Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución das obras da rede de sumidoiros e auga Eiviño (1ª fase).

2. Prazo do contrato: catro meses.

3. Prezo do contrato: 10.000.000 de ptas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 200.000 ptas.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula 11.1.

As propocións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula 11 do prego.

Vilagarcía de Arousa, 27 de maio de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

5687