Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO.

O Pleno desta Corporación, en sesión celebrada o día 7-4-1998 acordou aprobar provisionalmente a modificación do cadro de persoal laboral do concello, así como a oferta pública de emprego para 1998.

O dito acordo resultou definitivo ó non terse presentada ningunha reclamación durante o período de exposición pública, segundo anuncio publicado no BOP nº 83, do 5-5-1998.

En cumprimento do artigo 126 do R.D.L. 781/1986, en relación co artigo 90 da Lei 7/1985 e no artigo 150 da Lei 30/1988, faise público o referido acordo segundo anexo.

Contra a aprobación definitiva poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, DOG ou BOE (última publicación) ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, significando que a interposición do recurso non suspenderá por si soa a súa execución.

ANEXO

Vacante: unha.

Denominación: traballador/a social.

Réxime: laboral.

Vilaboa, 9 de xuño de 1998.

Mª Fernanda Blanco Fernández

Concelleira-delegada

5284