Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998 pola que se fai público o outorgamento das concesións administrativas en terreos de dominio público portuario que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembre, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real Decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 13-4-1998.

Obxecto: oficina e almacén de maquinaria e utensilios.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: Consignaciones Marina, S.L.

Prazo: 25 anos.

Resolución: 23-4-1998.

Obxecto: almacén para reparación e venda de embarcacións, motores e demais accesorios náuticos.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: José Luis Lorido Díaz.

Prazo: 25 anos.

Resolución: 23-4-1998.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Barallobre.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Barallobre.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 29-4-1998.

Obxecto: almacén de mercadorías, taller de mantemento de maquinaria propia e oficina do consignatario.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: Antonio Pertejo Castaño.

Prazo: 25 anos.

Resolución: 13-5-1998.

Obxecto: ampliación de taller de construcción e reparación de buques.

Porto: Celeiro.

Adxudictario: Talleres Cillero, S.A.L.

Prazo: ata o 29-10-2011.

Resolución: 13-5-1998.

Obxecto: taller auxiliar para a construcción naval.

Porto: Ribadeo.

Adxudictario: Astilleros Gondán, S.A.

Prazo: 25 anos.

Resolución: 14-5-1998.

Obxecto: construcción dunha nave para construcción, reparación, invernaxe e venda de embarcacións deportivas.

Porto: Portosín.

Adxudictario: Manuel Rosendo Fernández e outra, S.C.

Prazo: 20 anos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante a correspondente Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo máximo de dous meses contados desde o día da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

5393