Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación, avaliación do impacto ambiental e proxecto de restauración do permiso de investigación Esmeralda, número 6.982, da provincia da Coruña, concello de Val do Dubra.

En cumprimento do disposto no artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación, avaliación do impacto ambiental e proxecto de restauración do permiso de investigación Esmeralda nº 6.982, situada no concello de Val do Dubra, provincia da Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

Concello de Val do Dubra.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

5545