Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.883

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 16 de xuño de 1998, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar, a data e a hora da celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base IV.8 da Orde do 30 de outubro de 1997 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas (DOG nº 221, de 14-11-97), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso en dito corpo, adoptado na sesión celebrada na data mencionada, faise público o lugar, a data e a hora da celebración do primeiro exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes para o próximo día 4 de xullo, sábado, ás 16 horas na facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1998.

Fernando Soler Pareja

Presidente do tribunal.

5624