Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

EDICTO.

O Pleno do Concello de Allariz, en sesión celebrada o día 28 de maio de 1998, adoptou acordo para desafectar do dominio público o Colexio Público

Padre Feijoo (centro de arriba) quedando como ben patrimonial.

Durante o prazo dun mes o citado expediente estará suxeito a información pública podendo ser consultado na secretaría do concello, praza maior, 1 (Allariz) de luns a venres, de 9 a 14 horas.

Allariz, 1 de xuño de 1998.

Anxo M. Quintana González

Alcalde

5674