Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.879

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Unemsa.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Unemsa que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo comité de empresa o día 6-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicios de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Asistentes:

-Comité de empresa:

José Vecino Seoane.

José Cundíns Ternande.

Antonio Sánchez Balsa.

Jesús Remuiñán Pérez.

-Empresa:

Marcelino Olcoz López.

Alfonso Blanco Figueiras.

ACTA

En Carballo, ás 12 horas do día seis de maio de mil novecentos noventa e oito, reúnense os representantes do comité de empresa de Unemsa conxuntamente cos representantes da empresa.

Ámbalas partes, logo dunha longa deliberación respecto do convenio colectivo da empresa Unemsa, chegaron ós seguintes acordos:

Primeiro.-Tódolos conceptos salariais se incrementarán no IPC de 1997 (2,0%).

Segundo.-Os demais termos do convenio quedan vixentes tal e como están xa establecidos.

Terceiro.-Os incrementos económicos derivados da aplicación do presente convenio aboaranse a partir do un de xaneiro de mil novecentos noventa e oito e faranse efectivos na nómina de maio de 1998.

Ámbalas partes aproban unanimemente o convenio colectivo para a empresa Unemsa, asinándoo en proba de conformidade na data anteriormente indicada e facendo que se presente na Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para que sexa inserido no Diario Oficial de Galicia e BOP da Coruña.

Convenio colectivo de traballo para aglomerados de madeira da empresa Unemsa

Revisión ó 1-1-1998 (en cumprimento artigo 5 do convenio de 1996).

Artigo 18º.-Antigüidade.

Consistirá en quinquenios na contía de 4.758 ptas. mensuais, igual para tódalas categorías. A data inicial de cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa calquera que sexa a categoría coa que ingrese.

Unicamente non se computará para antigüidade o tempo que se permanecese en situación de excedencia voluntaria.

A antigüidade comezará a devengarse a partir do día 1 do mes seguinte a aquel no que se cumpre o quinquenio.

Artículo 19º.-Pluses.

a) Plus de nocturnidade: os traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e 6 horas percibirán un 25% do seu respectivo salario de convenio en concepto de plus de nocturnidade, por cada xornada traballada.

b) Plus de tres quendas: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con descanso dominical percibirán por cada mes traballado neste réxime a cantidade de 6.685 ptas.

c) Plus de traballo ininterrompido: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con catro quendas de persoal percibirán por este concepto 22.980 ptas. mensuais.

d) Plus de xornada partida: os traballadores en réxime de xornada partida percibirán por este concepto 3.453 ptas. mensuais.

Artigo 23º.-Quebranto de moeda.

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 4.844 ptas. mensuais.

Artigo 26º.-Mellora social.

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá xantar no bar e deduciráselle do importe total da comida a cantidade de 534 ptas. por seren estas aboadas pola empresa, a partir do 1 de xaneiro de 1998.

A empresa asume o incremento do IPC correspondente ó importe total que a empresa e o persoal teñen que satisfacer durante os dous anos de vixencia inicial do presente convenio.

No caso de se produci-la prórroga á que se refire o artigo 2, o incremento do IPC distribuirase entre a empresa e o persoal en proporción ós importes respectivos que deban satisfacer.

Artigo 32º.-Plus de locomoción.

Establécese un plus de locomoción para tódolos traballadores por uns importes que figuran nas táboas anexas. O dito plus estará referido a días efectivos de traballo polo que, de se producir algunha ausencia a este que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa está obrigada a aboa-la retribución completa, descontarase a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no mes, en relación cos días laborables deste, ata un máximo de 11.697 ptas.

Artigo 39º.-Transporte.

A empresa aboaralles, ós que teñan o seu domicilio a máis de 2 km do centro de traballo, a cantidade de 8,97 ptas./km e figurará na nómina separado do plus de locomoción.

ANEXO I

Categorías

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación
Peón98.4343.3281.417.451
Peón especialista99.2503.2651.429.201
Capataz peóns101.3733.3351.459.767
Axudante101.3733.3351.459.767
Oficial de segunda105.3673.4661.517.285
Oficial de primeira112.7683.7091.623.861
Xefe de equipo134.5364.4261.937.318
Xefe de quenda137.9434.5381.986.376
Encargado de sección141.4254.6522.036.521

Persoal mantemento
Aprendiz75.1362.4721.081.962
Oficial de terceira107.0063.5201.540.889
Oficial de segunda116.2523.8241.674.035
Oficial de primeira127.8754.2061.841.405
Xefe de equipo148.1704.8742.133.652
Xefe de taller190.0216.2512.736.301
Xefe de mantemento211.1848.9473.041.048

Persoal subalterno
Dep. Econ./pesador/ordenanza101.2413.3301.457.872
Porteiro/vixilante/garda/listei-

ro/almaceneiro/chofer turismo

106.5393.5051.534.162
Conductor mecánico113.4693.7331.633.952

Persoal administrativo
Aspirante89.0082.9281.281.719
Auxiliar/Telefon./Mecanóg.101.1283.3271.456.242

Categorías

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

Oficial de segunda119.9413.9451.727.147
Oficial de primeira133.1094.3791.916.769
Xefe149.3404.9132.150.499
Xefe administrativo183.0926.0232.636.525

Persoal técnico
Analista101.2413.3301.457.872
Delineante119.9413.9451.727.147
ATS114.9963.7831.655.940
Perito135.9364.4721.957.484
Técnico proxectista138.5174.5561.994.645
Licenciado/enxeñeiro183.0926.0232.636.525

ANEXO II

Categorías

Hora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./noct.

Persoal fabricación
Peón8101.4171.620
Peón especialista8161.4281.632
Capataz peóns8251.4441.650
Axudante8251.4441.650
Oficial de segunda8631.5101.726
Oficial de primeira9221.6141.844
Xefe de equipo1.0651.8642.130
Xefe de turno1.0941.9152.189
Encargado de sección1.1181.9562.236

Persoal mantemento
Aprendiz6041.0571.208
Oficial de terceira8631.5101.726
Oficial de segunda9321.6311.865
Oficial de primeira1.0301.8032.060
Xefe de equipo1.2022.1032.403
Xefe de taller1.5132.6473.025
Xefe de mantemento1.7062.9863.413

Persoal subalterno
Dep. Econ./pesador/ordenanza8241.4421.648
Porteiro/vixilante/garda/listei-

ro/almaceneiro/chofer turismo

8711.5241.742
Conductor mecánico9451.6531.889

Persoal administrativo
Aspirante7101.2421.420
Auxiliar/Telefon./Mecanóg.8031.4051.605
Oficial de segunda9541.6691.907
Oficial de primeira1.0591.8532.118
Xefe1.1862.0762.373
Xefe administrativo1.4502.5382.901

Persoal técnico
Analista8011.4011.601
Delineante9541.6691.907
ATS
Perito1.0771.8852.154
Técnico proxectista1.1011.9262.201
Licenciado/enxeñeiro1.4502.5382.901

ANEXO III

Categorías

Dúas/tres e

catro quendas*

Persoal fabricación
Peón18.185
Peón especialista18.225
Capataz peóns18.333
Axudante18.333
Oficial de segunda18.532

Categorías

Dúas/tres e

catro quendas*

Oficial de primeira18.903
Xefe de equipo19.996
Xefe de quenda20.169
Encargado de sección20.342

Persoal mantemento
Aprendiz17.019
Oficial de terceira18.619
Oficial de segunda19.077
Oficial de primeira19.665
Xefe de equipo20.677
Xefe de taller22.779
Xefe de mantemento23.834

Persoal subalterno
Dep. Econ./pesador/ordenanza18.328
Porteiro/vixilante/garda/listei-

ro/almaceneiro/chofer turismo

18.593
Conductor mecánico18.941

(*) Tres quendas con catro de persoal.

Tódolos traballadores a quenda partida percibirán 11.697 pesetas en concepto de plus de locomoción.

5715