Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se regula o desenvolvemento de programas de garantía social en centros públicos para o curso 1998-1999.

Advertido erro, na devandita resolución, publicada no DOG nº 109 do 9 de xuño de 1998, cómpre face-la seguinte corrección:

No anexo I (Catálogo de programas en relación coas familias profesionais) debe engadirse para a familia profesional de Imaxe persoal o programa de garantía social Iniciación á estética.

No referido anexo I debe engadirse a familia de téxtil, confección e pel cos seguintes programas de garantía social: Iniciación ás operacións de téxtil e confección, Iniciación á reparación de calzado e marroquinería.

5018