Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.258

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (450/1997).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos co número 450/1997, se dictou sentencia con data do 27 de maio de 1998, da que

o encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un desta cidade, e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o número 450 de 1997, entre partes, dunha, como demandante, María Dolores Boo González, representada en autos polo procurador Regueiro Muñoz, coa dirección do letrado Nogueira Romero, e doutra, como demandados, Manuel Boo González, Rafael Boo González e Antonio Boo González, representados en autos polo procurador Fernández Rial, coa dirección do letrado Pardo Soto, María Jesus Toubes Boo, representada en autos polo procurador Barreiro Fernández, coa dirección do letrado López Fernández e Jesús Boo González, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre impugnación da partición nos autos de xuízo de testamentaría seguidos neste xulgado baixo o número 531/1988.

Decido:

Con desestimación da demanda, absolvo dela e dos seus pedimentos a Manuel, Refael, Antonio e Jesús Boo González e a María Jesús Toubes Boo, con imposición de custas a Dolores Boo González.

Apróbase en tódalas súas partes o caderno de bases, inventario, liquidacións e adxudicacións efectuado o 14 de maio de 1997 polo contador dirimente, Salvador Antonio Rodríguez Gavela.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data».

E para que lle sirva de notificación ó demandado Jesús Boo González, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vintesete de maio de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4583