Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Viguesa de Transportes, S.A. (Vitrasa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Viguesa de Transportes, S.A. (Vitrasa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 12-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Texto do convenio

O convenio colectivo da empresa Viguesa de Transportes, S.A. (Vitrasa) concértase entre as represen

tacións da dirección dela e o comité de empresa, co seguinte articulado:

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación e temporal.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores da empresa Viguesa de Transportes, S.A. (Vitrasa), así como aqueles que entren ó servicio dela durante a súa vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e terá unha duración ata o 31-12-2000. Os conceptos económicos terán efecto desde o día 1-1-1998. Exceptuaranse aquelas materias nas que se fixe expresamente a súa data de efectividade.

Artigo 2º.-Prórroga.

De non mediar denuncia por calquera das partes cos requisitos expresados no artigo seguinte, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano a partir do 1-1-2001 nos seus propios termos.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia do convenio poderá ser efectuada por calquera das partes, debendo formularse cunha antelación mínima de dous meses ó remate da súa vixencia ou de calquera das prórrogas en forma escrita, con entrega da denuncia á outra parte e remitíndolle copia á autoridade laboral.

Denunciado o convenio e vencido o termo da súa vixencia, seguirá aplicándose este ata que non se logre acordo expreso, de conformidade co estipulado na Lei do Estatuto dos traballadores.

As partes comprométense a constituí-la mesa negociadora no mes de xaneiro.

Artigo 4º.-Comisión mixta.

Establécese unha comisión mixta de interpretación do convenio constituída por catro vocais designados pola dirección da empresa e outros catro vocais que nomeará o comité de empresa de entre os seus membros. A comisión terá un presidente e un secretario que designarán as partes de mutuo acordo. A comisión poderá contar coa asesoría de ata tres asesores por parte.

A comisión mixta reunirase, sempre que calquera das partes o estime oportuno, nun prazo máximo de sete días.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

Para os efectos de aplicación do presente convenio este constitúe un todo orgánico e indivisible polo que non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias das súas normas desbotando o resto, senón que sempre terá que ser aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente.

De igual maneira, queda ben entendido que tampouco será admisible ningunha reclamación por ningún concepto que non sexa dos comprendidos especificamente no presente convenio.

Artigo 6º.-Compensación e absorbilidade.

As melloras económicas establecidas no presente convenio serán compensables, na súa totalidade, coas que anteriormente viñeran rexendo por imperativo legal, xurisprudencial, contencioso, pacto de calquera clase, contrato individual ou por calquera outra causa.

As melloras pactadas neste convenio serán absorbidas polos aumentos de retribución que poidan establecer futuras disposicións legais, polo que aqueles soamente terán eficacia práctica se, globalmente considerados en cómputo anual, superan o nivel total retributivo deste convenio.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó presente convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas cás que aquí se establecen, deberá conservalas.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais, equivalente a 1.826 horas e 27 minutos anuais, en cómputo de 28 días.

O servicio prestarase en réxime de xornada continuada e xornada partida. A xornada continuada finalizará e comezará ás 14 horas. A xornada partida distribuirase, como máximo, en dous períodos cun descanso mínimo de dúas horas comprendido entre as 12 horas e as 16 horas.

Entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán, como mínimo, doce horas.

A empresa garántelle ó persoal unha xornada mínima de seis horas diarias. Para os días de descanso traballados fíxase unha xornada mínima de catro horas.

O persoal de movemento desfrutará de oito descansos cada trinta días, repartidos en grupos de ata catro días consecutivos como máximo, desfrutando como mínimo de dous domingos ó mes. A distribución dos descansos efectuarase dunha forma equitativa entre todo o persoal de conducción, tomando como mínimo e máximo, catro e sete días entre descanso e descanso.

O cadro de descansos do persoal de movemento estará exposto con tres meses de antelación e o cadro de servicios estará exposto como mínimo con tres días de antelación, sen prexuízo das súas correccións posteriores, motivadas por causas imprevisibles.

O conductor-perceptor que traballe un día festivo ou un día de descanso percibirá ademais dos correspondentes pluses por día trabajado, un plus do seguinte importe:

Servicio A: 4.500 só para descansos.

Servicio B: 5.625 só para descansos.

Servicio C: 6.750.

Servicio D: 7.875.

Servicio E: 9.000.

Servicio F: 10.125.

Servicio G: 11.250.

O conductor-perceptor ó que lle coincida o festivo no seu día de descanso semanal percibirá, sempre e cando non se lle compense tal día con outro de descanso, un plus de 6.750 ptas.

O persoal de movemento terá a súa entrada nas mañás de domingos e festivos media hora antes do servicio.

Para o persoal de taller a xornada semanal será de 40 horas, realizándose esta de forma continuada, en tres quendas, integradas polo persoal das distintas categorías necesario para a prestación racional e homoxénea do servicio.

As quendas do persoal de taller serán as seguintes:

Mañá: das 7 ás 15 horas; tarde: das 14 ás 22 horas; noite: das 22 ás 6 horas.

O persoal de taller das quendas de mañá e tarde desfrutará de descanso os sábados e domingos, aínda que durante os ditos días traballará, como ata a data, o persoal necesario para a prestación de servicios de urxencia.

O personal que realice traballo nocturno desfrutará de dous días de descanso á semana, sen prexuízo dos pactos que, sobre tal extremo, conveña o dito persoal coa dirección da empresa, debendo coincidir dous descansos en domingo.

En administración a xornada semanal será de 40 horas, prestadas en xornada partida e cunha quenda rotativa entre todo o persoal para cubri-las mañás dos sábados, respectándose a título persoal o horario en xornada continuada que se realiza na actualidade e con descanso os sábados e domingos.

Artigo 9º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de 30 días naturais; a data do seu comezo non poderá coincidir con día festivo nin outro que corresponda a un día de descanso sinalado para o traballador. O seu importe fixarase en función do salario base convenio, a antigüidade que corresponda e un plus cunha contía que se indica nas táboas anexas.

O calendario para o desfrute das vacacións será confeccionado na forma que determina o vixente Estatuto dos traballadores, e darase a coñecer con tres meses de anticipación ó comezo delas, procurándose establece-la oportuna rotación para evitar que o dito desfrute lles corresponda ós mesmos traballadores en iguais datas.

O personal de administración e taller desfrutarán, preferentemente, as súas vacacións durante os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro.

O persoal desfrutará dunha bolsa de vacacións na contía determinada na táboa anexa relativa ó dito extremo.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

Sobre esta materia observarase o disposto no vixente Estatuto dos traballadores coas seguintes excepcións:

a) Os días de licencia serán retribuídos a razón do salario base do convenio, a antigüidade que correspondese e un plus cunha contía que coincida coa do plus de convenio.

b) En caso de matrimonio, o traballador terá dereito ó desfrute de quince días polo dito concepto.

c) Para atender asuntos propios que non admitan demora, o traballador terá dereito -durante un ano -a licencia dun a seis días, podéndose esixi-la oportuna xustificación das causas alegadas.

d) En caso de falecemento do cónxuxe ou parella de feito, descendentes, ascendentes, irmáns e tíos consanguíneos, o traballador desfrutará de licencias de dous a sete días que se determinarán segundo a distancia e circunstancias que concorran no caso.

e) No suposto de falecemento de ascendentes, irmáns e tíos afíns, o traballador desfrutará de licencias de dous a catro días, cunha duración que tamén se determinará en consideración á distancia e circunstancias concorrentes.

f) En caso de parto da muller ou parella de feito, enfermidade grave do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou descendentes e consanguíneos, a licencia será de tres a sete días, tamén fixadas atendendo á distancia e circunstancias concorrentes.

Artigo 11º.-Retribucións.

Para o ano 1998, as retribucións do persoal afectado por este convenio serán as que constan nas táboas anexas; para o año 1999 e 2000 incrementaranse cun 2,25% cada ano. Se o IPC real superase o 1,50 será revisado na mesma contía.

A empresa comprométese a que o diñeiro das nóminas de tódolos traballadores sexa ingresado nas entidades bancarias con tempo suficiente para que os traballadores poidan dispoñer del o primeiro día hábil de cada mes.

Artigo 12º.-Plus convenio.

Mantense o plus convenio, o cal se seguirá percibindo por día traballado e considerado como complemento salarial, non computable para efectos de antigüidade, pagas extraordinarias, participación en beneficios, horas extraordinarias, nin calquera outro concepto.

Artigo 13º.-Antigüidade.

A partir da entrada en vigor do presente convenio os aumentos periódicos por antigüidade consistirán en dous bienios e cinco quinquenios. O valor de cada bienio e de cada quinquenio das distintas categorías profesionais é o que se consigna nas táboas anexas.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias estructurais.

Serán consideradas horas extraordinarias estructurais as que excedan da xornada laboral establecida, serán aboadas conforme as táboas adxuntas e en consideración á especial actividade da empresa, concesionaria dun servicio público, cunha forma de prestación que lle corresponde determinar á entidade competente, terán carácter de horas estructurais para os efectos do previsto no Real decreto 92/1983 e a OM do 1-3-1983, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, sobre cotización adicional de horas extraordinarias estructurais.

En cualquera suposto, o persoal está obrigado á realización das horas que marque o servicio asignado.

Artigo 15º.-Horas de presencia.

Consideraranse como tal as realizadas por razóns de espera, expectativas, servicios de garda, viaxes sen servicio, avarías, comidas en ruta e outras similares nas que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se ache á disposición da empresa, así como calquera outra da mesma natureza que aconsellan a práctica do servicio e especificadas de común acordo entre a dirección e o comité de empresa e aboaranse de acordo coas táboas adxuntas.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal da empresa terá dereito ás gratificacións extraordinarias de marzo, xullo e Nadal na contía que para cada unha delas se fija no anexo que se xunta ó presente convenio. As ditas gratificacións faranse efectivas os días dezaoito dos meses de marzo, xullo e decembro ó que corresponda o devengo.

Artigo 17º.-Plus de transporte.

Corresponderalle a cada productor da empresa un plus de transporte que se percibirá por día efectivo de traballo e cun importe para o ano 1998 que se fixa en 600 ptas.

Artigo 18º.-Quebranto e desgaste de ferramenta.

O persoal de movemento e administración percibirá, por quebranto de moeda, as cantidades que por cada categoría profesional e por día de traballo se expresan nas táboas adxuntas.

O persoal de taller percibirá, por desgaste de ferramentas, as cantidades que, polo dito concepto e día de traballo, se sinalan no anexo correspondente ás táboas salariais.

Artigo 19º.-Plus de toxicidade.

O traballador que efectúe traballos que requiran emprego de substancias tóxicas percibirá por este concepto un plus do 15% sobre o salario base que o convenio lle asigne á súa categoría.

Artigo 20º.-Uniforme e roupa de traballo.

As roupas de uniformidade ou de traballo das que será dotado o persoal da empresa serán as que, para cada grupo profesional, se indican a continuación:

Inspectores: anualmente serán dotados dun uniforme composto por unha chaqueta e dous pantalóns, dúas camisas de manga longa e unha de manga curta e un xersei ou roupa similar. Cada catro anos será dotado dunha peza de roupa de inverno (gabardina ou similar).

Conductores: no mes de maio de 1998 e 2000 dotarase o persoal dun uniforme de verán composto por dous pantalóns, dúas camisas de manga curta e unha chaqueta curta de la ou similar. No mes de outubro dos mesmos anos serán dotados de dúas camisas de manga longa e un xersei. Dotaranse cada catro anos cunha peza de roupa de abrigo.

Para o ano 1999 no mes de maio daranse dúas camisas de manga curta e unha chaqueta curta de la. No mes de outubro dotarase co uniforme de inverno: dous pantalóns, dúas camisas de manga longa, un xersei e unha chaqueta.

Taller: será dotado tódolos anos de tres fundas, un pantalón e unha camiseta de verán e dous pares de botas.

Artigo 21º.-Retirada do carné de conducir.

No caso de que se produza a retirada temporal do carné de conducir a un traballador da empresa que o necesite para o desempeño da actividade que teña asignada, sempre que a dita retirada non sexa por causa de embriaguez ou inxestión de droga, o traballador será destinado a outro posto de traballo, percibindo a retribución da súa categoría coa excepción do quebranto de moeda, ata que lle sexa reintegrado o dito carné.

Artigo 22º.-Seguro colectivo.

Dentro da vixencia deste convenio establécese un seguro colectivo, que inclúe a tódolos traballadores da empresa.

As contías que este seguro colectivo recolle son:

Por morte natural: 3.000.000 de ptas.

Por invalidez profesional: 3.000.000 de ptas.

Por morte en accidente: 6.000.000 de ptas.

Por morte en accidente circulación: 9.000.000 de ptas.

A prima resultante do citado seguro será pagada, nas súas tres cuartas partes, pola empresa, satis

facendo os traballadores a cuarta parte restante por mes e traballador; estas cantidades son revisadas anualmente.

A cota correspondente a cada traballador descontaráselle mensualmente da súa nómina.

Artigo 23º.-Enfermidade a accidentes.

En caso de enfermidade común ou accidente laboral con hospitalización do traballador, a empresa, sempre que non se supere o 5,25% de absentismo, complementaralle ó traballador a diferencia ata o 100% da base reguladora respectiva, ata un máximo de seis meses e durante o período de convalecencia posterior á dita hospitalización ata un máximo de trinta días, logo de informe do médico de empresa.

Artigo 24º.-Promoción interna e formación.

A empresa comprométese a cubrir, na medida do posible, as vacantes que se produzan no seu seo mediante a promoción interna, para o cal se celebrarán as convocatorias oportunas, nas que se terá en conta, entre outros factores, a asistencia e aproveitamento dos cursos de formación que se imparten cada ano.

Artigo 25º.-Período de proba.

Establécese para os contratos de traballo un período de proba de seis meses para os técnicos titulados e de tres meses para os demais traballadores.

Artigo 26º.-Excedencias.

Excedencia voluntaria:

Poderá solicitala todo traballador que conte cun ano de antigüidade na empresa.

O prazo mínimo para as excedencias será de dous anos e o máximo de cinco anos. Se o excedente, un mes antes de remata-lo prazo para o que se concedeu a excedencia, non solicitase o seu reingreso na empresa causará baixa definitiva nela.

O traballador excedente conserva un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

O tempo transcorrido nesta situación non se computará para ningún efecto.

Excedencia forzosa:

Dará lugar á situación de excedencia forzosa e concederase nos seguintes casos:

1. Nomeamento por designación ou elección para cargo público ou sindical de ámbito provincial ou superior que imposibilite a asistencia ó traballo mentres dure o exercicio do seu cargo representativo. Dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade durante a súa vixencia. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó do cesamento no cargo público ou sindical.

2. Para atender ó coidado de cada fillo, terá dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, contados desde a data de nacemento deste.

Artigo 27º.-Comité de empresa.

O comité de empresa terá tódalas atribucións que lle confire a lexislación vixente na materia e para o seu desempeño facúltase para se reunir tres veces ó mes, nas datas que libremente acorde, procurando que con tal motivo se produza a menor perturbación do servicio e logo de aviso de corenta e oito horas, polo menos, de antelación.

Para os efectos previstos no artigo 71.1º do Estatuo dos traballadores establécese un colexio electoral integrado polo persoal de taller, o cal formará o censo de electores e elixibles correspondentes a este terceiro colexio para a elección de comité de empresa.

Os días de reunión do comité de empresa, se coincide con descanso dalgún dos seus membros, será aboado este día como día traballado.

O comité de empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto dos traballadores na empresa para a defensa dos seus intereses.

1. O comité terá as seguintes competencias:

1.1. Recibir información que lle será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

1.2. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que se lles dean a coñecer ós socios, e nas mesmas condicións ca a estes.

1.3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquela.

b) Reduccións da xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional da empresa.

d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

e) Estudio de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

1.4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte ó volume de emprego.

1.5. Coñece-los modelos de contrato de traballo escritos que se utilicen na empresa, así como os documentos relativos ó remate da relación laboral.

1.6. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

1.7. Coñecer trimestralmente, polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, os estudios periódicos ou especiais do medio ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilicen.

1.8. Exercer un labor:

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes na materia laboral, de seguridade social e emprego, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante o empresario e os organismos e tribunais competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

1.9. Participar, como se determine por convenio colectivo, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.10. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado no convenio colectivo.

1.11 Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións sinalados neste número un en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

2. Os informes que deba emiti-lo comité, a teor das competencias recoñecidas nos apartados 1.3 e 1.4 do nº 1 anterior, deben elaborarse no prazo de quince días.

Artigo 28º.-Capacidade e sixilo profesional.

1. Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

2. Os membros do comité de empresa e este, no conxunto do cal observarán sixilo profesional en todo o referente ós números 1, 2, 3 e 4 do parágrafo 1º do artigo anterior, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa, e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito

daquela e para distintos fins dos que motivaron a súa entrega.

Artigo 29º.-Presentación de liquidacións.

Os conductores-perceptores, como tamén os cobradores ou calquera outra persoa que realice esta ou similar función, están obrigados a entregar diariamente a liquidación da recadación realizada, durante o mesmo día ó remate do servicio, tolerándose que esta quede depositada no departamento correspondente antes das oito horas do día seguinte.

No suposto de lle coincidir descanso ó trabajador, a recadación poderá ser entregada no momento da súa reincorporación ó posto de traballo.

As recadacións serán entregadas conxuntamente coa folla de liquidación totalmente cuberta.

O incumprimento destas obrigas considerarase como falta grave.

Cada quince días a empresa terá á disposición do comité de empresa a relación do cumprimento desta obriga con faltas e sobras con comunicación ó comité das propostas de sanción que procedan.

Así mesmo, procederase ó estudio para a posible instalación dunha máquina receptora da recadación diaria.

Artigo 30º.-Contraprestacións.

Como contraprestacións ás melloras pactadas neste convenio, os traballadores da empresa obríganse á estricta observancia das súas instruccións para a prestación do servicio, cumprimento de horarios, coidado do material, puntualidade, prevención de accidentes, entrega da recadación diaria da forma disposta, trato correcto ós usuarios, asistencia ós cursos de formación, etc.

Así mesmo, comprométense a colaborar coa empresa para a reducción do absentismo e a eliminación do intrusismo no transporte urbano.

A dirección adecuará, na medida do posible, os tempos de percorrido das liñas á realidade do tráfico tendo en conta a coordinación entre liñas e a necesaria flexibilidade para que quede tempo de parada nas cabeceiras.

Artigo 31º.-Anticipos.

Calquera traballador poderá solicitar anticipos cunha contía, forma e prazo para o reintegro que serán convidos entre o interesado e a dirección.

Non se poderá solicitar un novo anticipo existindo calquera saldo pendente do último anticipo recibido.

Artigo 32º.-Primas de xubilación.

En todo caso, a xubilación será obrigatoria ós 65 anos. Os traballadores que durante a vixencia do presente convenio se xubilen anticipadamente recibirán, ademais da liquidación correspondente, unha

prima en función da antigüidade na empresa ata as seguintes cantidades:

Idade de xubilación Prima

60 anos1.800.000 pesetas

61 anos1.400.000 pesetas

62 anos1.000.000 pesetas

63 anos 650.000 pesetas

64 anos 330.000 pesetas.

Artigo 33º.-Aplicación preferente do convenio.

Tendo en conta que as retribucións pactadas neste convenio, integradas polo salario base, máis os restantes complementos e conceptos con repercusión económica, son de superior contía - en cómputo anual - ás establecidas polas disposicións laborais vixentes, o convenio prevalecerá, para tódolos efectos e en materia retributiva sobre as indicadas retribucións.

Artigo 34º.-Réxime de traballo.

En canto ó réxime de traballo respecto da xornada, horario, festividades, vacacións e prestacións extraordinarias, observarase o disposto nas normas legais que regulan as atencións de tales servicios públicos, coa plena responsabilidade de todo o persoal da empresa, e coa dedicación e entrega que os servicios públicos esixen.

Artigo 35º.-Absentismo.

O comité de empresa comprométese a poñer tódolos medios necesarios para consegui-la diminución do absentismo para un maior aproveitamento do persoal, fixándose para a duración deste convenio un índice non superior ó 5,25% do cadro de persoal en cómputo anual.

En función da evolución do índice anual acumulado de absentismo para os anos 1998, 1999, 2000 a empresa aboaralles o día 18 de febreiro de 1999, 2000, e 2001 a tódolos traballadores unha prima por reducción do absentismo, fixada en tanto por cento da retribución base composta polo soldo base e a antigüidade, segundo a escala seguinte:

Absentismo Prima reducción absentismo

Menos de 5,25% ata 4,50%0,30%

Menos de 4,50% ata 4,00%0,60%

Menos de 4,00% ata 3,50%0,90%

Menos de 3,50% ata 3,00%1,20%

Menos de 3,00%1,50%

Artigo 36º.-Fondo de socorro.

A empresa achegará mensualmente ó fondo a cantidade de 75.000 pts., a achega do traballador será de 1.300.- pts. mensuais.

Os traballadores en situación de IT percibirán do fondo a partir do décimo primeiro día de baixa as cantidades correspondentes ó antigo plus de viaxes. No suposto de que a situación de IT superase os

dez días, percibirá o dito plus de viaxes desde o primeiro día da baixa.

As cantidades estipuladas no parágrafo anterior serán aboadas mensualmente pola empresa ó Fondo de Socorro se a media anual de absentismo laboral é inferior ó 5,25%; no caso de ser superior á men

cionada porcentaxe serán aboadas polo propio fondo.

O comité de empresa responsabilízase da xestión do fondo, así como do seguimento e control do persoal en situación de IT.

Vigo, 12 de maio de 1998.

Táboas 1998Soldo

ou salario

Plus de

convenio

Quebr.

D.C. Her.

Bolsa

Vacac.

Plus de Vacac.Horas extrasAntigüidade bienio

quinquenio

Plus de Transp.Extra de marzoExtras de xullo e Nadal

Persoal movemento

Xefe tráfico 2ª3.6441.55960041.6711.2431.232170341600129.098133.746
Inspector3.4751.50256839.6871.1841.170163324600123.018127.447
Conductor-perceptor3.2441.42060036.9581.1001.125149298600113.333117.413
Conductor3.00391832717.865584953140280600102.128105.805
Cobrador2.8778129213.91247580013526760091.05294.329

Persoal administración

Xefe sección141.5221.64260044.4621.3281.3876.26812.536600154.226159.778
Xefe negociado129.5121.56360042.1421.2471.3325.78211.564600142.735147.873
Oficial 1ª109.4421.42060036.9581.1001.1705.01310.027600124.147128.616
Oficial 2ª98.7671.14849427.8258201.1254.6099.218600110.200114.167
Auxiliar 1ª86.8459188917.8655848004.0408.08260098.755102.310
Auxiliar 2ª63.5096016713.3954366003.0306.06160074.06476.730

Persoal taller

Xefe taller141.5221.64260044.4621.3281.3876.26812.536600154.226159.778
Contramestre121.8241.55160041.3231.2351.2765.44810.896600135.726140.612
Xefe de equipo3.6451.50260039.6861.1841.170163324600123.018127.447
Oficial 1ª3.2441.42060036.9581.1001.125149298600113.333117.413
Oficial 2ª3.0641.14858527.8248201.048143285600103.620107.350
Oficial 3ª3.00391832717.865584953140280600102.128105.804
Mozo2.8778129213.91247580013526760095.99599.451

5016