Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 29 de xuño de 1998 Páx. 7.298

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 190/1998, do 28 de maio, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica, a 20 kV ó C.T. de Vilar, concello de Brión, provincia da Coruña. (Expediente 51880).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na r/ Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 20 kV, de 865 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios de formigón e metálicos, co orixe nun apoio da L.M.T. presa do Tambre - Ponte Insua e remate no C.T. que se vai construír en Vilar, afectando no seu percorrido o termo municipal de Brión (A Coruña) (expediente 51880).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública en concreto e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 7-5-1991, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 9-8-1991, no BOP da Coruña do 25-6-1991, e no BOE do 27-6-1991.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba

o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido polo apartado 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 14-8-1997, no BOP da Coruña do 1-8-1997, no xornal El Correo Gallego do 2-8-1997, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Brión e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

1. Carmen Suárez Rodríguez, titular dos predios nº 2, 4, 5, 10 e 16, fai unha serie de manifestacións sobre a titularidade dos distintos predios, indicando que parte de elas lle corresponde a Santiago Suárez Maroñas.

2. Laura Vidal Vidal, titular do predio nº 14, expón que non se opón a deixar pasa-la liña, pero pide que a empresa beneficiaria lle pague o prezo xusto.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria, que tomou nota da titularidade correcta dos predios atribuídos a Carmen Suárez Rodríguez, procedendo a comunicar por separado a afección a Santiago Suárez Maroñas. No que respecta á alegación de Laura Vidal Vidal, Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. en caso de non chegar a acordo amigable, será o Xurado Provincial de Expropiación o que determine o prezo xusto.

Unha vez practicada por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no apartado 2 da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións pre

sentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso polo procedemento ordinario faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteoito de maio de mil novecentos noventa e oito

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea, a 20 kV de alimentación ó C.T. de Vilar (expediente 51880), cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Brión (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu á información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vinteoito de maio de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

5931