Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 29 de maio de 1998 pola que se autoriza o cambio de localización da batea denominada Carlota número 1.

Visto o escrito presentado por herdeiros de Antonio Fernández Lago, C.B., con CFI nº E-15.425.200 no que solicita cambio de localización do viveiro Carlota nº 1.

Tendo en conta as seguintes consideracións legais e técnicas:

Os informes do sector e da Subdirección de Protección de Recursos.

O proposto pola Dirección Xeral de Recursos Mariños.

O disposto no artigo 9 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228).

Considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes

casos, esta consellería resolve autoriza-lo o seguinte cambio de localización:

Batea denominada: Carlota nº 1.

Titular: herdeiros de Antonio Fernández Lago, C.B.

Cultivo: mexillón.

Remate da vixencia da concesión: 30-10-2004.

Localización anterior: polígono Muros B, cuadrícula nº 75.

Nova localización: polígono Muros B, cuadrícula nº 49.

Esta concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas do anterior localización.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela procederá recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o tribunal contencioso-administrativo competente, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5303