Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 20 de maio de 1998 pola que se dictan as disposicións necesarias para facilita-lo reparto de cargas entre os concellos da Illa de Arousa e Vilanova de Arousa, resultantes do proceso segregador resolto mediante o Decreto 415/1996, do 21 de novembro da Xunta de Galicia.

Mediante o Decreto 415/1996, do 21 de novembro, aprobouse a segregación de parte do termo municipal do concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra), para a súa posterior constitución dun concello novo e independente, chamado A Illa de Arousa.

No devandito decreto apróbanse as estipulacións xurídicas e económicas, onde se establece a forma de liquida-las débedas, créditos e calquera outro dereito e obriga entre o concello orixinario e o novo, onde literalmente, no seu número I, di: «O reparto da débeda a curto, medio e longo prazo, así como os dereitos recoñecidos e pendentes de pagamento e calquera outra carga ou dereito, distribuiranse entre ámbolos dous municipios resultantes do proceso de segregación en función do número de habitantes e da súa riqueza impoñible; do que se deduce que o reparto será feito, pola comisión paritaria formada por un número igual de representantes de ámbolos dous concellos, de xeito que corresponderá a Vilanova de Arousa o 68,8 por cento e á Illa de Arousa o 31,2 por cento».

Nembargantes, desde a publicación do decreto de segregación, este aínda non se atopa executado na súa totalidade, quedando por resolver cuestións relativas ó reparto de cargas entre os dous novos municipios.

No decreto establécese que en caso de conflicto, ou de que aquela comisión non fose capaz de elaborar unha proposta definitiva, ámbalas dúas partes se someterán á arbitraxe dunha comisión formada por representantes da Deputación Provincial de Pontevedra e da Xunta de Galicia.

Baseándose no anterior na disposición derradeira primeira do Decreto 415/1996, do 21 de novembro, o día 15 de maio de 1997 dictouse resolución pola que se constitúe a comisión de arbitraxe encargada de resolve-las cuestións xurdidas como consecuencia da segregación da Illa de Arousa do concello de Vilanova de Arousa. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aproba-lo informe emitido pola comisión de arbitraxe constituída ó abeiro da disposición derradeira primeira do Decreto 415/1996, do 21 de novembro, que figura como anexo á presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

Xesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO

Reunida a comisión de arbitraxe na sala de xuntas da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, o día trece de maio de mil novecentos noventa e oito e debatidas as distintas cuestións sometidas a arbitraxe, xurdidas despois de que a comisión paritaria, prevista no Decreto 415/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a segregación de parte do

termo municipal de Vilanova de Arousa para a posterior constitución dun concello novo e independente, chamado A Illa de Arousa, non acadase unha proposta definitiva, e segundo o disposto no anexo da dita norma, esta comisión, en virtude da lexitimación que lle outorga a disposición derradeira primeira do Decreto 415/1996, do 21 de novembro e a posterior resolución do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 15 de maio de 1997, toma os seguintes acordos de arbitraxe:

Primeiro.-Débedas bancarias a curto, medio e longo prazo. Vistas as certificacións emitidas polas entidades financeiras prestamistas e a aceptación realizada polos concellos de Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, procederase ó reparto do capital vivo existente o 31-12-1996, conforme as porcentaxes do 68,8% e do 31,2% respectivamente, previstas no Decreto 415/1996, do 21 de novembro, axustado cos pagamentos efectuados desde esa data polo Concello de Vilanova de Arousa, segundo o cadro que se achega ó final.

A esta contía haberá que engadi-los intereses devengados de acordo cos contratos subscritos coas entidades financeiras ata o momento no que se proceda á división formal dos créditos.

Segundo.-Xuros de demora. No relativo ós intereses de demora da débeda financeira, que poidan existir, serán repartidos co mesmo criterio porcentual previsto no Decreto 415/1996, do 21 de novembro.

Terceiro.-Obrigas pendentes de pagamento. Dos datos derivados da liquidación orzamentaria do exercicio de 1996, o importe destas obrigas ascende a 432.510.125 ptas., do que hai que deduci-los fondos líquidos de tesourería por un importe de 49.850.767 ptas., polo que resulta un resto a repartir, entre ámbalas dúas corporacións, de 382.659.358 ptas., que se repartirá tendo en conta as porcentaxes do devandito decreto.

Cuarto.-Dereitos pendentes de cobro. Repartiranse entre os dous concellos nas porcentaxes previstas no Decreto 415/1996, do 21 do novembro. Para facilita-la recadación dos ditos dereitos, proponse a cada concello que se encomende ó Servicio de Recadación Provincial (ORAL), a xestión recadatoria, co compromiso de que informe periódica e simultaneamente a ámbolos dous concellos dos resultados da xestión. No caso de que o Concello de Vilanova cobrase cantidades destes dereitos, con posterioridade ó 1-1-1997, imputaranse á súa parte, nas porcentaxes sobre eles.

Quinto.-Conforme o disposto no parágrafo 2º do punto 1 do anexo do Decreto 415/1996, do 21 de novembro, calquera outra carga ou dereito, xerada ata o 31-12-1996, e que se puxese de manifesto con posterioridade a esa data, deberá ser imputada orzamentariamente, e repartirse segundo as mesmas porcentaxes do 68,8% e 31,2% respectivamente, previstas no devandito decreto.

EntidadeDébeda para

repartir

% Vilanova

68,80%

AxustesTotal Vilanova% A Illa 31,20%AxustesTotal A Illa

Banesto8.284.2365.699.554,37(228.857,93)5.470.696,442.584.681,63(228.857,93)2.813.539,56

Caixa Vigo30.000.00020.640.000,00(774.540,00)19.865.460,009.360.000,00(774.540,00)10.134.540,00

B.C.L.

(390047188)

27.116.75018.656.324,00(1.072.906,85)17.583.427,158.460.426,00(1.072.906,85)9.533.332,85

B.C.L.

(390250424)

23.833.33816.397.336,540,0016.397.336,547.436.001,460,007.436.001,46

B.C.L.

(390263176)

51.632.15235.522.920,580,0035.522.920,5816.109.231,420,0016.109.231,42

B.C.L.

(390397123)

7.000.0004.816.000,00(34.898.45)4.781.101,552.184.000,00(34.898,45)2.218.898,45

B.C.L.

(390398414)

226.552.616155.868.199,810,00155.868.199,8170.684.416,190,0070.684.416,19

B.C.L.

(390398416)

33.738.32223.211.965,540,0023.211.965,5410.526.356,460,0010.526.356,46

B.C.L.

(390600589)

37.500.00025.800.000,000,0025.800.000,0011.700.000,000,0011.700.000,00

Total445.657.414306.612.301(2.111.203,22)304.501.097,61139.045.113,22(2.111.203,22)141.156.316,39

4863