Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (154/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada con data do 7 de maio de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente por petición de Clarito Cid Guede o proxecto de urbanización parcial das rúas Álvaro Cunqueiro e Portalón do Casar de Ourense, logo da constitución de garantía polo importe de once millóns cento vintecinco mil seiscentas cincuenta e nove pesetas 11.125.659 ptas. para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante ó recurso indicado, poderanse utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 19 de maio de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

5298