Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.259

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (133/1998-1).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Ins

trucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber:

Que en virtude do acordado nos autos de xuízo executivo nº 133/1998-1, sobre reclamación de cantidade, nos que foi demandante Caixa de Aforros de Galicia e demandados María Asunción Losada Camba e herdeiros descoñecidos de Antonio Rial Gasamáns, sendo a contía do asunto a de 743.872 pesetas de principal, máis 400.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, son citados de remate os demandados, herdeiros descoñecidos de Antonio Rial Gasamáns, para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poidan oporse á execución e comparecer nos autos por medio de procurador, apercibidos de que, de non o efectuaren, serán declarados en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso, sen volver citalos nin facerlles outras notificacións que as que determine a lei. Notifícaselle-lo embargo dos seguintes bens: vivenda na planta baixa, portal 2, parroquia de Urdilde, concello de Rois. Ten unha superficie de 47 metros cadrados. Plena propiedade de œ indivisa con carácter privativo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no folio 137 do libro 131, tomo 584, predio 17.382.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados herdeiros descoñecidos de Antonio Rial Gasamáns, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 5 de abril de 1998.

A secretaria

Rubricado

5805