Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.567

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, do tribunal V-1F, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 3 (ordenanza, celador, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio das devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 8 de xuño de 1998 polo Tribunal V-1F designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 3 (ordenanza, celador, vixilante oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12), acordouse:

Primeiro.-Que o terceiro exercicio para os aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (ordenanza, celador, vixilante oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda) do grupo V terá lugar o día 30 de xuño de 1998, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito no edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela).

O chamamento único para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3. e base II.3.2.), e de bolígrafo.

Terceiro.-De acordo coa base II.2.2. da orde de convocatoria, estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación de galego. Tal acreditación poderá presentarse ata 10 días antes da celebración do exercicio, na Consellería da Presidencia e Administración Pública ou nas súas delegacións provinciais.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1998.

Jaime Morales Piñeiro

Presidente do tribunal

5359