Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Autobuses de Pontevedra, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Autobuses de Pontevedra, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-5-1998, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de personal, o 23-4-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Autobuses de Pontevedra, S.A.

Artigo 1º.-Determinación das partes que o concertan.

O presente convenio colectivo é subscrito polo conselleiro delegado en representación da parte económica e polo delegado de persoal, en presencia dos señores que se expresan na acta única, como referendo a este, pola representación da parte social.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a todo o persoal pertencente actualmente ó cadro de persoal da empresa Autobuses de Pontevedra, S.A, así como a aquel que ingrese durante a vixencia deste, a non ser que o faga cun contrato específico.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor a partir da data da súa publicación no BOP, terá unha duración de dous anos e entenderase prorrogado de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes con tres meses de antelación, como mínimo, á data do seu

remate ou prórrogas. Para tódolos efectos comezará a rexer a partir do día 1 de abril de 1998.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

As presentes normas obrigan a totalidade do persoal ocupado pola empresa, tanto se realiza función técnica coma manual.

Artigo 5º.-Compensacións.

As condicións pactadas son compensables, na súa totalidade, coas que viñesen rexendo por mellora pactada ou voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 6º.-Absorcións.

As melloras que, por disposición legal ou regulamentaria, poidan establecerse no futuro, serán absorbibles polos aumentos acordados no presente convenio, sempre e cando non superen os beneficios que se conceden no conxunto deste.

Artigo 7º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter de cómputo anual, excedan destas normas, mencionadas estrictamente ad personam. Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas, consideradas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar implantadas pola empresa, que significasen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 8º.-Soldos e salarios.

Os soldos e salarios que lle corresponden ó persoal afectado polo presente convenio e para o primeiro ano de vixencia, son os que figuran na táboa salarial anexa, máis antigüidade no caso que corresponda. Para o segundo ano de vixencia incrementarase a dita táboa e tamén os conceptos económicos co % de aumento do índice do custo da vida a nivel nacional que se produza no ano natural de 1998.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de 30 días, e serán calculadas sobre a táboa salarial, máis antigüidade, se é o caso; denominaranse 25 de xullo, Nadal e beneficios, e faranse efectivas antes do 22 de xullo, 20 de decembro e 15 de marzo.

Artigo 10º.-Vacacións.

Todo o persoal ó servicio da empresa desfrutará un período anual de vacacións remuneradas co salario base máis antigüidade, se é o caso, de 30 días naturais. De común acordo entre a empresa e o traballador, poderán establecerse os 30 días todos xuntos ou ben en etapas distintas.

Artigo 11º.-Pluses nocturnos.

O persoal que traballe entre as 22 e as 6 horas percibirá un suplemento por traballo nocturno equivalente ó 25% do soldo ou salario base sinalado na súa categoría profesional na táboa de salarios deste convenio.

Este suplemento recibirao mesmo aquel que, por razón de quenda de traballo, efectúe a súa xornada dentro destes límites, pero será preciso que, polo menos, traballen catro horas dentro do período considerado.

Exclúese do cobro do expresado suplemento o persoal que realice a súa función durante a noite e que fose contratado para tal fin.

Artigo 12º.-Plus de conductor-perceptor.

O conductor-perceptor, cando desempeñe asemade as funcións de conductor e de cobrador, percibirá, ademais da remuneración de conductor, un suplemento salarial do 20% do seu salario base por tódalas horas nas que realice ámbalas funcións.

Artigo 13º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo ordinaria axustarase ó que determina o Estatuto dos traballadores e Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro.

Artigo 14º.-Descanso semanal.

Se, por necesidades do servicio, o traballador non puidese desfrutar do descanso semanal obrigatorio no día que lle corresponda, deberá comunicarllo á empresa con 40 horas de antelación, sempre que sexa posible, e desfrutará, en todo caso, do dito descanso dentro dos 14 días seguintes, ou ben o cobrará cunha recarga do 75%, consonte o salario fixado na táboa salarial anexa, máis antigüidade se é o caso.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias estructurais.

Considéranse horas extraordinarias as que excedan das 40 en cómputo semanal, de traballo efectivo, salvo as semanas nas que haxa algún festivo non recuperable, que se descontará do dito cómputosemanal, segundo sexa quenda partida ou continua respectivamente. As ditas horas serán aboadas coa recarga do 75% e consonte a táboa anexa de salarios, ou ben compensadas mediante descansos adicionais.

Artigo 16º.-Licencias.

En caso de matrimonio, serán de 15 días naturais, e aboaranse co salario do convenio.

Artigo 17º.-Permisos.

A empresa concederalle permisos ó seu persoal, con xustificación, de 2 a 6 días, unha vez ó ano, para atender asuntos que non admitan demora. De 3 a 6 días (estes retribuídos) que se determinarán segundo a distancia, en caso de morte do cónxuxe, pais, fillos ou parto da esposa.

Artigo 18º.-Demisión ou cesamento.

Todo empregado terá dereito a demitir do seu cargo.

Para iso, o persoal comunicaralle por escrito á dirección da empresa cunha antelación mínima de 15 días a data na que deixará de presta-los seus servicios.

O abandono do posto de traballo, sen que transcorrese o prazo sinalado será penalizado cunha san

ción económica, equivalente ó salario que lle corresponde e polos días que falten desde o abandono do servicio ou traballo ata a data na que, cumprido o trámite de aviso, lle correspondese o cesamento.

Artigo 19º.-Excedencias.

Haberá que aterse ó establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 20º.-Uniformes.

Cumprirán a empresa e os traballadores todo canto se refire á uniformidade na empresa.

Artigo 21º.-Enfermidade e accidentes.

Axustarase ó establecido nas disposicións vixentes na materia.

Artigo 22º.-Relevos.

Os relevos do mediodía faranse entre as 14.10 e as 15 horas sempre que as condicións de traballo, en canto á súa xornada, se manteñan por entenderse que, de se faceren máis tarde, a empresa tería que aboa-la axuda de custo do mediodía.

Artigo 23º.-Quebranto de moeda e entrega de billetes e recadación.

Ós conductores-cobradores aboaráselles unha cantidade fixa de 198 ptas. por día de traballo, en concepto de quebranto de moeda e entrega de billetes e recadación.

A empresa habilitará, para facilita-la entrega diaria das recadacións, un sistema de entrega destas, de tal maneira que se poidan face-las ditas entregas fóra das horas de oficina. Entenderase por entrega diaria a entrega da recadación efectuada o día anterior ou ben cando, por festivos ou descanso do que a recada, a entrega da do día anterior ó festivo ou días de descanso.

Artigo 24º.-Retirada do permiso de conducir.

No caso de que a un conductor lle sexa retirado o permiso de conducir por algunha causa no servicio da empresa e conducindo un vehículo desta, esta terá a obriga de acoplalo a outro posto de traballo o máis parecido ó seu, como máximo dúas veces ó ano, e as dúas veces non sumarán máis de seis veces tamén ó ano.

O acordado no presente artigo non será de aplicación cando a causa proveña da superación do límite permitido de impregnación alcohólica, comprobado pola autoridade competente.

Artigo 25º.-Dereitos sindicais.

Haberá que aterse ó que determine o Estatuto dos traballadores.

Artigo 26º.-Seguro de vida.

A empresa contratará, totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo a favor dos seus traballadores, de 2.600.000 pesetas por cada un de forma que, no caso de falecemento por accidente laboral ó servicio da empresa, a citada cantidade será cobrada polos seus herdeiros legais.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materia de Seguridade Social, senón un complemento desta.

Artigo 27º.-Antigüidade.

Consistirá nas seguintes porcentaxes de aumento a partir do mes seguinte ó cumprimento de antigüidade na empresa, para os traballadores fixos do cadro de persoal no momento do asinamento deste convenio de: 2 anos, o 5%; 5 anos, o 10%; 9 anos, o 20%; 15 anos, o 30%; 19 anos, o 40%; 24 anos, o 50% e, como último aumento, ós 29 anos, o 60%.

Artigo 28º

En todo o que non estea previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixentes en cada momento.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio, a comisión paritaria estará formada por dous representantes da empresa e dous membros desta de entre os que tomaron parte na comisión negociadora.

Convenio colectivo de Autobuses de Pontevedra, S.A.

Táboa de salarios

Desde 1-4-1998 ó 31-3-1999

Xefe de servicios146.887 ptas./mes

Inspector 3.158 ptas./día.

Conductor-perceptor 3.059 ptas./día.

Conductor 3.039 ptas./día.

Oficial mecánico de primeira 3.158 ptas.7día.

Oficial mecánico de segunda 2.989 ptas./día.

Oficial mecánico de terceira 2.868 ptas./día.

Peón 2.541 ptas./día.

Quebranto de moeda e entrega de billetes e recadación: 198 ptas./día traballo.

Pontevedra, 1 de abril de 1998.

5698