Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.869

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Aguas de Cabreiroá, S.A., de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Aguas de Cabreiroá, S.A. (código nº 3200012) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polos delegados de persoal, na xuntanza celebrada o día 26-3-1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 24/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 13 de maio de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de Aguas de Cabreiroá, S.A.

Ano 1998

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio é de ámbito empresarial e de aplicación obrigatoria á empresa Aguas de Cabreiroá, S.A., con domicilio social en Verín (Ourense), dedicada á explotación e envasado de augas minerais-naturais. Igualmente afectará ás factorías, dependencias, sucursais ou delegacións que a empresa teña con persoal ó seu servicio, incluído en nómina dentro da provincia ou fóra dela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Estará afectado polo presente convenio o persoal da empresa que mencióna o artigo 1º, salvo as persoas que exerzan funcións de alta dirección e alto consello.

Así mesmo, as partes entenden que para mellora-lo precario sistema de contratación actual, a empresa contratará preferentemente traballadores procedentes do INEM, aínda que se fose imprescindible a contratación de traballadores a través de empresas de traballo temporal para labores distintos ós de

producción, o salario que se lles aplicaría a estes traballadores achegaríase o máis posible ó vixente para a mesma categoría nesta empresa, condición que se fará constar na oferta de emprego.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.

A duración deste convenio será de 1 ano, comezado os seus efectos económicos o 1 de xaneiro de 1998, e a súa vixencia se rematará o 31 de decembro de 1998.

O convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, se non fora denunciado por calquera das partes con tres meses de antelación alomenos ó remate da súa vixencia. As condicións da denuncia serán as que determine o Estatuto dos traballadores, permanecendo vixente o texto ata se asinar un novo.

Artigo 4º.-Compensacións e absorción.

Tódalas melloras que se implanten por norma xeral serán compensadas e absorbidas ata onde acaden as do presente convenio de forma individualizada e en cómputo anual.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para resolve-las dúbidas que puidesen xurdir sobre a aplicación do convenio, constitúese unha comisión mixta composta polos vocais que interviñeron na negociación e elaboración do convenio.

Artigo 6º.-Clasificación do persoal.

Complétase a ordenanza vixente coa definición das seguintes categorías:

-Técnico titulado de laboratorio: é o que, co título de facultativo oficial ,realiza as funcións de analista de control de calidade con responsabilidade, dependendo directamente da dirección da empresa.

-Laborante: é o productor experto en análises e traballos de laboratorio que, sen título facultativo, leva a cabo as funcións indicadas como auxiliar técnico titulado.

-Capataz: é o productor que ten ó seu cargo un grupo de persoas ás que dirixe e orienta na execución dos traballos dun determinado servicio.

-Peón: é o operario que executa labores nos que se require predominante esforzo físico, sen necesidade de práctica operativa ningunha. Esta categoría só poderá aplicarse ó persoal contratado por tempada para carga e descarga e non ó ingreso como fixo no cadro de persoal como operario de embotellado.

-Operario de fabricación de envases: é o operario encargado da supervisión, control e manipulación das máquinas de fabricación de envases.

Artigo 7º.-Xornadas de traballo.

Establécese unha xornada de 1.800 horas efectivas de traballo en cómputo anual, equivalente a 40 horas efectivas de traballo semanal. A xornada diaria será

de 8 horas de luns a venres. A devandita xornada será flexible e a empresa distribuirá ó longo do ano, atendendo ás necesidade de envasado é os períodos de maior demanda. Poderá establecerse xornada continuada ou partida, respectándose en todo caso os máximos legais.

No caso de realizarse xornada continuada, os traballadores terán dereito a 15 minutos para bocadillo por conta da empresa, os cales se computarán como xornada efectivamente traballada para tódolos efectos.

A empresa poderá establecer quendas de traballo cando as necesidades de organización do traballo así o aconsellen, sen que isto supoña variación ningunha na retribución do persoal afectado. Os representantes dos traballadores serán informados de calquera variación no sistema de quendas.

Calquera cambio na composición e horario das quendas deberá ser coñecida polos interesados o penúltimo día laborable da semana anterior.

As quendas na sección de extrusión serán de oito horas efectivas de luns a venres, acumulándose 15 minutos diarios en horas de vacacións, que serán desfrutadas polo persoal desta sección en forma adicional ó pactado no artigo 8, durante os meses de outubro a decembro.

Na organización das quendas teranse en conta as circunstancias persoais de cada empregado, sempre que non deterioren a organización do traballo.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal comprendido no presente convenio terá dereito a trinta días naturais de vacacións durante o ano 1998.

O salario que se percibirá durante o período de vacacións será o real estipulado no presente convenio.

As vacacións concederanse de acordo coas necesidade do persoal, aínda que a empresa reserva para si a facultade de concedelas fóra da época de campaña, comprendida entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, ámbalas dúas incluídas.

O calendario laboral, no que se inclúe o período de vacacións, será negociado entre os representantes dos traballadores e a empresa.

Para o desfrute dos 23 días fóra da tempada de verán teranse en conta que deben pasar como mínimo dúas semanas entre o desfrute dos sete días de verán e os próximos que se van desfrutar.

Para evitar que unha enfermidade a fin de ano prive a un traballador das súas vacacións, establécese que, cando o período de vacacións desfrutadas mailos días que por calquera causa estivese de baixa sexan menos de 35 días naturais, os días que lle

quedan de vacacións pendentes ó remata-lo ano, desfrutaranse no seguinte.

Artigo 9º.-Retribucións.

A retribución constará de:

-Salario base.

-Complementos salariais.

Artigo 10º.-Salario base.

O salario base será o que se especifica na táboa de salario anexa.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade consistente en trienios do 4% sobre o salario base.

Artigo 12º.-Gratificación de carencia de incentivos.

Establécese unha gratificación de carencia de incentivos como prima de productividade e asistencia.

A gratificación de carencia de incentivos consistirá na percepción por cada traballador, individualmente e por cada día laborable, das cantidades que constan na táboa de salarios do presente convenio por este concepto. A devandita gratificación, en vacacións, aboarase polos días naturais do período vacacional.

Artigo 13º.-Sistema de incentivos.

A empresa poderá establecer calquera outro sistema de incentivos á producción, non podendo ser menos en cómputo anual os establecidos no convenio como gratificación de incentivos.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirán en dúas pagas extraordinarias dunha mensualidade de salario base máis antigüidade cada unha, pagadoiras unha en xullo e outra en decembro.

Ademais, a empresa pagará, en concepto de participación de beneficios, outra mensualidade de salario base máis antigüidade, que deberá facerse efectiva no primeiro trimestre de cada ano e por anos vencidos.

A percepción de cada unha das pagas realizarase dentro dos 15 primeiros días do mes que corresponda.

Artigo 15º.-Xubilación.

Ó cesa-lo traballador na empresa por xubilación, concederáselle unha indemnización de salario base máis antigüidade en proporción ós seus anos de servicio na empresa de acordo coa seguinte escala:

-5 anos: 2 mensualidades.

-10 anos: 3 mensualidades.

-15 anos: 4 mensualidades.

-20 anos: 5 mensualidades.

-25 anos: 6 mensualidades.

-De 30 anos en diante: unha anualidade.

Artigo 16º.-Gratificación de vixilancia e garda xurado.

En concepto de perigosidade, establécese unha gratificación para os que exerzan as devanditas funcións, consistentes no 10% do salario base.

Artigo 17º.-Auxiliares administrativos.

Os auxiliares administrativos, ós tres anos de exerce-las devanditas funcións na empresa, deberán ascender automaticamente á categoría de oficiais administrativos.

Artigo 18º.-Seguro de vida e accidente.

A empresa estará obrigada a manter un seguro para todo o persoal afectado por convenio que cubra as seguintes indemnizacións:

-Morte por accidente: 1.500.000 pesetas.

-Morte por calquera outra causa: 1.000.000 de pesetas.

-Invalidez permanente absoluta e total: 1.500.000 pesetas.

Os beneficiarios deste seguro serán o cónxuxe viúvo ou, se fose o caso, os que teñan dereitos do traballador asegurado.

O prazo para concretar este seguro para o persoal de novo ingreso será de seis meses, a partir do día no que o traballador cause alta na empresa.

Artigo 19º.-Gratificación por casamento.

Tódolos traballadores cunha antigüidade de alomenos tres anos na empresa terán dereito cando casen a unha gratificación dun mes de salario base máis antigüidade.

Artigo 20º.-Xubilacións anticipadas.

Os traballadores da empresa comprométense a facilita-la xubilación anticipada ós 60 anos, acolléndose ós convenios e normativas que poidan establecerse co réxime da Seguridade Social.

A empresa permitirá a xubilación anticipada da seguinte maneira:

A xubilación ós 61 anos: 4 mensualidades.

A xubilación ós 62 anos: 3 mensualidades.

A xubilación ós 63 anos: 2 mensualidades.

A xubilación ós 64 anos: 1 mensualidade.

Artigo 21º.-Salario anual.

En función do establecido no artigo 26.5º do Estatuto dos traballadores, establécese un salario anual para a categoría de peón en función das 1.800 horas anuais de 1.304.860 ptas., sen consta-la antigüidade.

Para os efectos do presente convenio, entenderase por mensualidade a doceava parte da anualidade.

Artigo 22º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a solicitar licencia retribuída de tres días por fale

cemento de pais, cónxuxe, fillos ou irmáns, segundo establece o artigo 37 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e o seu correspondente na ordenanza laboral.

O persoal afectado neste convenio terá dereito a solicitar licencia retribuída dun día por falecemento de familiares de segundo grao e sobriños.

Igualmente terá dereito a solicitar licencia retribuída dun día no caso de voda dun fillo, cando esta sexa en día laborable ou sexa nun lugar noutra provincia distinta a de Ourense.

Igualmente poderá asistir á consulta da Seguridade Social en Verín (mesmo para acompañar fillos menores de 12 anos), e queda obrigado a entregar xustificante emitido polo médico, en calquera caso.

Artigo 23º.-Excedencia.

Todo o persoal afectado por este convenio ten dereito á excedencia de acordo coas normas establecidas no Estatuto dos traballadores.

Artigo 24º.-Vestiario.

A empresa subministraralles ós traballadores dous equipos de traballo ó ano.

É obriga dos empregados coida-los equipos de traballo e preocuparse da súa limpeza e correcto uso.

Artigo 25º.-Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores/as afiliados/as das centrais ou dos sindicatos, a empresa descontará nas nóminas mensuais dos traballadores/as o importe das cotas sindicais correspondentes. O traballador/a interesado/a en tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato ó que pertence, a contía da cota, así como o número da conta á que deberá ser transferida a correspondente cantidade.

Artigo 26º.-Accidente laboral.

No caso de accidente laboral ou enfermidade profesional, a retribución será do 100% do salario, que se contabilizará desde a consideración como baixa por accidente laboral ou enfermidade profesional.

No caso de baixa por enfermidade, o traballador percibirá o 100% do salario a partir do 30º día de baixa. Os accidentes non laborais levarán a prestación económica que en cada momento estableza a lexislación vixente.

Artigo 27º.-Lexislación complementaria.

En tanto non se estableza unha lei que regule as relacións laborais, as partes acóllense ó que determinan: o Estatuto dos traballadores, a Lei de liberdade sindical e a ordenanza laboral do sector.

Artigo 28º.-Contratos de formación.

En caso de que se realicen contratos de formación, o salario para estes traballadores será igual ó salario do axudante de embotellado.

Poderánselles facer a traballadores con idades comprendidas entre os 16 e 21 anos, por un mínimo de 6 meses e un máximo de 24 meses.

Artigo 29º.-Contrato en prácticas.

Tódolos contratos en prácticas, conforme establece a lexislación vixente, faranse por un mínimo de 6 meses e un máximo de 24. O salario que se lles abonará ós traballadores será de 85% o primeiro ano e do 95% o segundo, da categoría para a que se contratan.

Artigo 30º.-Compromiso de contratación indefinida.

Todo traballador que leve na empresa 12 meses ininterrompidos de contrato pasará a ser indefinido.

Artigo 31º.-Cláusula de revisión salarial.

Se o IPC o 31-12-1998, respecto do 31-12-1997 supera a previsión de inflación do 2.1%, revisaranse os salarios dos traballadores na diferencia, e tan pronto como se constate oficialmente tal circunstancia, e aboándose as diferencias desde o 1-1-1998 ata o 31-12-1998, en caso de exitiren.

Táboa salarial ano 1998.

Categorías

Salario base

mes

Gratificación

(día)

-Persoal técnico
Licenciados ou titulados138.209
Técnico titulado118.411

-Non titulados
Encargado xeral118.411
Encargado sección110.517

-Persoal administrativo
Xefe 1ª88.1901.250
Xefe 2ª88.1901.250
Oficial 1ª86.160938
Oficial 2ª85.459830
Auxiliar83.854583
-Persoal mercantil
Xefe de vendas124.181938
Inspector de vendas86.160938
Viaxante86.160938
Corredor de praza86.160938

-Persoal obreiro
Capataz86.160938
Operario de embotellamento83.854583
Aprendiz83.854583
Oficial 1ª86.160938
Conductor repartidor86.160938
Oficial 2ª85.459830
Oficial 3ª85.459830
Axudante83.854583
Conductor83.854583
Laborante83.854583

-Fabricación de envases
Operario fabricación envases83.854583
Compensación mes13.229
Oficial de 2ª85.459830
Compensación mes13.229
Oficial de 3ª85.459830
Compensación mes13.229

Categorías

Salario base

mes

Gratificación

(día)

-Persoal subalterno
Peón77.556464
Almacenista77.556464
Ordenanza77.556464
Viaxante77.556464
Porteiro e conserxe77.556464
Telefonista77.556464
Limpadores77.556464
Mozos dos recados77.556464

4866