Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.884

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión por promoción interna de dúas prazas de técnico especialista en offset, grupo III.

A Xunta de Goberno e o Consello Social, aprobaron nas súas reunións de data do 25 de marzo e 11 de maio de 1994 a oferta pública de emprego do ano 1994.

Nela, apróbase a reconversión dos postos de traballo de especialista de oficios en offset, do grupo IV ó grupo III, do convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia. Este acordo xorde como unha necesidade de adapta-los mencionados postos a unha clasificación profesional

acorde co nivel de responsabilidade que as necesidades cambiantes da universidade esixen, dentro dun marco de optimización dos recursos humanos da institución universitaria, e ó mesmo tempo, para homologa-las súas funcións coas dos técnicos especialistas en offset xa existentes.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei de reforma universitaria en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir 2 prazas de técnico especialista en offset, do grupo III do seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes,

BASES DA CONVOCATORIA

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo 2 prazas de técnico especialista en offset, grupo III, do convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996) polo sistema de promoción interna.

1.2. O persoal que supere as probas selectivas quedará destinado no posto de traballo obxecto da presente convocatoria.

1.3. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, do que as probas e valoracións se axustarán ó que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.4. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo, efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ambalas dúas fases.

1.5. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato:

a) Ser español ou nacional de calquera Estado membro da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

c) Estar en posesión do título de bacharelato superior, FP II ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado do servicio de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio da función pública.

f) Te-la condición de persoal laboral fixo das universidades públicas da Comunidade Autónoma.

g) Poderán quedar exentos do requisito da titulación, agás que na relación de postos de traballo a titulación sexa esixida preceptivamente.

h) Pertencer a distinta categoría cá das prazas convocadas na presente convocatoria.

i) Ter permanecido un mínimo de 6 meses na súa categoría profesional.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá solicitalo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte día ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os/as aspirantes deberán facer constar na súa solicitude o sistema polo que se inscriben: promoción interna.

3.2. A instancia irá acompañada de fotocopia do DNI e dos xustificantes dos méritos que se valorarán na fase de concurso, da maneira que se indica:

3.2.1. Certificación acreditativa dos servicios prestados, fóra da Universidade de Santiago de Compostela, expedida pola unidade de persoal da Universidade Pública de Galicia onde prestaron os servicios referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Se os servicios foron prestados na Universidade de Santiago de Compostela, a certificación expedirase de oficio, e engadirase á solicitude do/a aspirante.

3.2.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

3.2.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente xerencia onde prestase servicios.

3.2.4. En calquera momento a universidade poderá requirir dos/as candidatos/as os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.3. A presentación de solicitudes farase nos rexistros xerais da universidade situados no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n) ou na Vicexerencia de Lugo (Augas Férreas, Polígono de Fingoi, Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

3.4. Os dereitos de exame serán de 3.000 pesetas, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia «Oposicións» número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite

de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ós/ás aspirantes que sexan excluídos definitivamente destas probas selectivas e para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-la entidade bancaria e o número de conta no recadro que para tal efecto figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.

3.6. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na súa instancia e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que a adaptación sexa necesaria.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de admisión de solicitudes o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución, no prazo dun mes, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, na que consten as causas da exclusión e o prazo para reparalas. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do rectorado.

Para repara-los defectos que motivaran a exclusión ou omisión das devanditas relacións, os aspirantes disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución. Os aspirantes que dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou omisión, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

A resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos esgotará a vía administrativa.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III a esta convocatoria e terá a categoría terceira das recollidas no Real decreto 236/1988, modificado pola Resolución do 22 de marzo de 1993, da Subsecretaría de Economía e Facenda e para as administracións públicas, pola que se revisan os importes das indemnizacións establecidas (BOE do 26-3-1993) e no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro (DOG do 14 de febreiro).

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas nos devanditos artigos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.3. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.4. Dentro da fase de oposición, o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que estime pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que os membros do tribunal.

5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez desfruten de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.6 as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.

5.7. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes. Neses casos, o tribunal excluirá aqueles/as opositores que consignen o seu nome nas follas de exame, trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.8. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes có das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.9. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

5.10. O tribunal, de conformidade co previsto no artigo 22.2º do convenio colectivo, poderá preve-la constitución de listas de espera, segundo a orde de puntuación acadada nas probas, cos aspirantes que non as superaron, coa finalidade de atender, mediante contratacións temporais as vacantes e necesidades que poidan producirse ata a realización da próxima convocatoria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «B», de conformidade co establecido na Resolución do 24 de marzo de 1998, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun só chamamento, sendo excluídos das probas aqueles que non comparezan, salvo nos casos de forza maior, debidamente xustificados, e libremente apreciados polo tribunal.

6.4. O día, hora e lugar de realización do primeiro exercicio faranse públicos na resolución que aprobe a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

6.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se fixera o primeiro deles así como no rectorado da universidade, ou por calquera outro medio que se estime conveniente para asegura.-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.

6.6 En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos/as aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, con indicación da puntuación obtida.

7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez celebrado o último exercicio da fase de oposición.

7.3. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición e maila obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. En caso de empate, daráselle preferencia á maior puntuación obtida na fase de oposición. De persisti-lo empate dirimirase a prol do candidato que obtivese a maior puntuación no exercicio específico de primeira fase. O tribunal fará pública, para cada sistema de acceso, a lista dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. A devandita relación, que será elevada polo tribunal

ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os/as aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compostela) a documentación necesaria, que non conste no devandito servicio.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Disposición derradeira.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven desta e das actuacións do tribunal poderán ser impugnados nos casos e nas formas establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

DENOMINACIÓN DAS PRAZAS: TÉCNICO ESPECIALISTA EN OFFSET DO GRUPO IIII

Procedimiento de selección.

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

1. O concurso-oposición constará das fases que a continuación se indican:

1.1. Primeira fase, (de carácter eliminatorio) constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio: proba práctica: impresión offset a toda cor e fondos.

A duración máxima deste exercicio será de 3 horas.

A puntuación será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

Segundo exercicio: consistirá en contestar a un cuestionario de preguntas tipo test con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, pro

postas polo tribunal e correspondentes ó programa recollido no anexo II.

A duración máxima deste exercicio será de 30 minutos.

A puntuación será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

1.2. Segunda fase:

Proba de galego. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Constará de dúas probas:

Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto de castelán a galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto de galego a castelán, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

A puntuación será de 0 a 10 puntos.

1.3. Terceira fase: concurso.

Quenda de promoción interna: máximo 30 puntos.

a) Antigüidade: máximo 10 puntos a razón de 0,069 mes.

b) Experiencia: máximo 15 puntos. Valoraranse a razón de 0,21 puntos/mes na mesma categoría en universidades públicas.

c) Cursos de formación e perfeccionamento, dispensados por centros ou organismos oficiais e que estean directamente relacionados co contido da praza. Máximo 5 puntos, que se puntuarán do seguinte xeito:

* Cursos de formación recibidos:

Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora de duración do curso.

Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora de duración do curso.

Curso de iniciación da lingua galega: 0,01 puntos/hora.

Curso de perfeccionamento lingua galega: 0,02 puntos/hora.

No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.

* Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora de duración do curso.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

ANEXO II

DENOMINACIÓN DAS PRAZAS: TÉCNICO ESPECIALISTA EN OFFSET DO GRUPO III

Programa.

1. Máquinas de offset e sistemas.

2. Sistemas de mollado e pH.

3. As tintas de impresión offset.

4. Papel e tipoloxías.

5. Pranchas offset e o seu tratamento.

6. Seguridade no posto de traballo.

ANEXO III

DENOMINACIÓN DAS PRAZAS: TÉCNICO ESPECIALISTA EN OFFSET DO GRUPO III

Tribunal titular:

-Presidente: Carlos Gómez-Reino Carnota, vicerrector de Coordinación do Campus de Santiago de Compostela da Universidade de Santiago de Compostela.

-Vocais:

* Representantes da universidade:

José Piñeiro Mourelle. Grupo III do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

José Rozas Gaudeoso. Grupo III do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

* Representantes do comité de empresa:

José Fernando Cobos Otero. Grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

César Novoa Gil. Grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

-Secretaria: Lourdes Díaz Sánchez. Funcionaria de carreira da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

Tribunal suplente:

-Presidente: Ana Fernández Pulpeiro, xerenta adxunta da Universidade de Santiago de Compostela.

-Vocais:

* Representantes da universidade:

Clemente Seijo Novoa. Grupo III do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Pombo Garazo. Grupo III do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

* Representantes do comité de empresa:

Francisco Castro Alvaredo. Grupo V do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Francisco Javier Quiñoy Taboada. Grupo V do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

-Secretario: José Arosa Salgado. Funcionario de carreira da escala auxilar da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

5316