Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.964

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 176/1998, do 11 de xuño, polo que se declara a delimitación do contorno de protección da igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, sita no concello de Palas de Rei, provincia de Lugo.

A Gaceta de Madrid do 4 de xuño de 1931, publicaba un Decreto do 3 de xuño polo que se declaraba monumento histórico artístico a igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei, provincia de Lugo.

Desde a mentada declaración anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

Con data do 18 de febreiro de 1998 publicouse unha Resolución do 19 de xaneiro, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do seu contorno.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 8 de novembro), e demais disposicións concordantes.

Por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do

Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xuño de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno da igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei, provincia de Lugo (artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia).

Segundo.-A zona da delimitación é a comprendida no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Comeza a liña no punto 1 situado no eixe da estrada que comunica o Ferradal con Vilar de Donas, tamén chamado Camiño Real de Vilar de Donas a Lestedo.

Continúa polo eixe deste camiño en dirección a Ferradal ata o punto 2, no vértice sur da parcela 220a, e desde aquí desvíase cara ó norte polo camiño que bordea as parcelas 220a e 220c e chega ó punto 3 onde empalma co camiño das Corredoiras, entre as parcelas 159a e 164a.

A partir do punto 3 coincide co eixe do devandito camiño das Corredoiras ata o punto 4, en dirección leste, onde conflúen os lindes do camiño e das parcelas 151 y 167.

Desde o punto 4 a liña coincide co linde que separa a parcela 167 das parcelas 151, 150, 149 e 148 ata o punto 5 onde converxe o camiño do Agro.

Desde este punto 5 a liña percorre a estrema leste da parcela 145 debuxando o seu contorno ata coincidir no eixe do camiño da Cima dos Nabais, onde está situado o punto 6.

A partir deste punto a liña segue o devandito camiño ata o punto 7 onde converxe co camiño do Muíño e o camiño de Santo Antonio.

A partir do punto 7 a liña coincide co eixe do camiño de Santo Antonio ata o punto 1, en dirección oeste, onde se pecha a delimitación.

5015