Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 29 de xuño de 1998 Páx. 7.292

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de xuño de 1998 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Rodríguez Iglesias.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Rodríguez Iglesias, con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. Francisco Rodríguez Iglesias, na súa calidade de presidente do padroado da fundación, en escrito

do 15 de abril de 1998, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día 20 de xuño de 1997, ante o notario Ramón González Gómez, co número tres mil cento vintedous do seu protocolo, por Francisco Rodríguez Iglesias, María del Rosario Herrera Marcos, José Francisco Verdía Rodríguez, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Nicolás Salvador Egido, Fernando Ignacio González Laxe, Andrés Precedo Ledo, Domingo García-Sabell Rivas, Francisco Darío Villanueva Prieto e Armando Fernández-Xesta Vázquez; interveñen todos en nome propio.

3. Segundo consta no artigo 4 dos estatutos o obxecto da fundación é, entre outros, a promoción do coñecemento, estudio e difusión da cultura propia de Galicia en toda a súa variedade de formas de manifestación e desde a máis ampla e plural perspectiva.

4. O padroado da fundación estará constituído por Francisco Rodríguez Iglesias como presidente, Rosario Herrera Marcos como vicepresidenta, José Francisco Verdía Rodríguez como secretario, Xosé Ramón Barreiro Fernández como vicesecretario e Nicolás Salvador Egido, Fernando Ignacio González Laxe, Andrés Precedo Ledo, Domingo García-Sabell Rivas, Darío Villanueva Prieto e Armando Fernández-Xesta Vázquez como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Rodríguez Iglesias, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 8 de xuño de 1998.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación. Na súa virtude

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Rodríguez Iglesias e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

5937