Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 159 e 193/1998.

De conformidade co disponsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan os acordos de inicación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridad cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galica do exercicio da potestade san

cionaora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1ºd) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a xefa da Sección de Asociacións e Espectáculos, Margarita Olmo Bosco, e secretaria a xefa de grupo, Mª Teresa Iglesias Lugrís, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que estime convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa reponsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 6 de maio de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: 159/1998.

Denunciado: Emilio Piedra López (45.427.713).

Enderezo: r/ Rosalía de Castro, Milladoiro (Ames).

Establecemento: Club Caribe, en Padrón.

Precepto infrinxido: 26 e) Ley orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: 28 Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 50.000 ptas.

Número expediente: 193/1998.

Denunciado: Emilio Piedra López (45.427.713).

Enderezo: r/ Rosalía de Castro, Milladoiro (Ames).

Establecemento: Club Caribe, en Padrón.

Precepto infrinxido: 26 e) Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: 28 Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 50.000 ptas.

5042