Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.564

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de quince bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega, e se anuncia a súa convocatoria.

O artigo 6 da Lei 8/1983, do 8 de xullo, no seu apartado b), establece que compete ó Consello da Cultura Galega investigar e valora-las necesidades culturais do pobo galego.

Dentro do plan de actividades do Consello da Cultura Galega para 1998 figura a convocatoria pública de bolsas de investigación para realizar proxectos sobre diversos aspectos da cultura galega.

O seu outorgamento enmárcase dentro das funcións atribuídas ó Consello da Cultura Galega na Lei 8/1983, do 8 de xullo; que desenvolve o artigo 32 do Estatuto de autonomía.

Na súa virtude, apróbanse as seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

O concurso ten por obxecto a adxudicación de 15 bolsas de colaboración nos proxectos de investiga

ción que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega, e que se inclúen como anexos á presente orde, nos que se detallan os requisitos específicos que deben reuni-los solicitantes.

Segunda.-Contía das bolsas.

As bolsas constan dunha asignación mensual coa retención fiscal que corresponda, que será incompatible con calquera outra axuda ou actividade remunerada.

A contía especifícase nos anexos correspondentes.

Para o gasto que se proxecta habilitarase o crédito suficiente na partida presupostaria 03.01.111D.480.0, por unha contía máxima total de 7.185.000 ptas., correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998.

Terceira.-Duración.

A especificada no anexo correspondente a cada bolsa, en ningún caso superior ó 31 de decembro de 1998.

A data de incorporación ó centro será dentro dos dez días seguintes ó da notificación da adxudicación. O bolseiro que non se incorpore no prazo establecido perderá os dereitos inherentes á bolsa concedida, salvo causa xustificada de atraso apreciada polo coordinador científico, quen llo comunicará á comisión executiva.

As bolsas poderanse prorrogar ata un máximo de tres anos, incluído o período inicial, á vista do traballo realizado polo bolseiro, sempre que o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarta.-Requisitos xerais.

a) Ser español ou pertencer a un país membro da Unión Europea.

b) Ser titulados superiores.

c) Posuír coñecementos de lingua galega.

d) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

Quinta.-Solicitudes.

As solicitudes, no modelo que se xunta como anexo, anexo VIII, irán dirixidas ó presidente do Consello da Cultura Galega e entregaranse na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela), ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no DOG, xunto coa documentación seguinte:- Certificación académica persoal completa.

- Currículum vitae, acompañado de cantos documentos poidan avalalo.

- Fotocopia do DNI ou pasaporte.

- Declaración xurada pola que se compromete a renunciar, se fose seleccionado, á percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas, e tamén de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración nin institución pública como consecuencia de expediente disciplinario.

Sexta.-Selección.

A comisión cualificadora estará formada por dous membros da comisión executiva e o coordinador do relatorio ou programa que solicite a bolsa. Este último pode pola súa vez, delegar no director do proxecto.

A comisión cualificadora poderá comprobar se os solicitantes posúen suficientes coñecementos de lingua galega para desempeña-la súa función.

Ademais do exame da documentación presentada, a comisión poderá convoca-los solicitantes a unha entrevista persoal.

O presidente da comisión propoñeralle ó presidente do Consello da Cultura Galega a relación de candidatos seleccionados para o seu nomeamento.

Sétima.-Obrigas.

Os bolseiros desenvolverán o seu labor nos lugares e horarios establecidos nos correspondentes anexos.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases supoñerá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades xa cobradas.

A condición de bolseiro non dará lugar a relación laboral nin administrativa co Consello da Cultura Galega.

Oitava.-A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Novena.-Pagamento da bolsa.

O pagamento da bolsa realizarase mensualmente, logo do informe do director de investigación, sempre que os traballos se desenvolvan con normalidade e de acordo coas bases establecidas.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO I

DÚAS BOLSAS PARA COLABORAR NO PROGRAMA DO ARQUIVO

DA EMIGRACIÓN GALEGA

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no Programa do Arquivo da Emigración Galega, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

- Ser licenciado universitario, no ámbito das ciencias sociais e das humanidades.

- Posuír coñecementos de informática, biblioteconomía, etc.

- Ter experiencia investigadora, preferentemente no ámbito dos estudios migratorios.

- Lugar e xornada de traballo: Consello da Cultura Galega, centros de documentación de Galicia.

- Xornada de traballo: horario de mañá e tarde.

ANEXO II

DÚAS BOLSAS PARA COLABORAR NO PROGRAMA DO ARQUIVO

DA EMIGRACIÓN GALEGA

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no programa do Arquivo da Emigración Galega, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Duración: 4 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

- Ser licenciado en historia ou arquitectura.

- Posuír coñecementos de informática, fotografía.

- Facilidade de medio de transporte.

- Ter experiencia investigadora, preferentemente no ámbito dos estudios migratorios.

Lugar de traballo: Galicia.

Xornada de traballo: mañá e tarde.

ANEXO III

DÚAS BOLSAS PARA COLABORAR NO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN MILIARIOS DA GALLAECIA ROMANA

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no proxecto de investigación Miliarios da Gallaecia Romana, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Duración: 6 meses.

Contía: 125.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

- Ser licenciado en xeografía e historia.

- Posuír coñecementos de epigrafía romana, especialmente viaria.

- Ter experiencia investigadora en vías romanas, arqueoloxía e historia antiga.

Lugar e xornada de traballo: a bolsa ten unha parte de traballo de campo e outra parte teórica a desenvolver na Facultade de Humanidades de Lugo e no Centro Arqueolóxico de Bande (Ourense), en xornadas de mañá e tarde.

ANEXO IV

UNHA BOLSA PARA COLABORAR NO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN, TRANSCRICIÓN E ESTUDIO DO MANUSCRITO CRONOLOGÍA DE LOS JUECES DE CASTILLA DE FREI MALAQUÍAS DE LA VEGA

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no proxecto de investigación, transcrición e estudio do manuscrito Cronología de los jueces de Castilla de frei Malaquías de la Vega, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

- Ser licenciado en historia e/ou filoloxía.

- Posuír coñecementos de paleografía, diplomática, historia e informática.

- Ter experiencia investigadora en transcrición e estudio de fontes diplomáticas.

- Lugar e xornada de traballo: Santiago de Compostela e Madrid, en xornadas de mañá e tarde.

ANEXO V

DÚAS BOLSAS PARA COLABORAR NO PROGRAMA ARQUIVO

DE PLANIFICACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa 1:

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

- Ser licenciado en ciencias sociais ou humanas.

- Posuír coñecementos de informática, micromarc e catalogación.

Lugar e xornada de traballo: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá e tarde.

Bolsa 2:

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

- Ser licenciado en filoloxía galega.

- Posuír coñecementos de informática.

- Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización.

Lugar e xornada de traballo: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá e tarde.

ANEXO VI

UNHA BOLSA PARA COLABORAR NO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

NA PONENCIA DE CULTURA GALEGA NO EXTERIOR

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no proxecto de investigación busca e identificación de traballos sobre Galicia publicados en revistas estranxeiras e libros galegos traducidos a outras linguas.

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

- Posuir coñecementos de busca documental.

- Dominio, a nivel traducción, de inglés, francés, valorándose o dominio do alemán.

Lugar e xornada de traballo: bibliotecas e centros de documentación de Galicia, en horario de mañá e tarde.

ANEXO VII

CINCO BOLSAS PARA COLABORAR NO PROGRAMA DO ARQUIVO SONORO DE GALICIA

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no programa do Arquivo Sonoro de Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

As especificacións de cada unha das bolsas son:

Bolsa 1.

Duración: 3 meses.

Contía: 125.000 ptas./mes.

Traballo que hai que desenvolver: informe escrito sobre os arquivos e coleccións sonoras e audiovisuais existentes en Galicia.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Licenciatura en humanidades.

Bolsa 2:

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Traballo que hai que desenvolver: catalogación en formato Marc das edicións discográficas.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Licenciatura en humanidades, experiencia práctica en utilización do formato Marc con materiais especiais.

Bolsa 3:

Duración: 3 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Traballo que hai que desenvolver: escoita parcial e catalogación de materiais non editados.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Licenciatura en humanidades. Experiencia na catalogación de materiais sonoros non editados.

Bolsa 4:

Duración: 3 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Traballo que hai que desenvolver: transcrición de materiais inéditos, dixitalización de coleccións e copia de materiais.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Licenciatura en humanidades. Experiencia na transcrición de materiais (lingua ou historia).

Bolsa 5:

Duración: 3 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Traballo que hai que desenvolver: discografía de Galicia.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Licenciatura en historia e/ou música. Coñecementos de historia da música en Galicia.

5587