Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.883

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de maio de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C).

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 109, do 9 de xuño de 1998, é necesario efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 6.375, onde di: «As listas definitivas de aspirantes estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e gación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia», debe dicir: «As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia».

-Na páxina 6.375, na relación definitiva de excluídos, onde di: «Agraso Carlos, Pablo»; debe dicir: «Agraso Carleos, Pablo».

-Así mesmo, na relación definitiva de admitidos, pola quenda de acceso libre, onde di: «Río Fanego, Pilar DNI 77594866»; debe dicir: «Río Fanego, Pilar DNI 77594833».

5709