Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, por unanimidade dos seus membros presentes, en sesión do 5 de xuño de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual nas normas subsidiarias de planeamento municipal no ámbito de Verín-Coiro, no sentido de cualificar como solo de equipamento dotacional público (EO) unha superficie de aproximadamente 18.050 m, actualmente cualificada como solo non urbanizable de protección agropecuaria, solo non urbanizable común e solo non urbanizable a área de tolerancia.

Contra o presente acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse no prazo dos dous meses seguintes o día da súa publicación no DOG, o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, na Coruña, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto, sen prexuízo da interposición daqueles outros que coide conveniente.

Cangas, 8 de xuño de 1998.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

5285