Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 29 de xuño de 1998 Páx. 7.299

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 191/1998, do 5 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación dun tramo da liña eléctrica a 15/20 kV, desde o C.T. de Castro ata a praia de Vilarrube no concello de Valdoviño, provincia da Coruña. (Expediente 95/164-1).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na rúa Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 3.064 m de lonxitude, con conductor LA-110, sobre apoios de formigón e metálicos, co orixe no C.T. Castro e final no apoio número 195 da liña

Robles-Ventosa, afectando no seu percorrido o termo municipal de Valdoviño (A Coruña) (expediente 95/164-1).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 22-5-1996, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 25-6-1996, no BOP da Coruña do 13-6-1996, e no BOE do 13-6-1996.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido polo parágrafo 2 disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 10-2-1997, no BOP da Coruña do 14-2-1997, no xornal La Voz de Galicia do 14-2-1997, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Valdoviño e no da delegación provincial. Ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás ós titulares dos predios 78, 93, 95, 100 e 108/1, que por seren de enderezo descoñecido, déuselle traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, recibíronse as seguintes alegacións:

a) Manuel Sanesteban Coira, con consentimento da súa nai, María Cesárea Coira Romero propietaria dos predios nº 2 e 17, solicita rectificación do erro cometido na titularidade deles; posteriormente solicita o paso soterrado da liña no predio nº 17, por considerar que o trazado proposto divide o predio en dúas metades, facendo imposible a edificación de vivendas. Por outra banda, Daniel Nicasio Sanesteban Coira, actuando tamén en nome da súa nai María Cesárea Coira Romero, reitera as alegacións contidas nos escritos anteriores.

b) Luis Suevos Fernández, titular dos predios nº 14, 14/1 e 22, solicita que se lle remita plano dos predios afectados e outros datos sobre o trazado da liña.

c) Marisol Coira Muíño, titular do predio nº 16, solicita o paso soterrado da liña por considerar que o proxecto actual imposibilita a edificabilidade do predio.

d) María Teresa Lamigueiro Lamigueiro, titular do predio nº 20, solicita o paso soterrado da liña por considerar que o proxecto actual imposibilita a edificabilidade do predio.

e) Luis Pita Breijo, titular do predio nº 21, solicita a expropiación total do predio, xa que considera que co trazado da liña eléctrica o citado predio carecería de todo valor ou utilidade.

f) Armanda Lamigueiro Lamigueiro, titular do predio nº 23, solicita a expropiación total dun anaco de 53 m que considera quedaría segregado do resto do predio polo trazado da liña, converténdose en inútil e carente de valor.

g) María Eugenia Lamigueiro Lamigueiro, titular do predio nº 25, solicita o paso soterrado da liña por considerar que o proxecto actual imposibilita a edificabilidade do predio.

h) María del Rosario Lamigueiro Lamigueiro, titular do predio nº 26, fai consta-la cualificación urbanística do predio e que a expropiación afecta a uns 104 eucaliptos, e sinala un novo enderezo para efectos de notificacións.

i) María del Carmen Lamigueiro Lamigueiro, titular do predio nº 27, solicita a expropiación total dun anaco do predio que considera quedaría segregado do resto polo trazado da liña, converténdose en inútil e carente de valor.

j) María González Rey, titular do predio nº 28, solicita a expropiación total dun anaco de 250 m que considera quedaría segregado do resto do predio polo trazado da liña, converténdose en inútil e carente de valor.

k) José López Pita, titular do predio nº 39, solicita máis información ou plano para a perfecta identificación do predio e as dimensións da afección.

l) Benigna Rey Pita afirma se-la titular dos predios nº 49, 50, 50/2, 60 e 62; ademais, solicita a expropiación total dos predios nº 49 e 50, xa que considera que co trazado da liña eléctrica os citados predios carecerían de todo valor ou utilidade.

m) Fernando Saavedra Rey, titular dos predios nº 72 e 94, considera que o expediente sofre un vicio radical de nulidade por falta de notificación individual e pide que se acorde a instalación do tendido eléctrico por unha vía alternativa seguindo as estremas dos predios.

n) Josefa Pita Veiga, titular dos predios nº 105 e 111, considera que o expediente sofre dun vicio radical de nulidade por falta de notificación individual e pide que se acorde a instalación do tendido eléctrico por unha vía alternativa seguindo as estremas dos predios.

o) María Pita Veiga, titular do predio nº 132, considera que o expediente sofre un vicio radical de nulidade por falta de notificación individual e pide que se acorde a instalación do tendido eléctrico por unha vía alternativa seguindo as estremas dos predios.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Unha vez practicada por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no apartado 2 da disposición transitoria segunda da devandita Lei 54/1997, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Á vista das alegacións, das respostas da empresa beneficiaria e da inspección sobre o terreo, dedúcese que:

a) A entidade beneficiaria facilitoulle-las informacións solicitadas a Luis Suevos Fernández (predio nº 14, 14/1 e 22) e a José López Pita (predio nº 30).

b) Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. corrixiu os erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados, segundo o alegado por María Cesárea Coira Romero e Benigna Rey Pita, mais durante o procedemento de levantamento de actas previas á ocupación deberán presenta-la documentación xustificativa correspondente. Tamén tomou nota dos novos enderezos achegados para os efectos de posteriores notificacións.

c) No que respecta á pretensión de nulidade das actuacións por falta de notificación individual realizada por Fernando Saavedra Rey, Josefa Pita Veiga e María Pita Veiga, constan na delegación provincial os avisos de recepción correspondentes ás notificacións individuais, constando os de Fernando Saavedra Rey e María Pita Veiga como rexeitados polos destinatarios e a de Josefa Pita Veiga como ausente do seu domicilio; por outra banda, os tres afectados presentaron as súas alegacións en tempo en forma, polo que non se pode aducir indefensión ó teren perfecto coñecemento do expediente.

d) Non se poden acepta-lo paso da liña soterrado solicitado por María Cesárea Coira Romero, Marisol Coira Muíño, María Teresa Lamigueiro Lamigueiro e María Eugenia Lamigueiro Lamigueiro, nin a variación proposta por Fernando Saavedra Rey, Josefa Pita Veiga e María Pita Veiga, xa que non concorren os requisitos esixidos polos apartado 1 e 3 do artigo 26 do citado Decreto 2619/1996, do 20 de outubro.

e) Con data 6-5-1997, a Delegación Provincial da Coruña dictou resolucións nas que denegou as solicitudes de expropiación total formuladas por Luis Pita Breijo, e Benigna Rey Pita, xa que dos datos que constan no expediente non resultou probado que a explotación ou conservación do resto dos predios

non expropiado sexa antieconómico para os seus titulares, requisito esixido tanto no artigo 5 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, como no artigo 23 do seu regulamento, e tamén no artigo 23 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e artigo 22 do seu regulamento.

f) Con respecto ás solicitudes de ampliación da superficie que se vai expropiar efectuadas por Armanda Lamigueiro Lamigueiro, María del Carmen Lamigueiro Lamigueiro e María González Rey, a Delegación Provincial da Coruña dictou resolucións do 6-5-1997 denegándoas, xa que neste caso non son de aplicación os artigos 23 e 46 da Lei de expropiación forzosa, xa que a instalación da liña non fai antieconómica a conservación do resto do predio, senón que unicamente diminúe o seu valor, polo que os prexuízos que puideran derivarse de tal situación poderán ser valorados, se procede, polo Xurado Provincial de Expropiación á hora de fixa-lo xusto prezo.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de xuño de mil novecentos noventa e oito

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso da instalación da liña eléctrica, a 15/20 kV, desde o C.T. Castro ata a praia de Vilarrube, (expediente 95/164-1) proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Valdoviño (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu á información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, cinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

5947