Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 17 de marzo de 1998 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de 15 bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.

Advertidos erros no texto da citada resolución, remitido para a súa publicación no DOG nº 112, do venres 12 de xuño de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 6.564, columna esquerda, onde di: «Resolución do 18 de maio...», debe dicir: «Resolución do 17 de maarzo».

-Na páxina 6.564, columna dereita, apartado 5, solicitudes, onde di: «As solicitudes, no modelo que se xunta como anexo, anexo VIII», deberase incluí-lo anexo VIII no que figura o modelo de solicitude.

-Na páxina 6.566, anexo V, columna dereita (bolsa 2) o apartado «Requisitos específicos dos solicitantes», quedaría da seguinte forma:

«Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base IV desta orde:

-Ser licenciado en filoloxía galega.

Ademais, poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización lingüística, experiencia en actividades de normalización lingüística e sociolingüística galega.

Lugar e xornada de traballo: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá e tarde.».

5786