Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DUMBRÍA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 28 de maio de 1998, aprobou o expediente tramitado para a adopción da bandeira do concello e, en consecuencia, aprobou a proposta da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e adoptou como bandeira do concello de Dumbría o bosquexo 1 dos propostos que ten a seguinte descrición: «sobre pano amarelo tres franxas verticais e ondadas de azul, branco e azul.»

O expediente exponse ó público polo prazo dun mes contado desde a publicación no DOG do presente anuncio para efectos de reclamacións.

Dumbría, 29 de maio de 1998.

José M. Pequeño Castro

Alcalde

5266