Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 13 de maio de 1998, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a proposta de resolución referente ó expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada á sociedade Punta Alada, S.L.

Tendo en conta que a proposta de resolución que a continuación se transcribe lle foi remitida ó interesado o 16-3-1998, e foi devolta polo servicio de correos, sinálase o motivo de devolución como ausencia do destinatario do seu domicilio, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), ponse en coñecemento da Sociedade Punta Alada, S.L. con último domicilio coñecido na rúa Ramón Cabanillas, 93, 1º, Moaña (Pontevedra) a seguinte:

Proposta de resolución que se formula para actuar conforme o disposto no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, en relación coa concesión administrativa outorgada a Punta Alada, S.L. por Orde do 28 de xaneiro de 1986 para a explotación do seguinte establecemento:

Establecemento: granxa mariña.

Especies autorizadas: rodaballo.

Localización: Area brava, Vilanova, Cangas.

Data da concesión: 28-1.1986 (DOG nº 37).

Remate da vixencia: 28-1-1996.

Ó resultar que con data do 30-1-1998 foi ordenada pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra a incoación do expediente de caducidade da devandita concesión por incumprimento das normas que regulan o título da concesión e levar inactiva a granxa mariña un tempo superior a dous anos.

Ó resultar que o acordo de iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento do instructor lle foi remitido ó interesado o 30-1-1998, sendo devolta a notificación polo servicio de correos.

Ó resultar que con data do 3-3-1998 foi publicada, no DOG e o 9-2-1998 exposto no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido de Punta Alada, S.L. a iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario no dito expediente, sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido para iso.

Ó considerar que o expediente se tramitou de conformidade co disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ó considerar que segundo informe dos biólogos da Delegación Territorial de Pontevedra do 10-7-1996, o establecemento non se encontraba en explotación, encontrándose as naves en estado de semiabandono, sendo esta a causa de caducidade das consideradas nos artigos 56.3º e 72 a) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31 de maio), de pesca de Galicia.

Ó considerar que en virtude das facultades que lle confire a Lei 6/1993, de pesca de Galicia, é competencia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a adopción da resolución axeitada.

Vista a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro) a Lei 6/1993, de pesca de Galicia, do 11 de maio (DOG do 31 de maio) a Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, o Real decreto 147/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, o Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG do 20-1-1994) polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais disposicións aplicables ó caso.

Proponse que se declare a caducidade da concesión administrativa outorgada a Punta Alada,S.L. por Orde do 28 de xaneiro de 1986.

Notifíqueselle esta proposta de resolución ó interesado, indicándoselle que o expediente está á súa disposición nesta delegación territorial, para o seu exame e alegacións, durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir da sua publicación no DOG e no taboleiro de anuncios do concello, do último domicilio coñecido da sociedade suxeita a expediente de caducidade.

Vigo, 13 de maio de 1998.

José Luis Fernández de Ana Magán

Instructor

5044