Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de xuño de 1998 pola que se outorga permiso de actividade e concesión para a instalación dunha cetaria no Porto Quilmas, O Pindo, Carnota, a favor de Manuel Ventura Díaz Riveiro.

Vista a instancia e proxectos presentados por Manuel Ventura Díaz Riveiro (DNI 33.240.378-L), con data do 23-3-1993, na que solicita concesión administrativa e permiso de actividade para a instalación dunha cetaria para o mantemento de crustáceos vivos, que se vai situar no Porto, Quilmas, O Pindo, Carnota, A Coruña.

Resultando que:

1º Se procedeu á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas e disposicións concordantes.

2º Con data do 26-9-1996 foille outorgado por parte do Ministerio de Medio Ambiente (Dirección Xeral de Costas) o preceptivo título concesional para a ocupación de corenta e catro con cinco (44,5) metros cadrados de terreos de dominio público marítimo-terrestre.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como o proposto pola Dirección Xeral de Recursos Mariños, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería,

RESOLVE:

Outorgarlle a Manuel Ventura Díaz Riveiro, con DNI 33.240.378-L, permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento e explotación dunha cetaria coas seguintes características:

-Establecimiento auxiliar de acuicultura: cetaria.

-Situación: O Porto Quilmas. O Pindo. Carnota (A Coruña).

-Especies: crustáceos.

-Superficie ocupada polo establecemento:

Dominio privado: 87,00 m.

Dominio público: 44,5 m para a instalación de tubos de toma de auga de mar e desaugadoiro.

-Características das instalacións:

Superficie ocupada polo establecemento: 65,00 m.

Superfice de piscinas: 20,16 m.

1 piscina estabulación: 5,06 m.

1 piscina estabulación: 5,80 m.

1 piscina estabulación: 5,22 m.

1 piscina estabulación: 4,08 m.

O permiso de actividade e concesión outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O prazo de outorgamento será de dez (10) anos, que se contarán a partir da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, podendo ser prorrogado discrecionalmente por petición do interesado dentro dos 60 días anteriores ó do seu vencemento, por un prazo de igual duración, ata un total de vinte (20) anos.

O prazo de vixencia dos títulos habilitantes, así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar, o permiso de actividade e concesión de ocupación do dominio público, deberán ser coincidentes.

Segunda.-A localización e mailas obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxecto presentados. O titular deberá dar comezo ás obras no prazo de seis (6) meses, que se contarán desde a publicación no DOG da presente orde. Desenvolveranse de acordo co sinalado nesta orde e nas condicións xerais da orde ministerial de outorgamento da ocupación do dominio público marítimo-terrestre e quedarán totalmente rematadas no prazo dun (1) ano.

Concluídas as obras, o titular comunicaralle tal feito á Delegación Territorial da Consellería de Pes

ca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña, para efectos de practica-la inspección delas, da que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado o dominio público, obras e instalacións. Non poderán alugarse nin ser destinados a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Cuarta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión, ó abeiro do disposto na orde ministerial de outorgamento do dominio público marítimo-terrestre con data do 26-9-1996, norma 10, que será vinculante para esta consellería, a concesión do uso ó que se refire esta orde, extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, xa citado.

Quinta.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, citada, así como no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (BOE nº 11, do 13-1-1993) e demais concordantes que lle sexan de aplicación.

Sexta.-Ó outorgamento desta concesión non exime o seu titular da obtención doutras licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles en función das características do establecemento.

Sétima.-O titular xustificaralle o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto ó dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ante a Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5560