Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de exposición pública do avance dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Guarda (adaptando o PXOU vixente de conformidade co disposto na Lei 1/1997 do solo de Galicia).

O Concello da Guarda, en sesión plenaria celebrada o día 20 de maio de 1998, acordou abrir un período de información pública ó avance dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Guarda (adaptando o PXOU vixente de conformidade co disposto na Lei 1/1997 do solo de Galicia), establecéndose para o efecto un período dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación no DOG e no BOP do presente anuncio, durante o cal as entidades e particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

A Guarda, 26 de maio de 1998

Purificación Álvarez Álvarez

Alcaldesa

5338