Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.215.403 e oito máis).

A) Obra:

1. Rede de distribución de auga potable a Quintáns, Ozón, Cebráns, Casa do Monte e Vilar. (Muxía-A Coruña).

Clave: OH.215.403.

Orzamento: vintecatro millóns cincocentas sesenta e oito mil duascentas dezaoito pesetas (24.568.218).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Rede de abastecemento de auga en Miño. (Miño-A Coruña).

Clave: OH.215.406.

Orzamento: vintecinco millóns duascentas trinta e tres mil cincocentas setenta e oito pesetas (25.233.578).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Abastecemento de auga potable en Aiazo. (Frades-A Coruña).

Clave: OH.215.416.

Orzamento: quince millóns catrocentas sesenta e catro mil cincuenta e catro pesetas (15.464.054).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Alongamento do saneamento e EDAR de Sobrado dos Monxes. (Sobrado-A Coruña).

Clave: OH.315.417.

Orzamento: dezaoito millóns novecentas oitenta e dúas mil oitocentas trinta e nove pesetas (18.982.839).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Abastecemento e saneamento na parroquia de Soutomel. (A Bola-Ourense).

Clave: OH.532.321.

Orzamento: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000).

Prazo de execución: 14 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Abastecemento, saneamento e depuración en Forxas do Monte, Casal do Mao e Mezquita-O Val. (A Merca-Ourense).

Clave: OH.532.322.

Orzamento: trinta e un millóns cincocentas mil pesetas (31.500.000).

Prazo de execución: 14 meses.

Clasificación: grupo E, subrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

7. Saneamento na Granxa. (Esgos-Ourense).

Clave: OH.332.323.

Orzamento: dezaoito millóns setecentas mil pesetas (18.700.000).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

8. Saneamento en Lobios e Vilameá. (Lobios-Ourense).

Clave: OH.332.324.

Orzamento: trinta e cinco millóns de pesetas (35.000.000).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo E, subrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

9. Abastecemento de auga a varios pobos do concello de Piñor. (Piñor-Ourense).

Clave: OH.232.330.

Orzamento: vintecinco millóns setecentas sesenta e tres mil cento sesenta pesetas (25.763.160).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia - Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día tres (3) de xullo de 1998.

F) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día trece (13) de xullo de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

5370