Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 29 de xuño de 1998 Páx. 7.293

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de xuño de 1998 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

En cumprimento do disposto no Decreto 417/1990, do 31 de xullo (DOG nº 157, do 10 de agosto), polo que se regulan as axudas para empresas xornalísticas e de radiodifusión, e en uso das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O obxecto da presente orde é a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

Artigo 2º

Poderán solicita-las axudas obxecto da presente orde as empresas xornalísticas e de radiodifusión que, reunindo os requisitos establecidos no Decreto 417/1990, do 31 de xullo, publiquen ou difunda informacións, programas, artigos, reportaxes, cola

boracións ou seccións orientadas á observancia das finalidades previstas no artigo 2º do devandito decreto.

Artigo 3º

Quedan excluídos da concesión de axudas:

a) Os boletíns interiores de institucións.

b) As publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.

c) As de distribución gratuíta.

d) As publicacións ou emisións que reciban axudas doutros organismos da Xunta de Galicia por conceptos similares ós previstos no Decreto 417/1990, do 31 de xullo.

Artigo 4º

A contía global das axudas non poderá exceder de cento cincuenta millóns (150.000.000) de pesetas, e serán concedidas con cargo á partida orzamentaria 04.08.353 F 470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998.

Cada subvención individualizada non superará o 50% do importe total do orzamento das axudas.

Artigo 5º

As solicitudes, axustadas ó modelo oficial que se publica como anexo desta orde dirixiranse ó secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos e deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

A) Empresas xornalísticas:

1. Memoria na que se fagan consta-los números publicados durante o presente ano, ata o 31 de agosto, número de traballos ou artigos escritos en lingua galega durante o mesmo período e porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encamiñadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia.

2. Testemuño auténtico da escritura de poder cando o solicitante obre en representación da persoa física ou xurídica titular do medio.

3. Certificación da inscrición no Rexistro Mercantil, no caso de que o titular sexa persoa xurídica.

4. Copia do documento nacional de identidade do solicitante ou representante.

5. Copia do pagamento do IAE.

6. Xustificación de estar ó día nos pagamentos das obrigas tributarias e da Seguridade Social.

7. Certificación de non ter contraída ningunha débeda coa Comunidade Autónoma.

8. Declaración do número de exemplares difundidos da publicación de que se trate durante o perío

do ó que alude o apartado 1º, acompañada da documentación que o acredite. Incidirá especialmente na valoración a certificación expedida pola Oficina da Xustificación da Difusión (OXD).

9. Declaración xurada do representante da empresa na que se responsabilize de que continuará realizando as publicacións en galego ata o 31 de decembro de 1998 no caso de ser beneficiaria da axuda.

B) Empresas de radiodifusión:

1. Memoria na que se faga consta-la programación, especificando qué parte dela se realiza en lingua galega. Este último extremo acreditarase mediante declaración xurada.

2. A que se establece nos números 2, 3, 4, 5, 6 e 7 do apartado A do presente artigo.

3. Informe do Estudio Xeral de Medios relativo á audiencia media aproximada da emisora solicitante durante o período ó que se refire o apartado A.1.

4. Declaración xurada do representante da empresa responsabilizándose de que continuará realizando as emisións en galego ata o 31 de decembro de 1998 no caso de ser beneficiaria da axuda.

Artigo 6º

As solicitudes poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito no edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, directamente ou a través dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do 31 de agosto de 1998.

Artigo 7º

As solicitudes presentadas serán tramitadas polo servicio competente da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. As ditas solicitudes serán avaliadas por unha comisión integrada polos seguintes membros:

Presidente: o secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Vocais:

-O director xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en quen delegue.

-Un funcionario da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos con categoría non inferior á de xefe de servicio.

-O director do Gabinete de Comunicación.

Secretario: un funcionario da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos con categoría non inferior a xefe de Negociado.

Artigo 8º

A valoración das solicitudes presentadas basearase nos seguintes criterios:

a) Uso da lingua galega.

b) Tiraxe de exemplares.

c) Número de lectores ou oíntes.

d) Porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encamiñadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia.

Artigo 9º

A comisión poderá solicitar tódolos informes que considere necesarios elevando proposta ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública, para que adopte a resolución que proceda. A dita resolución pon fin á vía administrativa, e contra esta poderase interpoñer no prazo de dous meses desde a súa notificación, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 10º

A resolución respecto da presente liña de subvencións realizarase dentro dos tres meses desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. Esgotado o devandito prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente (artigo 43.2º C), contrario sensu, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 11º

Con independencia da súa contía, e antes de proceder ó seu cobramento, os beneficiarios da subvención terán que acreditar que se atopan ó día das súas obrigas tributarias e sociais, e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

O pagamento farase efectivo na súa totalidade unha vez adoptada a resolución á que se refire o artigo anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Nos aspectos non contidos na presente orde observarase o disposto nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e a Lei 1/1998, do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1998.

Segunda.-Facúltase o secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

6047