Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia e mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de remodelación do centro de saúde de Palas de Rei (Lugo).

-Obra: remodelación do centro de saúde de Palas de Rei (Lugo).

-Orzamento da contrata: 21.476.906 ptas.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría D.

-Garantía definitiva: 859.076 ptas.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica:

Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación:

Os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1998.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

5235