Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.884

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 97/045, de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediente o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 97/045, convocada por Resolución do 1 de outubro de 1997(BOE do 25 de outubro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presenta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 29 de maio de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: psicobioloxía.

Praza número: 97/045.

Comisión titular:

Presidente: Antonio Gullamón Fernández, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Secretario: Fernando del Valle-Inclán Alsina, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Carmen Junque Plaza, catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.

Mª Antonia Nieto Barco, profesora titular de universidade. Universidade da Laguna.

Mª Eugenia Rubio López, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: José María Martín Selva, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Secretario: Eduardo José Pasaro Méndez, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Amadeo Puerto Salgado, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Carmen Fernández Montraveta, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Mª Aranzazu Azpiroz Sánchez, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

5315