Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da UE I-09 Camelias (expediente 4103/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o 16 de abril de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle na U.E. I-09 Camelias, conforme a documentación presentada por Atlas Park, S.A.; elaborada polo arquitecto José E. López Santander e visado polo COAG con datas do 26 de xuño de 1996 e do 24 de setembro de 1997 nos mesmos termos da súa aprobación inicial coa salvidade de que o vial público en escaleiras destinada á conexión entre a rúa Camelias e Hispanidade non se ocupará baixo rasante, debendo cederse integramente -incluído plano de superficie de subsolo- ó concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 11 de maio de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5684