Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes de sanción por infraccións na orde social ás empresas que se citan. (Otega, S.L. e dúas máis).

Notíficase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (material laboral e seguridade, hixiene e saúde laboral), das cales a súa contía e número se citan a seguir:

EmpresaNIFNº Exp.Contía

Otega, S.L.B-36.277.09381/1997250.001
Jaime García Cajide33.810.90185/1997250.001
Nutripiel España, S.L.B-27.139.72486/1997500.000
Nutripiel España, S.L.B-27.139.72487/1997251.000

Contra estas resolucións poderá interpo-lo interesado recurso ordinario, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser emprendido este en tempo e forma, terá que aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal, conta de sancións nº 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 22 de maio de 1987.

Lugo, 11 de maio de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

5422