinco anos.

Ó persoal de taller será dotado de catro fundas de traballo ó ano e un par de botas de seguridade cada ano.

Os lavacoches serán dotados de botas, roupas de auga ou calquera outra peza de roupa necesaria para o desempeño da súa función.

A entrega de toda peza de roupa nova esixirá, se é o caso, a devolución da substituída.

Artigo 20º.-Retirada de carné de conducir.

No caso de que por infracción administrativa se produza a retirada do carné de conducir a un conductor por un período non superior a cento oitenta días, durante a vixencia do convenio, ben sexa conducindo un vehículo da empresa ou particular, e neste caso de vehículo particular, sempre que sexa á ida ou á volta do traballo, esta comprométese a facilitarlle ó conductor afectado o posto de traballo máis axeitado, de acordo coa súa categoría profesional, sempre que no proceda como consecuencia de alcoholemia ou consumo de drogas.

Artigo 21º.-Pagamento de multas.

As multas por infraccións de tráfico imputables á culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. No caos de que a infracción lle sexa imputable á empresa, será aboada por esta.

Artigo 22º.-Seguros de accidente laboral.

No caso de falecemento do traballador por accidente laboral ó servicio da empresa, esta comprométese a aboarlle o traballador ben directamente ou por medio ou por medio dunha compañía de seguros coa que contrate unha póliza que cubra o dito risco, a contía de 700.000 ptas.

Se a consecuencia de accidente laboral ó servicio da empresa, a comisión médica cualificadora da Seguridade Social determina a incapacidade permanente absoluta ou a grande invalidez do traballador, a empresa comprométese a aboarlle nas mesmas condicións do parágrafo anterior, a contía de 2.600.000 de ptas. ó devandito traballador.

Artigo 23º.-Incapacidade temporal.

Nas situacións de incapacidade temporal derivadas de accidente de traballo, a empresa completará cun máximo de tres meses, contados a partir da data da baixa, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Nas situacións de incapacidade temporal derivadas de accidente de traballo que motive hospitalización, a empresa completará, polo tempo que dure a hospitalización, e cun máximo de seis meses, incluíndo o período de tres meses citado no parágrafo anterior, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Nas situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidade común que motive hospitalización, a empresa completará, polo tempo que dure a hospitalización, e cun máximo de seis meses, a

prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Artigo 24º.-Xubilación.

1. A empresa e traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no R.D. 1194/1995, do 14 de xullo, debendo a empresa substituí-los simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no devandito real decreto.

2. O traballador que se xubile anticipadamente, sempre que leve ó servicio da empresa un mínimo de cinco anos ininterrompidos, percibirá desta un premio por xubilación, segundo a táboa seguinte:

-Ós 60 anos: 1.400.000 ptas.

-Ós 61 anos: 1.100.000 ptas.

-Ós 62 anos: 800.000 ptas.

-Ós 63 anos: 350.000 ptas.

-Ós 64 anos: 250.000 ptas.

Percibirase a cantidade correspondente á idade de xubilación anticipada segundo a táboa anterior sempre que a dita xubilación se realice dentro do prazo de tres meses desde que o traballador cunpra a idade. De superarse este prazo, a contía será a seguinte inferior.

No suposto de que durante a vixencia do convenio se reducira a idade de xubilación, a escala da táboa anterior reduciríase tamén, co obxecto de que as 1.400.000 ptas. se percibiran cinco anos antes da idade regulamentaria e correlativamente ás demais contías ata chegar ás 250.000 ptas. que se percibirán un ano antes da idade regulamentaria.

Esta contía será independiente da liquidación que por cesamento lle corresponda ó traballador.

Este premio non o percibirá o traballador que se acolla ó establecido no punto 1 deste artigo sobre xubilación anticipada segundo o R.D. 1194/1985, do 14 de xullo.

Artigo 25º.-Acción sindical.

Neste punto observarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 26º.-Cota sindical.

Por requirimento individual dos traballadores afiliados a sindicais legalmente constituídas, a empresa descontará da nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador en tal operación remitirá á dirección da empresa ou ó comité un escrito no que se exprese a súa conformidade con el.

Artigo 27º.-Modalidades de contratación.

Contrato para o fomento da contratación indefinida: co obxecto de facilita-la colocación estable dos empregados suxeitos a contratos temporais, a

dirección da empresa poderá converter estes en contratos para o fomento da contratación indefinida no que o réxime xurídico e efectos serán os que establece a disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro.

Artigo 28º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio, observarase o disposto na extinguida ordenanza laboral de transportes por estrada mentres non sexa substituída por convenio nacional, así como na lexislación laboral e demais disposicións legais vixentes.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio, e en xeral para entender en cantas cuestións se deriven da aplicación del, establécese unha comisión paritaria integrada por un número igual de representantes económicos e do comité de empresa asinantes do convenio. A comisión devandita elixirá o seu presidente, que non poderá ser membro do devandito órgano.

Artigo 30º.-Partes asinantes.

O presente convenio foi asinado polo director-xerente da empresa en representación da parte económica e polos membros do comité de empresa, en representación da parte social.

O presente convenio redáctase en galego e castelán.

Disposición adicional.

Unha vez extinguido o prazo de validez do presente convenio, se no prazo de dous meses non se chegase a un acordo para o asinamento dun novo convenio de empresa, as partes comprométense a negocia-lo pase ó convenio provincial de transportes de viaxeiros.

Táboa de salarios

Categorías

Pesetas

Plus

Transp.

Plus

Ent. Re.

-Persoal administrativo
Oficial de primeira96.325 mes4.807 mes
Oficial de segunda89.690 mes4.807 mes
Auxiliar administrativo84.430 mes
Aspirante (salario mínimo segundo idade)

-Persoal de movemento
Inspector3.285 día4.807 mes
Conductor3.232 día4.807 mes
Conductor-perceptor3.232 día4.807 mes2.136 mes
Cobrador2.807 día4.807 mes2.136 mes

-Persoal de taller
Xefe de taller120.960 mes4.807 mes
Oficial de primeira3.316 día4.807 mes
Oficial de segunda3.232 día4.807 mes
Oficial de terceira3.111 día4.807 mes
Mozo de taller2.721 día4.807 mes
Aprendices (salario mínimo segundo idade)

Lavacoches86.030 mes4.807 mes

Vendedores de billetes88.976 mes

5894