Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.547

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma galega.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico do sector de residencias privadas da terceira idade, (código de convenio 8200475), que se subscribiu con data do 11 de febreiro de 1998, entre a representación empresarial e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio desta centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Primeiro convenio de residencias privadas da terceira idade da Comunidade galega

Artigo preliminar.-O presente convenio é asinado polas seguintes representacións patronais:

AECSSG (Asociación Empresarial de Centros Socio Sanitarios de Galicia)/RENOGA E AGARTE (Asociación Galega de Residencias da Terceira Idade).

Capítulo I

Artigo lº.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación nas empresas e establecementos que exerzan a súa actividade como residencias da terceira idade (asistidas, non asistidas e mixtas), tanto para estadías permanentes como temporais, así como tamén en residencia de día, todo iso calquera que sexa a súa denominación.

Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación deste convenio as empresas que realicen específicos coidados sanitarios como actividade fundamental, entendéndose esta exclusión, sen prexuízo da asistencia sanitaria ós residentes como consecuencia dos problemas propios da súa idade.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación en toda á Comunidade Autónoma galega.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos no ámbito do convenio tódolos traballador/es/as que presten os seus servicios nas empresas afectadas por el.

Quedan expresamente excluídos aqueles traballador/es/as que presten os seus servicios en residencias nas que a titularidade e xestión correspondan á Administración pública.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio será por tempo indefinido en tódolos seus contidos, ata que as partes decidan substituílo por outro negociado en todo ou en parte e de acordo co previsto no artigo 5º do convenio, iniciando a súa vixencia o día 1 de xaneiro de 1997 e esta será inicialmente ata o 31 de decembro de 1999, aínda que as táboas salariais sexan ata o ano 2000.

Artigo 5º.-Denuncia e prórroga.

Este convenio poderá ser denunciado por calquera das partes asinantes, cun mes de antelación o seu vencemento.

Para que esta teña efecto terá que ser comunicada por escrito á outra parte, e ser rexistrada ante o SMAC.

Denunciado este, e en tanto non se chegue a acordo sobre o novo, tódolos conceptos económicos serán actualizados nunha contía igual ó IPC do ano anterior que se aboarán desde o primeiro mes do ano.

De non ser denunciado ou non chegar a acordo na negociación entenderase que o convenio se prorroga automaticamente; a dita prórroga será de ano en ano, incrementándose tódolos conceptos económicos del nunha contía igual ó IPC do ano anterior, que será aboada desde o primeiro mes do ano.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán considerados globalmente.

No caso de que a xurisdicción laboral por instancias da autoridade laboral ou calquera dos afectados procedese á anulación dalgún dos pactos do presente convenio colectivo, quedará sen efecto a súa totalidade, debendo as partes constituír unha nova mesa negociadora no prazo de dous meses a partir da firmeza da sentencia, co obxecto de proceder á renegociación do seu contido.

Artigo 7º.-Garantía -ad personam- Condición máis beneficiosa.

Tódalas melloras económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, estimadas no seu conxunto, establécense con carácter de mínimas, polo que os pactos entre empresa e traballador/es/as, cláu

sulas ou situacións implantadas actualmente nas distintas empresas, como a aplicación dalgún convenio colectivo superior ó presente, que impliquen situacións máis beneficiosas que as contidas no presente convenio serán respectadas e non absorbidas.

Artigo 8º.-Comisión negociadora.

A comisión negociadora quedará constituída polos representantes das asociacións empresariais afectadas polo presente convenio e polos traballador/es/as das devanditas entidades, representados polas centrais sindicais con legal implantación. A distribución dos seus membros estará en función da proporción da representatividade delas no seo das empresas afectadas.

Quedará constituída no prazo máximo dun mes a partir da denuncia do convenio, con igual representatividade numérica entre ámbalas dúas partes, actuando de presidente e secretario da devandita mesa negociadora as persoas que os membros da mesa, por maioría de cada unha das representacións, acorden.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación, aplicación, arbitraxe, conciliación e vixilancia deste convenio, créase unha comisión paritaria integrada polos representantes sindicais e os representantes das asociacións empresariais.

Ámbalas dúas partes conveñen en someter á comisión paritaria cantos problemas colectivos, discrepancias ou conflictos poidan xurdir da interpretación ou aplicación del con carácter previo á formulación dos distintos supostos ante a autoridade ou xurisdicción laboral.

A citada comisión está obrigada a reunirse cantas veces sexa necesario, estando a sede da mesma na rúa Santa Clara, 23 bis, Santiago de Compostela, actuando como secretaria/o da comisión para efectos de notificacións un membro designado pola patronal quedando facultada para convoca-lo seu pleno, que se reunirá en xunta ordinaria, cando menos unha vez cada seis meses, e no prazo improrrogable de 10 días, por requirimento de calquera dos seus membros, ou ben por recibi-la comunicación prevista no artigo 39 do convenio colectivo sobre aplicación do réxime salarial del.

No caso de non comparecer algunhas das partes (malia estaren notificadas), para dictaminar sobre requirimentos do mencionado artigo 39, será valida a resolución dictada pola maioría dos membros asistentes, seguindo os trámites do mencionado artigo ata a resolución definitiva, que lles será comunicado ó requirente no prazo máximo fixado.

Capítulo II

Artigo 10º.-Organización do traballo.

A organización do traballo será facultade da empresa, sen prexuízo do establecido neste convenio colectivo, no Estatuto dos traballadores/as e demais lexislación aplicable.

Capítulo III

Artigo 11º.-Clasificación profesional.

Establécense os grupos profesionais, segundo o nivel de titulación, coñecemento e experiencia esixidas para o seu ingreso. En virtude da tarefa que se vai realizar e da idoneidade da persoa, cando non se crea necesario a esixencia da titulación, o contrato determinará o grupo no que se ten que integra-la persoa contratada de acordo cos coñecementos e as experiencias necesarias en relación ás funcións que se van exercer:

Grupo A1: Consello de Administración e Xerencia.

Grupo A2: titulados superiores e mandos.

Grupo B: titulados medios.

Grupo C: persoal técnico e mandos intermedios.

Grupo D: persoal auxiliar.

Grupo E: persoal subalterno e persoal non cualificado.

As categorías profesionais son as que se definen na táboa salarial deste convenio e a definición delas constan no anexo III.

Artigo 12º

1. Contrato de traballo.

Tódolos contratos de traballo formalizaranse por escrito, remitíndose en canto á regulación das súas condicións laborais ó presente convenio colectivo.

Contratos de duración determinada.

A) Os contratos eventuais que se concerten para atende-las circunstancias do mercado, acumulación de tarefas, excesos de pedidos, recollidos ó abeiro do artigo 15.1º.b do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores/as (Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo), poderán ter unha duración máxima de 9 meses, dentro dun período de 18 meses, contados a partir do momento en que se produzan as ditas causas. Se se subscriben por un período inferior poderán prorrogarse ata o período máximo.

Poderanse subscribir contratos de duración determinada para substituí-lo/s a traballadores/as con dereito a reserva de posto de traballo coas condicións estipuladas no artigo 15.1º.c) do E.T. Os contratos recollidos neste apartado non poderán supera-lo 10% do cadro de persoal.

B) Os contratos en prácticas non serán inferiores a doce meses, prorrogables en períodos de seis meses ata o máximo do límite legal. As retribucións para estes contratos serán como mínimo do 80% no primeiro ano e o 90% no segundo, das retribucións da categoría correspondente sen que en ningún caso sexan inferiores ó establecido legalmente. Estes contratos non poden supera-lo 10% do cadro de persoal.

Fíxase un prazo de superación do período de proba de 15 días.

C) Os contratos celebrados por aprendizaxe e futura formación, non serán inferiores a doce meses

prorrogables en períodos de 6 meses ata o máximo legal. Os contratos de aprendizaxe non se poderán realizar para traballador/es/as adscritos ós grupos D e E, nin a traballador/es/as maiores de 20 anos, agás minusvalidos que non terán límite de idade. As retribucións para estes contratos serán como mínimo do 80% no primeiro ano e do 90% no segundo, segundo a categoría correspondente, sen que en ningún caso sexa inferior ó establecido legalmente. O persoal contratado nesta modalidade non poderá supera-lo 10% do cadro de persoal.

Fíxase un período de proba de 15 días.

A comisión paritaria do convenio será a encargada de desenvolve-la formación mínima que deben te-los contratados, mediante a modalidade de prácticas e aprendizaxe. Así mesmo, velará polo cumprimento do Real decreto 2317/1993, do 29 de decembro, en canto á titulación esixida para cada unha das modalidades de contratación.

Os contratados a tempo parcial non poderán realizar horas extraordinarias.

De acordo coas disposicións legais reguladoras das competencias en materia dos dereitos de información dos representantes legais dos traballadores/as en materia de contratación, artigo 64.1º.2 do E.T. (Real decreto 1/1995, do 24 de marzo) facilitarase copia básica do contrato de traballo ós representantes legais dos traballador/es/as.

Os asinantes deste convenio asumen o compromiso de que nos contratos de posta á disposición, subscritos entre as empresas de residencias da terceira idade e as ETT, (Empresas de Traballo Temporal), se incluirá unha cláusula, que garantirá que os traballador/es/as pertencentes a estas ETT percibirán, cando menos, as retribucións que figuran neste convenio para a categoría que lles corresponda.

2. Estabilidade no emprego.

Tódolos contratos realizados polas empresas afectadas por este convenio axustaranse ó principio de causalidade na contratación.

As empresas entregaranlles por escrito, cada ano, ós representantes legais dos traballador/es/as e á comisión paritaria, a relación de traballado/res/as coa modalidade de contrato que teñen cada un deles, fixándose a evolución do emprego indefinido nela.

Os contratos de carácter indefinido que conforme a normativa vixente están incentivados consonte as cotizacións á Seguridade Social, co fin de poder face-los informes favorables para percibi-la dita incentivación, será a comisión paritaria a que teña a obriga de visalos, comprobando que se subscriben de acordo coas lei.

Artigo 13º.-Período de proba.

Establécese un período de proba a teor do regulado no Estatuto dos traballador/es/as:

Grupo A: seis meses.

Grupo B: 45 días.

Grupos C e D : 30 días.

Grupo E: 14 días.

O período de proba deberá ser pactado por escrito, podendo durante a súa vixencia as partes contratantes resolver, de xeito unilateral e libremente, a relación laboral sen necesidade de aviso previo e sen dereito a ningunha indemnización.

Artigo 14º.-Ingreso e provisión de vacantes.

Os postos vacantes ou de nova creación serán cubertos conforme o seguinte procedemento:

1. Convocatoria interna: terán dereito de preferencia a cubri-las vacantes existentes os traballador/es/as que pertenzan á mesma empresa en calidade de fixos, sempre que reúnan as condicións que se esixan para o desenvolvemento dese posto de traballo; tódolos traballador/es/as terán dereito a presentarse ás ditas prazas en igualdade de condicións.

2. Convocatoria externa: se a praza non se cobre a través do procedemento anterior realizarase mediante oferta externa debendo superar unhas probas de capacitación para o traballo que se van desenvolver; as ditas probas serán adecuadas ó perfil do posto de traballo.

3. Para os ingresos, provisión de vacantes e ascensos formarase unha comisión na que estará representado un membro dos sindicatos asinantes do convenio segundo o anexo IV.

Artigo 15º.-Traballos de superior e inferior categoría.

Se se precisase destinar a un traballador/a a tarefas correspondentes a unha categoría inferior, será necesario o informe previo do comité de empresa, delegados sindicais ou delegados de persoal, e o traballador/a percibirá durante ese tempo o salario correspondente á súa categoría profesional. Para os traballos de inferior categoría nunca poderá supera-los tres meses nun período dun ano ou de seis meses en tres anos.

Cando se destine a un traballador/a a tarefas correspondentes a unha categoría superior, pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador/a terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 16º.-Cesamentos na empresa.

O persoal que voluntariamente desexe causar baixa na empresa deberá notificarllo a esta por escrito, recibindo xustificante da súa petición cando menos coa antelación seguinte a data da súa baixa definitiva:

Grupo A: dous meses.

Grupos B e C: un mes.

Grupos D e E: quince días.

A falta de aviso previo establecido facultará a empresa para deducir das partes proporcionais que

se vai aboar no momento da liquidación, o equivalente diario da súa retribución real, por cada día de demora na notificación do aviso previo anteriormente fixado.

Artigo 17º.-Mobilidade no posto de traballo.

A mobilidade para a realización de funcións non correspondentes á categoría profesional que se ostente só será posible se existen razóns técnicas ou organizativas, estean xustificadas as necesidades perentorias da actividade e esta situación sexa comunicada, argumentada e xustificada perante os representantes dos traballadores/as. En caso de non existi-la dita representación será necesario o visto e prace da comisión Paritaria.

Artigo 18º.-Cambio de quendas.

Terán preferencia para o cambio de quendas, dentro da súa categoría, as persoas que acrediten maior antigüidade e/ou mellor cualificación profesional, conforme o baremo redactado no anexo IV. O dito baremo poderá completarse cos representantes dos traballador/es/as nas diferentes empresas afectadas polo presente convenio, con respecto sempre ós principios de dereito necesarios.

Artigo 19º.-Mobilidade xeográfica.

Os traballador/es/as, agás os contratados especificamente para prestaren servicios en empresas con centros de traballo móbiles e itinerantes, non poderán ser trasladados a un centro de traballo distinto da mesma empresa que supere un radio de 50 quilómetros a non ser que existan razóns técnicas, organizativas ou productivas que o xustifiquen.

Capítulo VI

Formación profesional.

Artigo 20º.-Principios xerais.

De conformidade co previsto no artigo 23 do Estatuto dos traballador/es/as, e para facilita-la formación e promoción profesional do persoal afectado polo presente convenio, este terá dereito a ver facilitada a realización de estudios para a obtención de títulos académicos ou profesionais recoñecidos oficialmente e á realización de cursos de perfeccionamento profesional organizados pola propia empresa ou por outros organismos.

Artigo 21º.-Obxectivos da formación.

A formación profesional na empresa orientarase ós seguintes obxectivos:

a) Adaptación do titular ó posto de traballo e ás modificacións del.

b) Actualización e posta ó día dos coñecementos profesionais esixibles na categoría e posto de traballo.

c) Especialización, nos seus diversos graos, nalgún sector ou materia do propio traballo.

d) Facilitar e promove-la adquisición polo persoal de títulos académicos e profesionais, priorizando a titulación relacionada co sector.

e) Reconversión profesional.

f) Coñecementos de idiomas nacionais e estranxeiros.

g) Adapta-la mentalidade do persoal cara a unha dirección participativa.

h) Ampliación dos coñecementos dos traballador/es/as que lles permitan prosperar e aspirar a promocións profesionais e adquisición dos coñecementos correspondentes a outros postos de traballo.

i) Formación teórica e práctica, suficiente e axeitada en materia preventiva, cando se produzan cambios nas funcións que se desenvolvan ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo e nas condicións que establece o artigo 19 da Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 22º.-Desenvolvemento da formación.

1. A comisión sectorial para a formación elaborará o Plan Xeral de Formación Profesional anual, que terá que levarse a cabo a través do desenvolvemento do artigo 21º do presente convenio, atendendo ós obxectivos sinalados no artigo anterior, e do seu cumprimento e resultado informarase coa periodicidade e modo que no propio plan se determine.

2. A formación do persoal efectuarase a través da propia empresa ou mediante concerto con centros oficiais ou recoñecidos e realizarase preferentemente nos locais da propia empresa.

3. A formación impartirase, segundo os casos, dentro ou fóra da xornada laboral. A asistencia do persoal será obrigatoria cando se imparta en horas de traballo.

4. O persoal da empresa e especialmente o que desempeñe postos de traballo de mando orgánico está obrigado a presta-lo seu apoio ó Plan de Formación, cando lle sexa requirido, en actividades del, e na área da súa competencia.

5. Calquera traballador/a da empresa poderá presentar á representación dos traballador/es/as ou directamente á dirección, suxestións relativas a mellorar aspectos e actividades concretas do Plan de Formación.

Artigo 23º.-Custo da formación.

Os Plans de Formación Profesional financiaranse a través das seguintes vías:

1. Os Plans de Formación elaborados pola comisión sectorial para a formación que se desenvolvan en virtude dos acordos nacionais de formación subscritos o 19 de decembro de 1996. As empresas afectadas polo presente convenio deberán solicita-los fondos necesarios para o seu financiamento na forma e condicións establecidas no dito acordo.

2. Os cursos de formación organizados polas asociacións empresariais asinantes do convenio en colaboración coa comisión sectorial para a formación. As empresas estarán obrigadas a facilita-lo acceso dos traballador/es/as a estes cursos.

Saúde laboral

Artigo 24º.-Saúde laboral.

1. Principios xerais: de conformidade co disposto na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, os traballador/es/as teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. O citado dereito supón a existencia dun correlativo deber da empresa na protección dos traballador/es/as ó seu servicio fronte os riscos laborais.

En cumprimento do deber de protección, a empresa deberá garanti-la seguridade e saúde dos traballador/es/as ó seu servicio en tódolos aspectos relacionados co traballo. Igualmente a empresa está obrigada a garanti-la formación práctica e axeitada nestas materias a tódolos traballador/es/as.

Corresponde a cada traballador/a velar polo cumprimento das medidas de prevención que en cada caso sexan adoptadas.

2. Participación dos traballador/es/as:

2.a) Delegados de prevención: os delegados de Prevención son, dunha banda, a base sobre a que se estructura a participación dos traballador/es/as en todo o relacionado coa saúde laboral, no ámbito da empresa, e doutra, a figura especializada de representación en materia de prevención de riscos laborais.

O nomeamento, as competencias e as facultades dos delegados de Prevención serán as definidas nos artigos 35 e 36 da Lei de prevención de riscos laborais, así como as que emanen das decisións do Comité Central de Seguridade e Saúde e as que se acorden no regulamento propio do comité.

2.b) Comité de Seguridade e Saúde Laboral: é o órgano paritario e colexiado de representación e participación periódica sobre actuacións dos centros de traballo en materia de prevención de riscos laborais.

2.c) Comité Central de Seguridade e Saúde Laboral: constituirase un Comité Central de Seguridade e Saúde Laboral no ámbito do propio convenio. É o órgano paritario e colexiado de participación e representación, do que emanan as directrices para os delegados de prevención.

Estará constituído nun prazo máximo dun mes a partires da data de publicación deste convenio. A súa constitución será paritaria entre os membros nomeados pola patronal e os nomeados polas centrais sindicais asinantes deste convenio.

O comité central terá as seguintes competencias:

1. Vixia-lo desenvolvemento e cumprimento do contido do artigo 26 do convenio.

2. Elaboración dun catálogo de dereitos e deberes dos traballador/es/as en materia de saúde laboral.

3. Elaboración dun plan de formación de saúde laboral, en función das necesidades formativas.

4. Realización de accións tendentes a promove-la difusión e coñecementos sobre a lexislación de Prevención de riscos laborais.

5. Establecer un catálogo de postos para discapacitados e adaptación deles.

6. Dictame e consulta sobre recursos humanos, materiais e determinación de medios nesta materia.

7. Asesoramento técnico á empresa e representantes dos traballador/es/as.

8. Analizar e dá-la conformidade ás actuacións da empresa tendentes ás características da Lei de prevención de riscos laborais ó seu ámbito de actuación.

9. Vixilancia das obrigas asignadas pola devandita lei á empresa, especialmente en materia de:

a) Deseño e aplicación de plans e programas de actuación preventiva.

Participación nos servicios de prevención.

b) Avaliación dos factores de risco.

c) Adopción de medidas e asistencia para a correcta información e formación dos traballador/es/as

d) Vixilancia da saúde dos traballador/es/as a través de recoñecementos médicos específicos en función dos riscos, investigación das causas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, análises de ergonomía do posto de traballo, investigación sobre causas de absentismo por enfermidade profesional e atención médica.

e) Elaboración do mapa de riscos laborais, establecendo plans de prevención, seguimento e avaliación deles.

f) Investigación e determinación das enfermidades profesionais, detección e control de actividades potencialmente perigosas.

g) Estudio da epidemioloxía laboral.

h) Protección específica da xestación e do período de lactación.

Artigo 25º.-Recoñecementos médicos.

1. O traballador/a ten dereito e á vez a obriga de someterse ás revisións médicas, tanto previas ó ingreso no posto de traballo como ás de periodicidade anual, así como a someterse ós medios profilácticos ou de vacinación que sexan obrigatoriamente indicados por eles, con comunicación ós representantes legais dos traballador/es/as, e coa salvagarda do seu dereito constitucional á intimidade.

2. Todo traballador/a será informado de xeito conveniente e confidencial dos resultados dos exames de saúde ós que fose sometido.

3. Os traballador/es/as que realicen a súa actividade mediante a utilización continua de ordenadores, terán dereito a unha revisión oftalmolóxica anual por conta da empresa.

4. Poderase facer por solicitude do traballador/a, dentro do recoñecemento médico anual, unha revisión xinecolóxica.

Artigo 26º.-Roupa de traballo.

As empresas están obrigadas a facilitar dous uniformes e dous pares de calzado ó ano e os necesarios en caso xustificado de deterioración del, e medios de protección persoal a tódolos traballador/es/as. O traballador/a estará obrigado a usar, no seu traballo a roupa facilitada pola empresa e será responsable do seu coidado.

Artigo 27º.-Cambio de servicio durante o embarazo.

Cando o desempeño do traballo habitual resulte penoso para a muller embarazada, a empresa facilitará o cambio a outro posto de traballo, dentro da súa categoría profesional e sempre que sexa posible dentro da mesma quenda habitual.

Capítulo VI

Artigo 28º.-Xornada e horario de traballo.

A xornada será de 40 horas semanais, ben en xornada continuada ou partida.

Nos casos de xornada continua establécese un descanso de vinte minutos que será considerado como tempo de traballo efectivo para tódolos efectos.

Enténdese por xornada partida aquela na que exista un descanso ininterrompido dunha hora de duración como mínimo.

Non se poderán realizar máis de nove horas de traballo efectivo, a non ser que mediase un mínimo de doce horas entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte, e sempre de mutuo acordo entre a empresa e os representantes dos traballador/es/as (no caso de non existir estes, negociarase directamente cos traballador/es/as afectados).

As empresas establecerán un sistema de control de asistencia sen que o tempo reflectido no rexistro de asistencia signifique, por si só, horas efectivas de traballo.

Anualmente, e no primeiro mes de cada ano, elaborará a empresa, logo de negociación e acordo cos representantes legais dos traballador/es/as, un calendario no que se establecerán as quendas e horarios e entregaráselles unha copia para a súa exposición no taboleiro de anuncios.

Os traballador/es/as terán dereito, ademais das correspondentes libranzas do calendario laboral e do período vacacional, a 5 días de libre disposición.

Artigo 29º.-Descanso semanal.

a) Os traballador/es/as terán dereito a un descanso mínimo semanal dun día e medio sen interrupción.

b) Con independencia do establecido anteriormente, respectarase calquera fórmula que se pactase ou

se pacte entre a empresa e os representantes dos traballador/es/as.

Artigo 30º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais será retribuído, entendéndose comprendido no importe delas o salario base, a antigüidade e calquera outro concepto fixo ou periódico. A duración será de 26 días laborables ou dun mes natural. Naqueles casos onde non se tivese completado o ano de traballo efectivo o traballador/a terá dereito á parte proporcional delas.

O período de desfrute pode ser nun período único ou en dous períodos, respectandose sempre os seguintes criterios:

a) O réxime de quendas de vacacións farase por rigorosa rotación anual dos traballador/es/as nos distintos meses, iniciándose esta rotación no primeiro ano, por antigüidade na empresa. Para tal efecto constituiranse as correspondentes quendas de vacacións. Estas quendas faranse de acordo co calendario laboral segundo as prestacións do servicio.

O inicio do período de vacacións ou de desfrute das festas aboables non poden coincidir cun día de descanso semanal, de xeito que nestes casos se entenderán iniciadas as vacacións ó día seguinte do descanso semanal. Se o regreso das vacacións coincide co día libre, este deberá respectarse e reiniciarase o traballo o día seguinte.

b) O calendario de vacacións elaboraráse no primeiro trimestre de cada ano e, en todo caso cun mínimo de dous meses do comezo deste.

Unha vez principiado o seu desfrute, se se producise situación de IT, o devandito período non se interrompe nin é substituíble por novos períodos. O traballador/a, neste caso terá dereito ás súas percepcións salariais a razón da totalidade dos seus haberes durante a duración das vacacións.

As vacacións teñen que desfrutarse durante o ano natural, e non é posible acumula-las a anos seguintes nin poden ser compensadas economicamente salvo nos casos de liquidación por finiquito. Por iso, calquera que sexa a causa, o non desfrute durante o ano natural supón a perda delas ou da fracción pendente de desfrute.

Artigo 31º.-Xubilación ós sesenta e catro anos.

Como medida de fomento de emprego, convense que os traballador/es/as con 64 anos de idade que desexen acollerse á xubilación anticipada co 100% da prestación, sempre que reúnan os requisitos de carencia e cotización correspondentes, poderán facelo, estando neste caso a empresa obrigada a substituílo na forma e condicións que veñen reguladas polo Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, nos seus artigos 1 e 2.

Artigo 32º.-Xubilación ós sesenta e cinco anos.

Os traballador/es/as, independentemente do grupo profesional ó que pertenzan, deberan xubilarse for

zosamente ó cumprir sesenta e cinco anos de idade, salvo que nese momento non poidan acredita-los requisitos correspondentes para tal fin, como son os períodos de carencia de cotización, neste caso, logo de acordo coa empresa, a obriga poderá quedar supeditada e retrasada ó momento no que se reúnan estes.

Capítulo VII

Artigo 33º.-Estructura retributiva.

A) Salario base: é a parte da retribución do traballador/a fixada por unidade de tempo e en función do seu grupo e categoría profesional, con independencia da remuneración que corresponda por posto de traballo específico ou calquera outra circunstancia.

B) Gratificacións extraordinarias: aboaranse dúas pagas extraordinarias, con devengo semestral, equivalentes a unha mensualidade de salario base, máis antigüidade, a primeira con devengo do 1 de decembro ó 31 de maio e pagamento o día 15 de xuño e a segunda con devengo do 1 de xuño ó 30 de novembro e pagamento o 15 de decembro.

C) Existirá unha terceira paga adicional cos mesmos conceptos, que terá o seguinte valor, unicamente:

-No ano 1998: 5 días.

-No ano 1999: 10 días.

-No ano 2000: 15 días.

A dita paga aboarase o día 15 de setembro e será renegociada no próximo convenio colectivo.

D) Plus de nocturnidade: as horas traballadas durante o período comprendido entre as 22 e as 6 horas terán unha retribución específica incrementada nun 25% sobre o salario base, segundo o anexo I, agás que a categoría profesional que ostente implique, para a realización das funcións, traballo nocturno.

E) Plus de antigüidade: todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá por este concepto un 3% do salario base por cada 3 anos de servicios na empresa. A data inicial do cómputo da antigüidade será a do ingreso na empresa.

O importe de cada trienio comezará a devengarse desde o primeiro día do mes seguinte ó seu vencemento.

En caso de que os traballador/es/as con contrato en prácticas ou de formación continuasen ó servicio da empresa, ó remataren aqueles computaráselle-lo tempo traballado en virtude de tales contratos para efectos de antigüidade.

Artigo 34º.-Conceptos non salariais.

Non terán a consideración de salario as cantidades percibidas polo traballador/a en concepto de indemnizacións ou correspondentes ós gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral. Entre

estes conceptos está o plus de transporte, no que a contía non pode ser superior o 10% da táboa salarial anual establecida en cada ámbito.

Plus de transporte: percibirase unha asignación mensual segundo o anexo I.

Artigo 35º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas que consideradas no seu conxunto diario, semanal ou anual excedan da xornada pactada no presente convenio.

A realización das ditas horas extraordinarias será para situacións excepcionais e argumentarse ós delegados de persoal.

As horas extraordinarias aboaranse ó 175% sobre o valor do salario-hora ordinaria. Só para efectos deste cálculo a xornada anual será de 1.776 horas.

Non se poderá en todo caso supera-lo tope máximo de sesenta horas anuais.

Artigo 36º.-Días festivos.

Os días festivos aboables non recuperables de cada ano natural sempre que o empregado os traballe e de común acordo coa empresa, poderán compensarse dun destes xeitos:

a) Acumularse ás vacacións anuais.

b) Desfrutalas como descanso continuado en período distinto; neste caso computaranse quince días por cada doce non desfrutados.

c) O valor de cada día festivo compensarase con 1,3 xornadas laborais .

Para efectos de liquidación-finiquito serán aboados:

valor festivo salario mes

Fórmula= x1,75

30

A empresa aboaralle ó traballador/a ó finaliza-lo ano natural os días festivos traballados e non compensados, dalgunha das maneiras establecidas, correspondentes ó dito ano natural.

Artigo 37º.-Recibos de salarios.

É ineludible que se estendan os recibos de salarios xustificativos del, así como se fai patente a obrigatoriedade, por parte dos empregados, de asinar e recollelos.

O dito recibo, que se axustará a algún dos modelos oficiais aprobados pola Administración competente, deberá conter, perfectamente desagregados e especificados, tódolos conceptos salariais así como as retencións, cotizacións, tributacións e as súas bases de cálculo.

Para facer efectivos os devanditos pagamentos usarase calquera dos sistemas legalmente autorizados, a xuízo e arbitrio da empresa (cheques, transferencias, metálico etc.)

Artigo 38º.-Cláusula de desvinculación.

As partes asinantes do presente convenio acordan someterse ás seguintes normas, en tódolos ámbitos inferiores de negociación, cando algunha empresa decida solicita-la inaplicación do incremento salarial pactado ós seus traballador/es/as. O obxectivo prioritario da utilización da cláusula será o do mantemento do empregado na empresa afectada, cando da documentación que presenta, nos termos que logo se dirán, se poida desprende-lo perigo de perda dalgún posto de traballo a consecuencia da situación económica ou productiva dela e esta medida contribúa á súa superación.

1. O procedemento será o seguinte:

a) A empresa interesada na non aplicación deberá remitirlle á comisión paritaria do convenio, no prazo de 10 (dez) días desde a súa publicación oficial, un escrito motivado no que fundamente a súa pretensión. Xunto coa comunicación, acompañará a documentación na que se sustente e, en todo caso, a seguinte:

1. Balance e conta de perdas e ganancias consolidadas dos últimos tres anos.

2. Balance e conta de perdas e ganancias do ano que corre.

3. Declaración do imposto de sociedades dos últimos tres anos.

4. Informe relativo ós aspectos financeiros, productivos e organizativos actuais da empresa.

5. Certificación da situación da empresa ante a Seguridade Social e Facenda.

6. Declaración de estar ó día no pagamento de salarios.

A falta de entrega da documentación mencionada será causa de denegación da solicitude pola comisión paritaria. Unha copia do escrito e da documentación complementaria seralles facilitada ó mesmo tempo pola empresa ós representantes dos traballador/es/as nela.

b) No termo máximo dun mes, contado desde a recepción do escrito de solicitude da empresa, a comisión paritaria deberá resolver á vista da documentación achegada á previa audiencia tanto dos representantes dos traballador/es/as como dos da empresa afectada.

c) A comisión paritaria, en caso de estimar fundada a petición da empresa, establecerá no seu acordo o incremento salarial aplicable no período de vixencia do convenio así como a forma e os prazos de recuperación do diferencial de incremento respecto do establecido neste convenio. En todo caso, os incrementos de futuros convenios calcularanse sobre os salarios que corresponderían en caso de non terse aplicado esta cláusula.

d) A comisión paritaria estenderá copia válida da súa resolución, que terá o mesmo valor que o propio

convenio, e remitirales exemplares dela á representación da empresa, ós representantes dos traballador/es/as, e á autoridade laboral para efectos do seu rexistro, depósito e publicación.

e) En caso de non existir acordo na comisión paritaria someterase a controversia ó procedemento extraxudicial de resolución de conflictos de convenios regulado no Acordo Interprofesional Galego (AGA).

f) A utilización por acordo ou por laudo, da cláusula de non aplicación salarial non pode alterar en ningún caso as normas do convenio respecto do réxime salarial e a súa estructura.

2. Nos supostos onde non exista representación dos traballador/es/as, a empresa, logo de comunicación a estes, dirixirase á comisión paritaria para os efectos previstos no apartado anterior.

Capítulo VIII

Artigo 39º.-Licencias.

O traballador/a, previo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polos motivos e tempos seguintes:

A) 15 días naturais por matrimonio.

B) 1 día por matrimonio de fillo.

C) 1 día por matrimonio de irmáns e cuñados.

D) 5 días en caso de falecemento do cónxuxe ou de fillos de calquera dos cónxuxes.

E) 4 días por nacemento de fillo, ou adopción dun menor de tres anos.

F) 3 días por falecemento de pais de calquera dos cónxuxes.

G) 1 día por matrimonio de pais.

H) 2 días en caso de enfermidade grave ou intervención dos parentes a que se refiren os apartados anteriores, podéndose ampliar ata 7 días cando por tal motivo o traballador/a precise facer un desprazamento.

I) 2 días por falecemento dos avós, netos, tíos, sobriños e curmáns que vivan no mesmo domicilio, senón 1 día.

J) 1 día, ampliable a dous por traslado de domicilio.

K) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal, inescusable.

L) Polo tempo indispensable debidamente xustificado, para someterse a exames en centros de ensino. O traballador/a desfrutará deste permiso o día natural no que teña o exame, se presta os seus servicios en xornada diurna ou vespertina. Se o traballador/a traballa de noite, o permiso desfrutarase na noite anterior ó exame.

M) 2 días por falecemento de irmáns e cuñados.

Tódolos apartados deste artigo ampliaranse en dous días máis sempre que obriguen a desprazamentos fóra da Comunidade Autónoma.

Artigo 40º.-Licencias non retribuídas.

a) Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico, e non desenvolva outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo, coa diminución proporcional de salario entre, cando menos, dun tercio e un máximo da metade da duración daquela.

b) Licencia por asuntos propios; un mes ó ano, non coincidente cos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, solicitado cunha antelación de vinte días, salvo casos de urxente necesidade. Poderá pactarse entre a empresa e o traballador/a a prórroga deste período sen exceder en ningún caso de seis meses.

Artigo 41º.-Excedencias

Os traballador/es/as fixos que acrediten cando menos un ano de antigüidade na empresa poderán solicitar unha excedencia voluntaria por un período non inferior a un ano nin superior a cinco.

A excedencia entenderase concedida sen dereito ningunha retribución e ese período non computará para efectos de antigüidade.

A excedencia solicitarase sempre por escrito cunha antelación cando menos de trinta días á data do seu inicio, a non ser por casos demostrables de urxente necesidade, debendo recibir contestación escrita por parte da empresa no prazo de cinco días.

Antes de finalizar esta e cunha antelación de cando menos 30 días antes da súa finalización, deberá solicitar por escrito o seu reingreso.

Se durante este tempo a súa vacante fose cuberta por un suplente, este cederá no seu cometido, dando por finalizada a súa relación laboral no momento da reincorporación do titular, de acordo coa normativa contractual vixente nese momento.

O traballador/a en situación de excedencia terá unicamente un dereito referencial ó ingreso na súa categoría ou similar se trala súa solicitude de reingreso existise algunha vacante nela. No caso contrario encontrarase nunha situación de dereito expectante.

Si ó finalizar esta ou durante a súa vixencia desexa incorporarse ó traballo e non existisen vacantes na súa categoría e si nunha categoría inferior e desexase incorporarse a esta, poderá facelo coas condicións desta nova categoría para poder acceder á súa no momento en que se produza a primeira posibilidade.

En ningún caso, salvo concesión concreta ó respecto, poderá solicitar excedencia para incorporarse a presta-los seus servicios en entidades semellantes ás comprendidas por este convenio.

O traballador/a acollido a unha excedencia voluntaria non poderá optar a unha nova ata transcorridos dous anos de traballo efectivo, despois de esgotada a anterior.

Artigo 42º.-Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa dará dereito á conservación do posto de traballo e cómputo de antigüidade nos seguintes supostos:

A) Designación ou elección dun cargo público

B) O traballador/a que deba incorporarse a filas para o cumprimento do servicio militar ou da prestación social substitutoria, ben voluntaria ou por incorporación obrigatoria.

C) Os traballador/es/as que sexan elixidos para un cargo sindical, de ámbito local ou superior poderán, así mesmo, solicitar unha excedencia especial por todo o tempo que dure o seu nomeamento, con reincorporación inmediata ó seu posto de traballo unha vez remate esta.

Artigo 43º.-Excedencia especial por maternidade.

Os traballador/es/as de ámbolos sexos, ó nacemento de cada un dos fillos ou no momento da opción legal, terán dereito a unha excedencia especial que terá unha duración máxima de ata 3 anos e que comezará:

A) Na muller traballadora, a partir de que remate o descanso obrigatorio por maternidade ou no momento en que se efectúe a adopción.

B) No caso do pai, a partir da data de nacemento.

O nacemento ou adopción de novos fillos xerará o dereito a futuras e sucesivas excedencias, que en todo o caso darán fin á anterior.

O período no que o traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador/a terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, ós que deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación: durante o primeiro ano terá dereito á reserva de posto de traballo. Transcorrido o dito prazo a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Esta opción soamente pode ser exercitada por un dos pais ou proxenitores en caso de que ambos traballen.

Artigo 44º.-Pausas e reducción da xornada por lactación.

Os traballadores/as terán dereito a unha pausa dunha hora no seu traballo, que poderán dividir en dúas fraccións de media hora cando a destinen á lactación do seu fillo menor de nove meses. Poderase substituí-la pausa ou interrupción da xornada por unha reducción da xornada normal dunha hora, que, á súa opción a poderá aplicar ó principio ou á terminación dela.

A dita pausa ou reducción será retribuída e, no caso de lactación artificial, pode ser solicitada por calquera dos membros da parella, se ben a opción soamente pode ser exercitada por un deles, no caso de que ambos traballen.

Capítulo IX

Artigo 45º.-Dereitos sindicais.

Os comités de empresa e delegados de persoal terán, entre outros, os seguintes dereitos e funcións:

A) Ser informados, previamente, de tódalas sancións impostas no seu centro de traballo por faltas leves, graves e moi graves.

B) Coñecer, trimestralmente ou menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistros, os estudios periódicos ou especiais do medio ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

C) Da vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e ocupación e tamén o resto dos pactos, condicións e usos do empresario en vigor, formulando, se é necesario, as accións legais pertinentes ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes.

D) Da vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no exercicio do traballo na empresa coas particularidades que prevé neste sentido o artigo 19 do Estatuto dos traballadores/as.

Garantías dos representantes dos traballadores/as: ademais das garantías que prevén os apartados a), b), c) e d) do artigo 68 do Estatuto dos traballadores/as, os representantes do persoal disporán dun creto de horas mensuais retribuídas de acordo coa seguinte escala:

De 0 a 25 traballadores/as: 20 horas.

De 26 a 50 traballadores/as: 25 horas

De 51 a 250 traballadores/as: 30 horas.

De 251 en diante: 40 horas.

A utilización do crédito terá dedicación preferente coa única limitación da obriga de comunicar previamente, o seu inicio e remate.

O crédito de horas mensuais retribuídas para os representantes poderá acumularse nun ou diversos delegados, e deberá ser comunicado coa antelación suficiente.

Tamén se facilitarán taboeiros de anuncios para que baixo a responsabilidade dos representantes sindicais se coloquen aqueles avisos e comunicacións que se teñan que efectuar e se crean pertinentes. Os taboleiros distribuiranse en puntos e lugares visibles para permitir que a información lles chegue facilmente ós traballadores/as.

Seccións sindicais: as empresas respectarán os dereitos dos traballadores/as a sindicarse libremente. Permitirán que os traballadores/as afiliados a un sindicato poidan celebrar reunións, recoller cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividade normal.

Non poderá condiciona-la ocupación dun traballador/a o feito de que estea ou non afiliado ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco poderá incomodalo ou prexudicalo de ningún outro xeito, a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Nos centros de traballo haberá taboleiros de anuncios nos que os sindicatos poderán inseri-las súas comunicacións.

Os sindicatos ou confederacións poderán establecer seccións sindicais nos centros de traballo ou agrupacións provinciais (entendéndose que teñen esta consideración os que figuran como tales nos procesos electorais)

A representación das seccións sindicais será exercida polo delegado sindical, que deberá ser traballador/a en activo do centro de traballo respectivo.

A función do delegado sindical será a de defende-los intereses do sindicato ou confederación ó que representa e dos seus afiliados no centro de traballo, e servir de instrumento de comunicación entre o seu sindicato ou confederación e a empresa, de acordo coas funcións reflectidas na Lei organica de liberdade sindical. Por requirimento do delegado sindical, a empresa descontará na nómina mensual dos traballadores/as o importe da cota sindical correspondente e coa autorización previa do traballador/a.

A empresa e as organizacións sindicais máis representativas poderán acordar sistemas que permitan a realización das tarefas sindicais a favor dun determinado número de traballadores/as que pertenzan a algunha das organizacións citadas.

Os delegados sindicais desfrutarán dos mesmos dereitos e garantías que os representantes dos traballadores/as nos comités de centro ou delegados de persoal.

Os sindicatos que ostenten representatividade de acordo coa LOLS, terán dereito a exerce-la acción sindical dentro das empresas.

Asembleas: os delegados de persoal, comités de empresa, seccións sindicais ou o 20% do total do cadro de persoal, naqueles centros de traballo de máis de 50 traballadores/as, e o 30% nos de menos de 50 traballadores/as, poderán convocar reunións cun mínimo de 24 horas, logo de comunicación á empresa, dentro das horas de traballo e cun máximo anual para a súa realización de 50 horas. Non se poderán acumular de mes en mes e cun tope de 10 horas mensuais. A comunicación expresará a orde do día dos temas que se van tratar.

Mesas negociadoras: ós delegados sindicais que participen nas comisións paritarias ou negociadora

do convenio seralles concedido permiso retribuído co fin de facilitarlle-lo seu labor negociador e durante o transcurso das devanditas negociacións.

Capítulo X

Artigo 46º.-Réxime disciplinario.

Os traballadores/as poderán ser sancionados pola empresa, en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa gradación de faltas e sancións seguintes:

A) Faltas leves:

1. O retraso e neglixencia no cumprimento das súas funcións, así como a indebida utilización dos locais, materiais ou documentos da empresa, salvo que pola súa manifesta gravidade poida ser considerada como falta grave.

2. A non comunicación coa debida antelación da falta de asistencia ó traballo por causa xustificada, salvo que se probe a imposibilidade de facelo.

3. As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada de tres a cinco ó mes.

4. A negativa rotunda a pasa-la revisión médica anual, recollida no artigo 25 do presente convenio.

B) Faltas graves:

1. A falta de disciplina no traballo.

2. A falta de asistencia ó posto de traballo sen causa xustificada.

3. As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada durante máis de cinco días e menos de dez ó mes.

4. O abandono do posto de traballo sen causa xustificada.

5. A reincidencia na comisión dunha falta leve aínda que sexa de distinta natureza dentro dun mesmo trimestre, sempre que se produza sanción por ese motivo.

C) Faltas moi graves:

1. Dar a coñece-lo proceso patolóxico e intimidade do residente.

2. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas e calquera conducta constitutiva de delicto doloso.

3. A falta de asistencia ó traballo non xustificada durante máis de 3 días ó mes.

4. As faltas reiteradas de puntualidade non xustificadas durante máis de 10 días ó mes ou máis de 30 no trimestre.

5. Os malos tratos de palabra ou obra, psíquicos ou morais infrinxidos ós residentes, compañeiros de traballo de calquera categoría, así como ós familiares de calquera deles e os abusos de autoridade.

6. A obtención de beneficios económicos ou en especie dos usuarios do centro.

7. Apropiarse de obxectos, documentos, material etc. dos usuarios do centro ou do persoal.

8. A neglixencia na administración da medicación.

9. A competencia desleal, no sentido de promover, inducir ou suxerirlles a familiares o cambio de residencia, así como a derivación de residentes ó propio domicilio dos traballadores/as ou de particulares e igualmente facer públicos os datos persoais e/ou teléfonos dos residentes ou familiares a persoas alleas á residencia.

10. Os actos ou conductas verbais ou físicas de natureza sexual ofensivas dirixidas a calquera traballador/a da empresa sendo da máxima gravidade aquelas que sexan exercidas desde posicións de mando ou xerarquía, as realizadas a persoas con contrato non indefinido, ou as de represalia contra as persoas que as denunciaran.

Sancións: as sancións que se poden impoñer en función da cualificación das faltas son as seguintes:

Por faltas leves:

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo de ata tres días.

Desconto proporcional das retribucións correspondentes ó tempo real deixado de traballar por faltas de asistencia ou puntualidade non xustificadas.

Por faltas graves:

Suspensión de emprego e soldo de tres días a un mes.

Desconto proporcional das retribucións correspondentes ó tempo real deixado de traballar por faltas de asistencia ou puntualidade non xustificadas.

Por faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo dun a tres meses.

Despedimento.

Artigo 47º.-Tramitación e prescrición.

As sancións comunicaranse motivadamente e por escrito ó interesado para o seu coñecemento e efectos, dándose notificación ó comité de empresa ou delegados de persoal.

Para a imposición de sancións por falta moi grave será preceptiva a instrucción de expediente sumario, este incoarase logo de coñecemento da infracción, remitíndolle ó interesado prego de cargos, con exposición sucinta dos feitos supostamente constitutivos de falta. Deste expediente darase traslado ó comité de empresa ou delegados de persoal para que no prazo de cinco días poidan manifestar ante a dirección o que consideren conveniente para o esclarecemento dos feitos. Transcorrido dito prazo e aínda que o comité, o traballador/a, ou ambos non fixesen uso do dereito que se lles concede para formularen alegacións, procederase a impoñer ó traballador/a a sanción que se crea oportuna de acordo coa gravidade da falta e o estipulado neste convenio.

É absolutamente indispensable a tramitación do expediente contradictorio para a imposición de sancións, calquera que sexa a súa gravidade, cando se trate de membros do comité de empresa, como de delegados de persoal, tanto se están en activo nos seus cargos sindicais como se aínda están no período regulamentario de garantías.

As faltas leves prescribirán ós 10 días, as graves ós 20 días e as moi graves ós 60, a partir da data na que se ten coñecemento, e en todo caso, ós 6 meses de se cometer.

Artigo 48º.-Infraccións da empresa.

Son infraccións laborais da empresa as accións ou omisións contrarias ás disposicións legais en materia de traballo, ó convenio colectivo e demais normas de aplicación.

Sancionarase a obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dos dereitos xudiciais.

Tramitaranse de acordo coa normativa vixente

Capítulo XI

Solución extraxudicial de conflictos laborais.

Artigo 49º.-Adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederanción de Empresarios de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT, as partes asinantes deste convenio durante a vixencia del acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Artigo 50º.-Cláusula de subrogación.

1. Ó remate da concesión dunha contrata, os traballadores/as da empresa contratista saínte pasarán a ser adscritos á nova titular da contrata, quen se subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos.

A) Traballadores/as en activo que presten servicios no dito centro cunha antigüidade mínima de seis meses, sexa cal fose a modalidade do seu contrato.

B) Traballadores/as que no momento do cambio de titularidade da contrata se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, no servicio militar ou en situación análoga, sempre e cando prestasen os seus servicios no centro de traballo de subrogación, con anterioridade á suspensión do contrato de traballo, e que reúnan a antigüidade mínima establecida no apartado A.

C) Traballadores/as que con contratao de interinidade substitúan a algúns dos traballadores/as sinalados no apartado anterior.

D) Traballadores/as de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporasen ó centro de

traballo como consecuencia da ampliación da contrata, dentro dos últimos seis meses.

E) O persoal incorporado polo anterior titular a este centro de traballo dentro dos seis meses seguirá pertencendo á dita empresa e non se producirá a subrogación citada agás que se acredite a súa nova incorporación ó centro e á empresa.

2. Tódolos supostos anteriormente considerados deberán ser acretitados, de xeito veraz e documentalmente pola empresa saínte no prazo de sete días hábiles, mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.

O indicado prazo contará desde o momento no que a empresa entrante lle comunique fidedignamente á saínte e á Asociación de Empresarios, se-la nova adxudicataria do servicio. De non cumprir este requisito a empresa entrante, automaticamente, e sen máis formalidades, subrogarase en todo o persoal que preste os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores/as, só se extingue no momento en que se produza a subrogación del á nova adxudicataria.

3. Se a subrogación dunha nova titular da contrata implicase que un traballador/a realizase a súa xornada en dous centros distintos afectando a un só deles o cambio de titularidade da contrata, os titulares destas xestións ou pluriemprego legal do traballador/a, así como o desfrute conxunto do período vacacional, pagando empresa saínte a liquidación por partes proporcionais das pagas correspondentes. Esta liquidación non implicará o finiquito, se se segue traballando para a empresa.

4. A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador/a.

Non desaparecerá o carácter vinculante deste artigo no caso de que a empresa adxudicataria do servicio suspendese este por un período inferior a dous meses. O dito persoal con tódolos dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos que lle vai facilita-la empresa saínte á entrante:

-Documento de adscrición.

-Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia das catro últimas nóminas do persoal afectado.

-Fotocopia dos TC1 e TC2 de cotización a S.S. dos catro últimos meses.

-Copia do último contrato de traballo e as súas prórrogas, no caso de existiren.

-Relación do persoal onde se especifique nome e apelidos, enderezo, nº de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de goce das súas vaca

cións, copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador/a afectado no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, e que non quedou pendente ningunha cantidade. Este documento deberá estar no poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio como nova titular.

Artigo 51º.-Normas subsidiarias.

En todo o non previsto no presente convenio ou estando previsto sempre que o mellore a favor dos traballadores/as, terase en conta o disposto na lexislación vixente en cada momento, así como no convenio estatal que regula o sector, ou se durante a vixencia do convenio se produce un acordo substitutorio da anterior ordenanza laboral.

Cláusulas adicionais

Primeira.-Tódolos traballador/es/as que á entrada en vigor do presente convenio estivesen percibindo un salario superior ó establecido neste convenio, seralles de aplicación un incremento salarial sobre o salario que perciben de:

Ano 1997: IPC real máis 0,5 puntos.

Ano 1998: IPC real máis 0,5 puntos.

Ano 1999: IPC real máis 0,5 puntos.

Ano 2000: IPC real máis 0,5 puntos.

Segunda.-As empresas, de xeito individual ou colectivo, concertarán pola súa conta un seguro polo importe de dous millóns de pesetas, para casos de morte ou invalidez para o traballo en caso de accidente para tódolos traballadores/as. Os criterios para a distribución deste serán establecidos pola comisión paritaria.

ANEXO I

Táboas salariais

1997199819992000

AAdministrador/a150.182160.695167.125181.769

Xerente/director/a150.182160.695167.125181.769

Médico, T. superior126.000133.909140.104151.474

BSuperv./socio Asistc.102.000107.123112.000121.176

ATS/DUE102.000107.123112.000121.176

Asist. social102.000107.123112.000121.176

Fisioterapeuta102.000107.123112.000121.176

Terapeuta ocupación102.000107.123112.000121.176

Titulado/a102.000107.123112.000121.176

CGobernante/a84.00086.23090.00097.549

Oficial mantemento84.00086.23090.00097.549

Oficial administrativo84.00086.23090.00097.549

Conductor/a84.00086.23090.00097.549

Xardiñeiro/a84.00086.23090.00097.549

DXerocultor/a84.00086.23090.00097.549

Cociñeiro/a79.10084.61688.00095.731

Aux. mantemento79.10084.61688.00095.731

Au. administrativo79.10084.61688.00095.731

Camareiro/a de planta79.10084.61688.00095.731

Animador/a Sociocult.79.10084.61688.00095.731

1997199819992000

Porteiro/a-recepción79.10084.61688.00095.731

ELavand./pranchado73.20078.28481.50088.855

Axud. cociña73.20078.28481.50088.855

Limpador/a73.20078.28481.50088.855

Persoal non Cualif.73.20078.28481.50088.855

Plus de transporte4.5004.5005.5006.059

ANEXO II

Asimilacións.

Descríbense a continuación diversas categorías profesionais que, para efectos económicos, quedarán asimiladas ós seguintes grupos:

Grupo A:

Director/a médico, director/a administrativo/a, médicos especialistas. xerontólogo/a, subdirector/a médico, subdirector/a administrativo/a, farmacéutico/a, avogado/a, economista, arquitecto/a, biólogo/a, auditor/a, odontólogo/a, psicólogo/a, sociólogo/a.

Grupo B:

Xefe/a de sección, xefe/a de compras, xefe/a de taller, practicante, dietista.

Grupo C:

Xefe/a de almacén, de economato, de lavandería, de roupeiro e da sala de pasar (a roupa), xefe/a de bar, restaurante, gravador/a de datos, oficial oficios diversos (administrativos, electricistas, fontaneiro, albanel, pintor), contable, conductor/a de ambulancia.

Grupo D:

Animador/a, auxiliar de clínica, auxiliar de sanitario/a, auxiliar administrativo/a, auxiliar de farmacia, conserxe, costureiro/a, camareiro/a planta (os que actualmente realicen funcións de atención directa ó residente terán a categoría de xerocultor/a).

Grupo E:

Ascensorista.

Limpeza.

Fregador/a.

Mozo/a de servicios diversos.

Telefonista.

Porteiro/a, vixilante.

ANEXO III

Funcións.

Médico-médicos especialistas (xeriatras, rehabilitadores/as, etc.):

Face-lo recoñocemento médico a cada novo usuario e cubri-la correspondente historia médica e certificacións profesionais, nas que contarán as indicacións de tipo de vida máis acorde, a rehabilitación necesaria e o tratamento que se vai seguir se é preciso.

Atende-las necesidades asistenciais dos usuarios. Face-los exames médicos, diagnósticos, prescribi-los tratamentos máis acordes en cada caso para levar a cabo as terapias preventivas, asistenciais e de rehabilitación dos diagnósticos clínicos e funcionais e dos residentes do centro.

Dirixi-lo programa de mobilización e rehabilitación dos usuarios, fixando no equipo os programas que se van desenvolver de forma individual e en grupo. Face-lo seguimento e avalia-los programas conxuntamente co equipo formado por tódalas persoas que interveñan.

Asistir ó persoal destinado ó centro nos casos de necesidade e de urxencia.

Como máximo responsable do seu departamento médico, no caso de que o centro non poida tratar debidamente ós usuarios, derivalos a un centro hospitalario ou de saúde.

Participar na comisión de supervisión e seguimento do usuario en canto ás necesidades asistenciais e da vida diaria dos residentes e dos usuarios do centro de día, o que fará en colaboración co director, o asistente social, o psicólogo e outros profesionais, de acordo coa situación clínica dos usuarios, os obxectivos que se van acadar e as características do centro.

Programar e supervisa-los menús e réximes alimentarios dos residentes ou usuarios.

Supervisa-lo traballo do persoal.

Supervisa-lo estado sanitario das dependencias do centro.

En xeral, todas aquelas actividades non especificadas que se lle pidan de acordo coa súa tituación e profesión.

Outros/as titulados/as superiores: todas aquelas actividades que se lle pidan de acordo coa súa titulación e profesión.

ATS/DUE:

Vixiar e atende-los residentes, as súas necesidades xerais humanas e sanitarias, especialmente no momento no que estes precisen dos seus servicios.

Preparar e administra-los medicamentos segundo prescricións facultativas, especificamente no que se refire ós tratamentos.

Toma-la presión sanguínea, o pulso e a temperatura.

Colaborar cos médicos preparando o material e medicamentos que van ser utilizados.

Ordena-las historias clínicas, anota-los datos relacionados coa propia función que deban figurar.

Atende-lo residente encamado por enfermidade, efectuando os cambios posturais prescritos, controlándolle-lo servicio de comidas ós enfermos e subministrando directamente a aqueles pacientes dos que a devandita alimentación requira instrumenta

lización (sonda nasogástrica, sonda gástrica, etc.).

Controla-la hixiene persoal dos residentes e tamén os medicamentos e alimentos que estes teñan nos cuartos.

Atende-las necesidades sanitarias que teña o persoal que traballa no centro e sexan da súa competencia.

Colaborar cos/as fisioterapeutas nas actividades, das que o nivel de cualificación sexa compatible coa súa titulación de ATS/DUE, cando as súas funcións específicas o permitan.

Realiza-los pedidos de farmacia, analítica e radioloxía naqueles centros onde non exista especialista.

Vixiar e ter coidado da execución das actividades de tipo físico recibidas polo médico, observando as incidencias que poidan presentarse durante a súa realización.

En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidan e que teñan relación co anterior.

Se se lle require, por criterios médicos e da dirección, acompañará o residente cando deba ser trasladado a centros sanitarios.

Asistente social:

Planificar e organiza-lo traballo social do centro mediante unha adecuada programación de obxectivos e racionalización do traballo. Colaborar e realizar aqueles estudios encamiñados a investiga-los aspectos sociais relativos ós residentes.

Executa-las actividades administrativas e realiza-los informes sociais dos residentes, e os que lle sexan pedidos pola dirección do centro, facilitar información sobre os recursos propios, alleos e efectua-la valoración da súa situación persoal, familiar e social.

Realiza-los tratamentos sociais mediante o Servicio Social de cada caso e de grupo a tódolos residentes.

Fomenta-la integración e participación dos residentes na vida do centro e do contorno.

Coordina-los grupos de traballo e animación socio-cultural.

Participar na comisión técnica.

Realiza-las xestións necesarias para a resolución de problemas sociais que afecten os residentes principalmente coas entidades e institucións locais.

Participar, co equipo multiprofesional ou departamento médico, na elaboración das orientacións ou da atención que necesiten os residentes.

Participar na asignación e cambio de habitacións e mesas do comedor co departamento de enfermería e a dirección.

Visita-los residentes enfermos.

En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidan e que teñan relación co anterior.

Fisioterapeutas:

Realiza-los tratamentos e técnicas rehabilitadoras que se prescriban. Participar, cando se lle pida, no equipo multiprofesional do centro para a realización de probas ou valoracións relacionadas coa súa especialidade profesional.

Face-lo seguimento e avaliación da aplicación do tratamento que realice.

Coñecer, avaliar e informar e cambiar, se é o caso, a aplicación do tratamento da súa especialidade, cando se prescriban, mediante a utilización dos recursos alleos.

Coñece-los recursos propios na súa especialidade no ámbito territorial.

Participar en xuntas e sesións de traballo que se convoquen no centro.

Colaborar nas materias da súa competencia nos programas que se realicen de formación e información ás familias dos afectados e institucións.

Asesora-los profesionais que o necesiten sobre pautas de mobilizacións e os tratamentos nos que teñan incidencias as técnicas fisioterapéuticas.

Asistir ás sesións que se fagan nos centros para a revisión, o seguimento e a avalización de tratamentos.

En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidan e que teñan relación co anterior.

Terapeuta ocupacional:

Participar no plan xeral de actividades do centro.

Realizar actividades auxiliares de psicomotricidade, linguaxe, dinámicas e rehabilitación persoal e social ós residentes.

Colaborar no seguimento ou a avaliación do proceso recuperador ou asistencial dos residentes do centro.

Participar nas áreas de ocio e tempo libre do usuario do centro.

Colaborar nas materias da súa competencia nos programas que se realicen de formación e información ás familias dos usuarios e ás institucións.

En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidan e que teñan relación co anterior.

Xerocultor/a, auxiliar de clínica en xeriatría:

É o persoal que, baixo a dependencia do director do centro ou a persoa que determine, ten como función a de asisti-lo usuario da residencia na realización das actividades da vida cotiá que non poida realizar por el mesmo, por mor da súa capacidade

e efectuar aqueles traballos encamiñados á súa atención persoal e do seu contorno. Entre outros indícase:

a) Hixiene persoal do usuario.

b) Segundo o plan funcional das residencias, terá que efectuar-la limpeza e mantemento dos utensilios do residente, face-las camas, recolle-la roupa, levala á lavandería e colaborar no mantemento dos cuartos.

c) Darlles de comer a aqueles usuarios que non o poidan facer por si mesmos. Neste sentido, ocuparase igualmente da recepción e distribución das comidas ós usuarios.

d) Realiza-los cambios posturais e aqueles servicios auxiliares de acordo coa súa preparación técnica que lle sexan encomendados.

e) Comunica-las incidencias que se produzan sobre a saúde dos usuarios.

f) Limpar e prepara-lo mobiliario, materiais e aparatos de caixa de urxencias.

g) Acompaña-lo usuario nas saídas, paseos, xestións, excursións, xogos e tempo libre en xeral. Colaborar co equipo de profesionais mediante a realización de tarefas elementais que complementen os servicios especializados daqueles, para proporciona-la autonomía persoal do residente e a súa inserción na vida social.

h) En tódalas relacións ou actividades co residente, procurar complementa-lo traballo asistencial, educativo e formativo que reciban dos profesionais respectivos.

i) Actuar na coordinación e baixo a responsabilidade dos profesionais dos que dependan directamente.

j) Sixilo profesional sobre os procesos patolóxicos que sufran os residentes, así como asuntos referentes á súa intimidade.

k) En xeral, todas aquelas actividades que, sen ser especificadas antes, lle sexan encomendadas, que estean incluídas no exercicio da súa profesión e preparación técnica, e que teñan relación co sinalado anteriormente.

Oficial administrativo:

É o traballador/a que actúa ás ordes dos órganos directivos do centro e ten ó seu cargo un servicio determinado dentro do que, con iniciativa e responsabilidade, con ou sen outros traballadores/as ás súas ordes, realiza traballos que esixan cálculos, estudios, preparación e condicións adecuadas, tales como cálculos de estatística, transcrición de libros de contas correntes, redacción de correspondencia con iniciativa propia, liquidacións e cálculos de nóminas de salarios, soldos e operacións análogas, de forma manual ou mecanizada.

Considéranse incluídos nesta categoría os caixeiros de cobramentos e pagamentos sen sinatura, que perciben plus de quebranto de moeda.

En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidan e teñan relación co anterior.

Auxiliar administrativo:

É o traballador/a que, con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinada ós órganos directivos do centro, realiza funcións de mecanografía, arquivo e outras actividades de técnicas administrativas.

En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidan e teñan relación co anterior.

Oficial de mantenemento:

É o responsable directo de explotación e mantemento de tódalas instalacións do centro; programa do traballo que se vai realizar, el realiza directamente e lles ordena a súa execución ós auxiliares e axudantes de servicios técnicos.

Controla-las visitas e o traballo realizado polas firmas contratadas para o mantemento daquelas instalacións onde estea establecido.

Realiza-las operacións regulamentarias definidas no regulamento das instalacións ou nas instruccións técnicas que as desenvolven, e que os valores correspondentes dos diferentes parámetros se manteñan dentro dos límites esixidos a estes.

Elaborar plans de mantemento daqueles oficios que especificamente non se definen legalmente.

Gardar e custodia-los libros de mantemento, manual de instruccións, libro de visitas establecido na lexislación vixente ou os que nun futuro poidan establecerse. Anota-las operacións que se realicen nas instalacións e revisa-las que execute persoal de firmas alleas ó centro.

Realizar tódalas funcións que teñan sinaladas os oficiais dos servicios técnicos, e como encargado deste departamento responsabilizarse directamente dos traballos efectuados e da súa distribución, da realización e cumprimento das ordes que lle dea a empresa, de recibi-los partes de avarías dos respectivos xefes de sección.

Ter en conta que o persoal o seu cargo cumpra con regularidade a súa actividade profesional e comunicarlle á dirección as faltas que vexa.

No exercicio do seu cargo, da-las máximas facilidades para a obtención dunha perfecta formación profesional.

Conductor/a:

Conducirán os vehículos automóbiles e executarán como mecánicos conductores toda clase de reparacións que non requiran elementos de taller.

Xardiñeiro/a:

Arranxo, conservación e mantemento dos xardíns e hortas da institución, limpeza da urbanización e vixilancia de exteriores durante o día.

Auxiliar de mantemento:

É o operario que realiza directamente ou coa axuda dos axudantes as operacións de explotación e mantemento dos centros, as súas instalacións e exteriores, fai a montaxe, o axuste e a posta a punto de todo tipo de instalacións de medida, regulación e control simple ou automático de temperatura, previsións de caudais, de poder calórico, de niveis analizadores de auga e similares, etc.

Limpa-las salas de máquinas, instalacións, cadros eléctricos, transformadores, taller, etc.

Face-la montaxe de tarimas, estrados, escenarios, asentos, face-la posta en funcionamento de altofalantes, equipos de música, proxección, etc., para o normal desenvolvemento das actividades do centro.

Realiza-las pequenas operacións nos dispositivos das instalacións mencionadas e nos aparellos portátiles considerados como utensilios.

Realiza-los traballos de paleta, pranchistería, pintura, carpintería, etc., que son necesarios para o mantenemento das instalacións ou do edificio.

Realiza-las comprobacións periódicas nas máquinas ou instalacións sinaladas nos regulamentos e instruccións técnicas destes, cos valores definidos naqueles e que se encontren dentro dos límites permitidos.

Escribi-los comunicados de traballo e fichas de revisión ou verificación de cada instrumento reparado para a correcta marcha do servicio.

Cociñeiro/a:

Como responsable do departamento, ocuparase da organización, distribución e coordinación de todo o persoal adscrito á cociña así como da elaboración e condimentación das comidas, con suxeición ó menú e réximes alimentarios que proporá para a súa aprobación da dirección do centro e supervisión do departamento médico.

Supervisa-los servicios ordinarios, especiais e extraordinarios que diariamente se comuniquen.

Dispoñer entre o persoal de cociña a montaxe das camas cos menús elaborados.

Vixia-la despensa cada día vendo de subministrar os artigos desta ó almacén, vixiando o seu estado, e encargarase de saca-la medida que se precise para a confección dos diferentes servicios que se van realizar.

Reconta-las existencias cos administradores das residencias, comunicarlle á dirección as faltas que vexa e ter en conta que o persoal ó seu cargo cumpra coa súa actividade profesional, vixiar tamén a súa hixiene e a súa uniformidade.

Realizar todas aquelas funcións que, sen especificar, estean en consonancia co seu lugar de traballo e cualificación profesional.

Supervisa-lo mantemento en perfectas condicións de limpeza e funcionamento da maquinaria e utensilios propios do departamento tales como: bandexas, fornos, fritidora, extractores, filtros, cortadoras, potas, etc.

Pinche de cociña-marmitón/a-fregador/a:

Baixo as ordes do cociñeiro/a realizarán a preparación dos víveres para o seu condimento, o acendido e mantemento do forno e fogares, así como montar e desmontar carros de comidas e limpeza destes.

A limpeza dos útiles da cociña e comedor, realiza-las tarefas propias de comedor-office, montar e desmonta-las mesas dos comedores, limpeza destas, limpeza da vaixela da planta, e tódalas funcións relacionadas coas ditas tarefas. Porase un coidado especial no uso dos materiais encomendados.

Gobernante/a:

Organizar, distribuír e coordina-los servicios de comedor ou office, lavandería, lencería e limpeza.

Supervisa-la actividade dos traballadores/as ó seu cargo, distribuí-las actividades e quendas das persoas que ten asignadas e vixiar tamén o bo uso e economía dos materiais, utensilios e ferramentas e maquinaria ó seu cargo; proceder ó reconto e inventario destes.

En coordinación co departamento de cociña, responsabilizarase da boa marcha do servicio de comedor, distribución de comidas, control de réximes, servicios especiais, montaxe, limpeza e retirada dos servicios.

Ter coñecemento do número de servicios diarios realizados no departamento.

En coordinación co persoal de enfermería e contando co persoal que ten adscrito, leva-lo control do bo estado dos alimentos que os residentes teñan nas habitacións.

Nos centros nos que as comidas se fagan mediante concerto con terceiros, colaborar na confección dos menús, supervisa-las condicións sanitarias das dependencias e alimentos servidos.

Vixiará o cumprimento do labor profesional do persoal ó seu cargo, así como da súa hixiene e uniformidade.

Supervisar, cando exista contrato de limpeza, o bo funcionamento dos servicios contratados.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles, a normal actividade do centro o require, colaborar nas actividades propias do persoal ás súas ordes.

Porteiro/a recepcionista:

As súas funcións consisten na recollida e distribución de corresponedencia, orientación ó público, atención de centrais telefónicas ocasionalmente, vixilancia dos puntos de acceso e tarefas de portería.

Colaborar de xeito excepcional co persoal naquelas tarefas que, polo seu exceso de peso, non poida realizar este persoal só.

Cubri-los partes de entrada e saída dos residentes cando estes se produzan por permisos ou vacacións.

Arquiva-las peticións de saída ou retraso na entrada dos residentes, segundo se recolla no Regulamento de réxime interior da residencia.

Axudar a aqueles residentes que o precisen no traslado da equipaxe ata e desde as habitacións, exercendo un obrigado e discreto control dos paquetes que traian ó centro as persoas que teñan acceso, e igualmente o control de entradas e saídas do persoal.

Mante-lo réxime establecido pola dirección para o acceso de residentes e visitantes ás diferentes dependencias da institución. Facerse cargo dos partes de avaría e darlles traslado ó servicio de mantemento.

Ter ó seu cargo o traslado dos residentes, tanto dentro da institución coma nos servicios de ambulancias, autobuses, etc.

Limpador/a:

Realizará o seu traballo ás ordes inmediatas da gobernanta ou da dirección.

Terá que desenvolve-las seguintes funcións:

Realiza-las tarefas propias da limpeza dos cuartos e zonas comúns (camas, cambios de roupa, fiestras e balcóns, mobiliario,etc) procurando ocasionarlle-las mínimas molestias os residentes.

Comunicarlle ó seu xefe inmediato as incidencias ou anomalías observadas no desenvolvemento da súa tarefa (avarías, deterioracións, desorde manifesta, alimentos en malas condicións, etc.).

Lavandeiro/a pasador/a (de roupa):

Realizará o seu traballo ás ordes inmediatas da gobernanta ou da dirección.

Terá que desenvolve-las seguintes funcións:

Realiza-las funcións propias de lavado e ferro, uso e atención da maquinaria, ter coidado da roupa dos residentes e do centro, e dá-la mellor utilización os materiais.

Comunicarlle ó seu xefe inmediato as incidencias ou anomalías observadas no desenvolvemento da súa tarefa (avarías, deterioracións, desorde manifesta, etc.).

Persoal non cualificado:

Encargaranse da realización das tarefas elementais, propias do seu nivel que non requiran unha especial cualificación.

A súa función básica consistirá en achega-la súa forza física, por exemplo: recollida de contedores situados para tal efecto na rúa, traslado de aparellos etc.

ANEXO IV

Baremo.

Por cada ano na empresa: 1,2 puntos.

Por cada ano transcorrido como correquendas e correpostos: 1,2 puntos.

Títulos e diplomas relacionados co posto que se solicita:

a) Cada curso de 40 horas lectivas: 1 punto.

b) Cada curso de máis de 40 horas lectivas: 3 puntos.

c) FP 1: 6 puntos.

d) FP1 e un ano de antigüidade: 5 puntos.

Disposición adicional

Referente ó artigo 50, de subrogación, será preceptivo cubrir para cada traballador/a o documento de adscrición que se xunta, ou outro semellante que conteña, como mínimo, os mesmos datos.

Disposición transitoria

O pagamento dos atrasos deixados de percibir correspondentes a 1997 realizarase no primeiro trimestre do ano 1998.

Disposición derradeira

O presente convenio entrará en vigor a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

5365