Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.965

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cuarzos Industriales, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Cuarzos Industriales, S.A., que tivo entrada nesta

delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 14-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo delegado de persoal o día 12-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Sexto convenio colectivo da empresa Cuarzos Industriales, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo é o que regulará as relacións laborais entre a empresa Cuarzos Industriales, S.A. e os seus traballadores dos centros de traballo da mina Sonia, no Barqueiro, incluído o seu couto mineiro, e a planta de Tordoia co seu couto mineiro.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio terá unha duración dun ano, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998.

Artigo 3º.-Prelación de normas.

O articulado do presente convenio colectivo respecta a Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores e normas que o desenvolven.

Este convenio aplicarase con prioridade ó Estatuto do mineiro do 21 de decembro de 1983.

Artigo 4º.-Denuncia e prórroga.

En caso de non mediar denuncia de calquera das partes afectadas cunha anticipación non menor a dous meses ó final da súa vixencia, o convenio quedará prorrogado por períodos dun ano, sen máis modificacións cás que resulten de actualiza-la táboa salarial pactada para 1998.

A denuncia formalizarase por escrito e remitiráselle á representación legal da outra parte.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións pactadas neste convenio compensarán e absorberán calquera outra que exista á súa entrada en vigor, sexa cal for a súa natureza ou a orixe da súa existencia, así como as que se poidan establecer por normas publicadas durante a súa vixencia, a non ser que estas formen un conxunto

máis beneficioso para o traballador, consideradas en cómputo anual, caso no que substituirán integramente as deste convenio.

Artigo 6º.-Garantía persoal e condición mínima.

Serán respectadas as condicións superiores pactadas con anterioridade a este convenio, ou que se pacten durante a súa vixencia a título persoal, sempre que no seu conxunto e en cómputo anual, superen as establecidas neste convenio, debido á condición que teñen de normas mínimas de relación tanto no que se refire ó social como ó económico.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible para efectos da súa correcta aplicación práctica, con vinculación á totalidade e consideradas globalmente.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria para a interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do convenio.

Esta comisión estará formada por dous representantes, un designado polo persoal e o outro pola empresa.

A comisión entenderá das seguintes cuestións:

a) A interpretación do convenio.

b) A arbitraxe nas cuestións que as partes sometan á súa consideración.

c) As demais que se lle atribúen no convenio.

As accións individuais ante calquera organismo ou tribunal deben ir precedidas dunha actuación da dita comisión.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 9º.-Facultade organizativa.

A organización do traballo, respectando as normas e lexislación vixente, é facultade exclusiva da dirección da empresa; por tanto esta poderá adoptar libremente cantas medidas crea necesarias para alcanzar unha maior eficacia e rendemento.

A empresa adoptará un sistema de distribución do traballo que facilite a formación profesional e técnica dos traballadores, coa obriga por parte destes de completar e perfecciona-los ditos coñecementos fóra do horario laboral.

Capítulo III

Xornada laboral, vacacións e permisos

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada laboral de 40 horas semanais de traballo efectivo.

A puntualidade é de necesaria observancia e esixiráselles a tódolos traballadores afectados por este convenio.

Enténdese por puntualidade a presencia do persoal ás horas de comezo da xornada no seu posto de tra

ballo e coa roupa de traballo posta, así como non abandona-lo posto de traballo antes das horas de terminación.

Artigo 11º.-Tempo de bocadillo do persoal de quenda.

O persoal de quenda disporá de 20 minutos para toma-lo bocadillo e considerarase tempo efectivo de traballo. Co fin de non prexudica-la producción, este tempo desfrutarase de forma gradual.

Artigo 12º.-Vacacións.

A duración das vacacións establécese para todo o persoal en 30 días naturais, percibindo durante elas o salario base, antigüidade, plus de convenio e o plus de asistencia correspondente ós días que, de estar traballando, tería percibido o traballador.

O persoal de novo ingreso desfrutará da parte proporcional ó tempo traballado durante o primeiro ano.

Cando non exista prexuízo para a organización dos traballos, intentarase que tódolos traballadores que o desexen poidan desfrutar de 15 días de vacacións durante o período de maio a setembro, ambos inclusive.

O cadro de vacacións confeccionarase durante o mes de xaneiro de cada ano, téndose en conta a táboa de substitucións nos postos de traballo e establecéndose rotación anual no dereito de elección, dentro dos cinco meses arriba indicados.

Artigo 13º.-Permisos retribuídos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Nacemento de fillos: 5 días naturais.

c) Enfermidade grave, hospitalización, falecemento do cónxuxe, pais ou fillos: 5 días naturais.

d) Enfermidade grave, hospitalización, falecemento doutros parentes ata o segundo grao: 2 días naturais.

e) Traslado de domicilio: 2 días naturais.

Artigo 14º.-Xubilación.

Tódolos traballadores desta empresa xubilaranse obrigatoriamente ós 65 anos teóricos, que se obteñen sumándolle á idade real do traballador os anos resultantes da aplicación dos coeficientes correctores da idade de xubilación. Todo iso de acordo cos baremos recoñecidos pola autoridade laboral para os diferentes postos de traballo desta empresa.

Os traballadores que desexen xubilarse entre os 60 e 64 anos de idade teórica, segundo o descrito no parágrafo anterior, terán dereito a percibi-los premios de xubilación que se establecen a continuación, sempre que o cesamento se produza por petición do traballador:

Traballador con 60 anos de idade teórica: 180 días de salario base segundo o anexo I.

Traballador con 61 anos de idade teórica: 150 días de salario base segundo o anexo I.

Traballador con 62 anos de idade téorica: 120 días de salario base segundo o anexo I.

Traballador con 63 anos de idade teórica: 90 días de salario base segundo o anexo I.

Traballador con 64 anos de idade teórica: 30 días de salario bases segundo o anexo I.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 15º.-Réxime de retribucións.

O incremento salarial para o ano 1998 aquí pactado é do 3,1%, calculándose este sobre as táboas salariais vixentes o 31 de decembro de 1997, excepto pola antigüidade.

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas que se unen como anexo I ó presente convenio.

Calquera entidade que se reflicta neste convenio considérase para tódolos efectos cantidade bruta.

Artigo 16º.-Salario base.

Devengarase por día natural e a súa contía mínima para cada categoría figura no anexo I.

Artigo 17º.-Plus de convenio.

Devengarase por día natural e a súa contía mínima para cada categoría figura no anexo I.

Artigo 18º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Devengarase por día de traballo efectivo. Para ter dereito a este plus cómpre comparecer puntualmente ó traballo.

Cada falta de puntualidade levará consigo a perda do cincuenta por cento do plus de asistencia e puntualidade de 10 días.

Cada falta de asistencia non xustificada levará consigo a perda do plus de asistencia do mes.

Artigo 19º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio na empresa, consistente no aboamento de dous bienios ó 4% e quinquenios ó 7%, servindo como módulo para o cálculo da antigüidade o salario mínimo interprofesional vixente en cada momento. No anexo II figura a táboa correspondente ó ano 1998, en base mensual e diaria.

Artigo 20º.-Plus por traballo a quendas.

O persoal que traballe a 2 quendas con xornada de 6 a 14 e de 14 a 22 percibirá un plus de 350 ptas. por día que traballe en réxime de quenda.

Artigo 21º.-Paga da minería.

Esta paga calcúlase de forma indivualizada para cada centro de traballo.A súa contía estará en función das vendas de minerais Standard e Fines. Establécese un tramo fixo ata as 100.000 tm anuais, ó que

lle corresponde un importe de 65.000 ptas. lineais, que se aboará sexa cal for o nivel de vendas. Se se superan as 100.000 tm, esta paga incrementarase a razón de 1 pta. por cada tm de mineral das clases standard vendido e 0,5 ptas. por tm para as clases fines.

O aboamento desta paga realizarase como segue:

Entre os días 15 e 20 de marzo o tramo fixo de 65.000 ptas.

Coa nómina correspondente ó mes de setembro de cada ano aboarase o tramo variable.

O cómputo de tm vendidas farase sobre as tm vendidas no período de setembro a agosto de anos sucesivos.

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias.

Ademais da paga da minería, os traballadores percibirán dúas pagas extraordinarias entre os días 15 e 20 dos meses de xullo e decembro; o importe de cada unha delas estará formado por salario base e antigüidade, correspondentes a un mes de 30 días. Ó persoal en situación de ILT consideraráselle ese tempo como de permanencia para efectos da percepción destas pagas.

Os traballadores que ingresen ou cesen na empresa no transcurso do ano percibirán estas pagas proporcionalmente ó tempo de permanencia. Para efectos de cálculo considéranse devengadas as de xullo polo período xaneiro-xuño e a de decembro polo de xullo-decembro.

Artigo 23º.-Festividade de Santa Bárbara.

O persoal que por necesidades de producción, mantemento ou embarques traballe o día de Santa Bárbara, ademais do salario que lle corresponda percibirá unha gratificación de 10.000 ptas.

Artigo 24º.-Horas extraordinarias.

Co fin de favorece-la creación de emprego, e de acordo co estipulado no artigo 9 do Real decreto 3255/1983, Estatuto do mineiro, ámbalas partes acordan reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, que se realizarán obrigatoriamente por petición da empresa nos seguintes casos:

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos urxentes, así como no caso de risco grave de perda ou deterioración de materias primas. Nestes casos, de acordo co artigo 35.3º do Estatuto dos traballadores, non se terán en conta para efectos da duración da xornada, nin para o cómputo das horas extraordinarias autorizadas.

b) Horas extraordinarias por períodos punta de producción, embarques de mineral, ausencias imprevistas, apertura e saneamento de frontes de explotación, cambios de quenda, pedidos non programados, sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación temporal.

A empresa informará mensualmente o delegado dos traballadores sobre o número de horas extraor

dinarias realizadas, especificando a súa causa e distribución.

A compensación económica realizarase polos importes sinalados no anexo I e poderá ser substituída, sempre que exista acordo entre as partes, polo desfrute de tempo de descanso a razón dunha hora e corenta e cinco minutos por cada hora realizada.

Artigo 25º.-Desprazamentos.

Para os casos de desprazamento dos traballadores por necesidades da empresa, establécese unha axuda de custos para desprazamento de 1.500 ptas. por cada día que o traballador deba pasa-la noite fóra do seu domicilio. Esta axuda de custos é complementaria do aboamento por parte da empresa dos gastos de locomoción, aloxamento e comidas.

Cando a empresa teña que desprazar persoal, avisará con 36 horas de anticipación, sempre que isto sexa posible, e adiantará o diñeiro necesario para facer fronte ós gastos de estadía e viaxes.

O tempo investido extra nos desprazamentos considerarase tempo efectivo de traballo.

Artigo 26º.-Pagamento de haberes.

O pagamento de salario efectuarase dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ó de devengo.

O pagamento efectuarase por transferencia bancaria.

Capítulo V

Outros dereitos profesionais

Artigo 27º.-Complemento de accidente de traballo.

En caso de accidente de traballo, producido no posto de traballo, a empresa complementará a prestación de accidente ata alcanza-lo 100% do salario base, antigüidade, plus de asistencia e plus de convenio sempre e cando o traballador, no momento do accidente, faga uso das pezas de roupa e demais elementos de seguridade facilitados pola empresa.

Artigo 28º.-Seguro colectivo de accidentes.

Cuarzos industriales, S.A. subscribirá unha póliza de seguros para os riscos de invalidez ou falecemento dos traballadores por accidente de traballo, incluídos os accidentes in itinere, coas coberturas que se detallan a seguir para o traballador acidentado ou os seus herdeiros:

a) Por morte do traballador derivada de accidente, ou enfermidade profesional, a indemnización ascende a 5.250.000 ptas. para o ano 1998.

b) Por incapacidade permanente absoluta, se o traballador cesa na empresa, a indemnización ascende a 5.250.000 ptas.

c) Por incapacidade permanente total, a suma asegurada ascende a 5.250.000 ptas, por traballador.

d) Garántese un capital de 300.000 ptas, en concepto de gastos de enterro.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social.

Non obstante o exposto anteriormente, a indemnización que sexa percibida con cargo ó contrato do seguro de accidentes que voluntariamente se contén neste convenio considerarase como entregada a conta da indemnización que, se é o caso, puidesen declarar con cargo á empresa os tribunais de xustiza, compensándose ata onde alcance.

Artigo 29º.-Medicina de empresa.

Será realizado obrigatoriamente un recoñecemento médico anual, como mínimo, a todo o persoal da empresa, polos servicios médicos da mutualidade laboral correspondente.

Ademais realizaráselles con carácter obrigatorio un recoñecemento médico a tódolos traballadores con anterioridade ó seu ingreso na empresa e voluntariamente cando o solicite o traballador.

De acordo co artigo 2 do Estatuto do mineiro realizarase unha revisión médica ó extinguirse a relación laboral.

Artigo 30º.-Comite de saúde e seguridade.

Son membros natos deste comité o director facultativo da mina e o delegado de prevención, ademais doutros 4 membros, nomeados dous deles pola empresa e dous polos traballadores. Este comité reunirase obrigatoriamente con carácter trimestral. As funcións deste comité foron adaptadas á nova Lei de prevención de riscos laborais e concrétanse como segue:

a) Desenvolve-las actuacións precisas para a formación dos traballadores en materia de seguridade e saúde e en particular promove-lo coñecemento por parte dos traballadores das normas de seguridade da empresa, os riscos a que están sometidos nos postos de traballo e a súa avaliación, as medidas de protección individual necesarias, as medidas de prevención dos riscos, o grao de cualificación preciso para o desenvolvemento da súa actividade, a esixencia de controis médicos especiais e periódicos.

b) Promover e vixia-lo cumprimento das normas de seguridade.

c) Desenvolver, implantar e mellora-lo plan de prevención de riscos laborais.

d) Renova-la avaliación inicial de riscos de acordo coas especificacións.

e) Realizar controis periódicos das condicións de traballo e de actividade dos traballadores.

f) Redacción dos informes de incidente industrial.

Artigo 31º.-Acción sindical e representación.

No referente a esta materia faise remisión expresa ó contido da lexislación en vigor: Estatuto dos traballadores, Estatuto do mineiro e lexislación concordante.

Os delegados de persoal exercerán ante a empresa a representación para a que foron elixidos, intervindo

en cantas cuestións se susciten en relación coas condicións de traballo do persoal que representa e formulando reclamacións ante a empresa, a autoridade laboral ou as entidades xestoras da Seguridade Social, segundo proceda, sobre o cumprimento das normas relativas á saúde e seguridade no traballo e Seguridade Social.

Artigo 32º.-Roupa de traballo e equipos de protección.

A empresa ten a obriga de prove-los traballadores de roupa traballo, equipos de protección e calzado de traballo necesarios e adecuados para as condicións do traballo que realizan, de acordo co manual de seguridade e a lexislación vixente.

Os traballadores quedan obrigados á utilización desta roupa e equipos de protección dentro das instalacións e coutos mineiros da empresa.

Artigo 33º.-Réxime disciplinario.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia e efectos, en leve, grave e moi grave.

33.1. Constitúen faltas leves:

a) Dunha a tres faltas de puntualidade (máis de 15 minutos de retraso), cometidas no período dun mes.

b) Non cursar no período oportuno a baixa médica cando se falte ó traballo por este motivo.

c) Abandona-lo posto de traballo, aínda por breve tempo, sen causa xustificada.

d) Faltar ó traballo un día ó mes, a non ser que se xustifique debidamente.

33.2. Constitúen faltas graves:

a) Máis de tres faltas de puntualidade cometidas nun período dun mes.

b) Faltar dous días ó traballo sen causa que o xustifique.

c) Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a marcha do servicio.

d) A desobediencia ós superiores en calquera materia relacionada co servicio propio na categoría e funcións que lle correspondan ó traballador.

e) A imprudencia en acto de servicio. Se implicase incumprimento das normas de seguridade e hixiene, risco de accidente para o traballador ou os seus compañeiros, ou perigo de avaría ou dano ás instalacións podería cualificarse como moi grave.

f) A reincidencia en falta leve.

33.3. Constitúen faltas moi graves:

a) A fraude ou deslealdade nas xestións encomendadas, así como o furto ou roubo tanto á empresa como ós compañeiros.

b) Facer desaparecer ou causar desperfectos en materias primas, ferramentas, maquinaria ou instalacións e bens da empresa.

c) Malos tratos de obra ou falta de respecto e consideración a xefes, compañeiros ou subordinados.

d) Causar accidentes por neglixencia ou imprudencia.

e) Abandona-lo posto de traballo en postos de responsabilidade.

f) A diminución voluntaria continuada e demostrada no rendemento normal do seu labor.

g) A reincidencia en falta grave.

33.4. Sancións:

As sancións que se lles poderán impor ós traballadores que incorran en faltas laborais serán as seguintes:

a) Faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

b) Faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo dun a quince días.

c) Faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a noventa días.

-Despedimento.

ANEXO I

Táboa salarial con efectos do 1 de xaneiro de 1998

CategoríaSalario

base diario

Plus

Asistencia

diario

Prima

variable

diaria

Valor hora

extra

Titulado superior4.8043431.945
Titulado medio3.7483431.568
Encargado3.336343922
Oficial 1ª-A3.1953436161.228
Oficial 1ª2.9673435561.205
Oficial 2ª,

Aux. Admtvo.

2.8573434911.167
Oficial 3ª2.7563434321.135
Peón Esp.2.7153433761.078

ANEXO II

Táboa de antigüidade para o ano 1998

2

anos

4

anos

9

anos

14

anos

19

anos

24

anos

31

anos

Porcentaxe4%8%15%22%29%36%43%
Base mensual2.7225.44310.20614.96919.73224.49429.257
Base diaria91181340499658816975

Salario mínimo interprofesional para o ano 1998: 68.040 ptas.

5149