Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO.

O Pleno Municipal en sesión extraordinaria celebrada o día 9 de xuño de 1998, acordou a aprobación do proxecto de expropiación dos terreos precisos para a execución do parque empresarial de Xove segundo se transcribe:

Primeiro.-Aproba-lo citado expediente de expropiación cos documentos que o integran.

Segundo.-Tramita-la expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co establecido no artigo 142 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, so solo de Galicia, Lei 6/1998, de réxime do solo e restante normativa de aplicación.

Terceiro.-A exposición ó público polo prazo dun mes para que os interesados poidan efectuar-las reclamacións ou observacións que estimen convenientes, mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun periódico dos de maior circulación na provincia.

Cuarto.-A notificación individual das taxacións ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente da taxación mediante traslado literal da folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data da notificación.

Quinto.-Faculta-la Alcaldía-Presidencia para a realización de cantos actos, trámites ou xestións sexan procedentes para o bo fin dos acordos adoptados.

O que se fai público para xeral coñecemento mediante anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, podendo os interesados durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da inserción do anuncio no DOG, examina-lo expediente en horario de oficina na secretaría do concello e formula-las alegacións procedentes.

Xove, 10 de xuño de 1998.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario