Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.963

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 175/1998, do 11 de xuño, polo que se declara a delimitación do contorno de protección da igrexa de San Martiño de Mondoñedo, sita no concello de Foz, provincia de Lugo.

A Gaceta de Madrid do 4 de xuño de 1931, publicaba un Decreto do 3 de xuño polo que se declaraba monumento histórico artístico a igrexa de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz, provincia de Lugo.

Desde a mentada declaración anterior a entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

Con data do 18 de febreiro de 1998 publicouse unha Resolución do 19 de xaneiro, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do seu contorno.

A tramitación do expediente levouse á cabo de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 8 de novembro), e demais disposicións concordantes.

Por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia do día once de xuño de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno da igrexa de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz, provincia de Lugo (artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia).

Segundo.-A zona da delimitación é a comprendida no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Comeza a delimitación no punto 1, no cruzamento das pistas onde converxen as parcelas 1192, 1196, 1257 e 1284. Avanza a liña en dirección NO coincidindo co regato que delimita as parcelas 1253, 1252, 1251, 1249 e 1248 ata o vértice norte desta última parcela, onde se atopa o punto 2.

Continúa polo lindeiro que separa as parcelas 1248 e 1247, cruza a pista e segue polo lindeiro das parcelas 1236 e 1237 para, en liña recta, atravesa-la parcela 1229 e chegar ó camiño que bordea o lugar de Marcos e que constitúe o límite do polígono da concentración parcelaria, punto 3.

Segue por esta camiño en dirección ó lugar de Calvario ata chegar á estrada asfaltada que une Calvario con San Martiño, punto 4.

Cruza a estrada e continúa polo lindeiro que separa as parcelas 1224 e 1225, bordea a parcela 1224 e, seguindo os lindeiros das parcelas 1219 e 1220 chega á estrada de Ferreiros a Foz, punto 5.

Avanza por esta estrada en dirección leste uns 75 m e xira en dirección sur entre as parcelas 1122 e 1121 para saír ó camiño que delimita o polígono da concentración parcelaria, no lindeiro sur da parcela 1120, punto 6.

Continúa por este camiño-lindeiro en dirección oeste, incluíndo o lugar dos Muíños ata chegar ó vértice sur da parcela 1138, no cruzamento co camiño que conduce ó lugar de Peal, punto 7.

Desde o punto 7 a liña avanza polo dito camiño, cruza a estrada de Ferreiros a Foz e, pola pista parcelaria, chega ó punto 1 onde se pecha a delimitación.

5659