Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de maio de 1998 pola que se declara extinguida a concesión administrativa da cetaria sita en Barizo, Malpica, distrito marítimo de Corme, titularidade de Evaristo Sambade Pérez.

Visto o expediente de caducidade instruído á concesión administrativa da cetaria, sita en Barizo, Malpica, distrito marítimo de Corme, da que é titular Evaristo Sambade Pérez, con DNI 76.291.343.

Resultando que con data do 12-2-1996 foi ordenado pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña o inicio do expediente de caducidade da antedita concesión por remata-lo prazo de vixencia sen solicita-la prórroga.

Resultando que o acordo de inicio do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario do dito expediente lle foi remitido ó interesado con data do 15-2-1996, formulándose alegacións contra o seu contido, fóra do prazo concedido.

Resultando que con data do 3-9-1997 lle foi notificada ó interesado a proposta de resolución formulada con data do 29-8-1996, pola instructora do expediente, sen que se formulasen alegacións contra a dita resolución dentro do prazo concedido.

Considerando que as alegacións formuladas non desvirtúan o feito imputado, xa que non existe constancia de que se solicitase a prórroga da concesión dentro do prazo legal establecido, incorrendo na causa de caducidade recollida no artigo 72, apartado c) da Lei 6/1993, de 11 de maio, de pesca de Galicia.

Considerando que o establecemento leva máis de dous anos sen explotación segundo se desprende

do informe biolóxico con data do 23-10-1989, da Delegación Territorial desta consellería na Coruña, sendo esta causa de caducidade recollida no artigo 72, apartado a) da citada Lei 6/1993.

Considerando que o expediente foi tramitado conforme a dereito, segundo informe emitido pola xefa do Servicio Técnico-Xurídico.

Vistas a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas; Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e demais disposicións de pertinente aplicación.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida pola instructora do expediente, acorda no exercicio das súas atribucións e competencias extingui-la concesión administrativa da cetaria titularidade de Evaristo Sambade Pérez, que ten as seguintes características:

Establecemento: cetaria.

Localización: porto de Barizo, Malpica, distrito marítimo de Corme.

Especies: centola, lagosta e nécora.

Ocupación de dominio público: 417m.

Data da concesión: 29-6-1978 (BOE nº 201).

Fin da vixencia: 23-8-1988.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1998.

Amancio Landín Jaráiz.

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5305