Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

EXPOSICIÓN pública das listas de excluídos provisionais para varias prazas de persoal laboral fixo neste ente público.

Por resolucións do 24 e 29 de setembro de 1997, e do 1 de outubro de 1997, fíxose pública a convocatoria das probas para a contratación como persoal laboral fixo de varias prazas no ente público Portos de Galicia, en concreto: 1 praza de Xefatura do Departamento de Xestión Económica e Orzamentaria, 1 praza de Xefatura do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa e 1 praza de Xefatura do Departamento de Contabilidade e Tesourería.

En cumprimento do disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, e ó abeiro da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e segundo o acordo de Delegación do Consello de Administración do 23-7-1997, faise pública a relación de excluídos provisionais nas mencionadas convocatorias.

As listas de excluídos provisionais estarán expostas polo prazo de cinco días naturais, a contar desde

o día seguinte ó da presente publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia, en Área Central/Polígono das Fontiñas, Praza de Europa, 5-A, 6º B, Santiago de Compostela, e nos taboleiros de anuncios da zona norte (r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 1º Lugo), zona centro (Avda. Alférez Provisional, nº 1, 1º dta., A Coruña), e zona sur (r/ Benito Corbal, 37, 3º, Pontevedra) de Portos de Galicia.

Durante un prazo de cinco días naturais contados desde a publicación das listas poderá emendarse calquera erro que sexa emendable.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

5320