Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.883

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ós corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E).

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 28 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 28, do 11 de febreiro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril; elaboradas as citadas listas pola comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios e relativas ós corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E) na súa sesión celebrada o 9 de xuño de 1998, unha vez elevada a correspondente proposta e de conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios dos corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservadas a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos. San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Cuarto.-As listas elaboradas con base na convocatoria do 10 de novembro de 1993 (DOG nº 221, do 18 de novembro), correspondentes ós corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E) e derivadas dos procesos selectivos convocados polas ordes do 24 de xuño de 1991 (DOG nº 127,128, 129, 130 e 131, do 4, 5, 8, 9 e 10 de xullo) quedarán sen efecto trala publicación no DOG do anuncio de exposición das novas listas unha vez emendadas, se é o caso, os erros advertidos, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, así como no punto terceiro desta resolución e na base 6.4 da convocatoria do 28 de xaneiro de 1998 (DOG nº 28, do 11 de febreiro).

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

5339