Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación das obras de reforma e ampliación en módulos cerrados no centro de menores de Montealegre de Ourense (fase II).

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 30/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación das obras de reforma e ampliación en módulos cerrados no centro de menores de Montealegre de Ourense (fase II).

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 34.040.369 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 1.361.614 ptas. (un millón trescentas sesenta e unha mil seiscentas catorce pesetas).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: información de índole administrativa: 981 54 46 80 - 54 46 52.

e) Telefax: 981 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, categoría D.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15771.

(ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1998.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia,

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

5007