Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.258

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (844/1997).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo fai saber que no expediente de suspensión de pagamentos, número 0844/1997, de Vidrios Automáticos del Noroeste S.A. por auto con data do 25 de maio de 1998 decretouse o estado de suspensión de pagamentos e insolvencia definitiva de Vidrios Automáticos del Noroeste S.A., por unha diferencia a prol do pasivo de 1.959.147.000 pesetas; e foron convocados os acredores á xunta xeral, que terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, o próximo día nove de xullo ás dez, e se lles prevén que poderán concorrer persoalmente ou polos seus representantes con poder suficiente e se fai extensivo o presente edicto os acredores que non sexan atopados no seu domicilio cando sexan citados na forma que prevén o artigo 10 da vixente Lei de suspensión de pagamentos, todo iso salvo que no prazo de cinco días o suspenso ou acredores que resenten as 2/5 partes do total do pasivo, solicten que se sobresexa o expediente ou que se declare a

quebra.

Vigo, 23 de xuño de 1998.

O secretario

Rubricado

5472